Arquivo do blog

Actividades Letras Galegas 2016

Recomendacións de lectura, fotocoll, encontros con autores… Na biblioteca Ágora calquera disculpa parécenos boa para celebrar as Letras Galegas. E así o  seguiremos facendo durante todo este mes de maio: colaborando cós centros educativos, traballando nos clubes de lectura, aproveitando as actividades que se programan no Centro Cívico, e buscando a participación dos cidadáns que nos visitan día a día.

Dende este blog queremos achegaros a información dalgunhas das actividades que estivemos a desenvolver estes últimos días:

O pasado xoves 13, recibimos no Auditorio do Centro ó Grupo Dado, un colectivo integrado polos clubs de lectura de varios centros públicos de ensino secundario de A Coruña: IES Ramón Menéndez Pildal (Zalaeta), IES Monelos, IES Agra do Orzán, IES Elviña, IES Monte das Moas, IES  Rafael Dieste. Aquí vos deixamos algunhas das fotos coas que alumnos e profes participaron no noso fotocol #moitomepresta

agra

Clica aquí para ver todas as fotos


O motivo, a celebración das letras galegas, e a entrega dos premios do concurso de videos de animación á lectura realizados polos alumnos dos diferentes clubs. Parabéns ós profesores polo éxito desta iniciativa, na que participaron máis de 50 alumnos, en tres categorías; noraboa a todos os rapaces que se animaron a recomendar… e por suposto, felicidades ós gañadores. Aqui vos deixamos un resumo dos videos presentados.

A entrega dos premio foi presentada polos alumnos do IES Zalaeta, que animou a gala con bailes e actuacións musicais, o tempo que se proxectaban versos de Manuel María

M8MEPRESTA 167

Alumnas do Instituto de Zalaeta animando a gala de presentación do concurso

E ademais tivemos a oportunidade de disfrutar da excelente música de Xardín Desordenado nun concerto patrocinado polo programa Ler Conta Moito da Xunta de Galicia, no que interpretaron os versos de Manuel María e doutros poetas galegos que compartiron con él a paixón por Galicia e a súa lingua.

M8MEPRESTA 129
Xardín desordenado, no Ágora

Por outra banda, o sábado 14 o Club do mércores asistiu a un dos Paseos pola Coruña literaria que organiza a AELG en colaboración có Concello e Centro Ágora. Nesta ocasión o roteiro foi guiado por Yolanda Castañoque nos levou polas rúas do barrio das Atochas para achegarnos a poesía das autores galegas máis novas. Escritoras coas que Yolanda compartiu noites bohemias e momentos de creación poética: Emma Pedreira, Estíbaliz Espinosa, Emma Couceiro,  María do Cebreiro, Alicia Fernández, Lupe Gómez, Olga NovoMaría Lado, Lucía Aldao… son algunhas das representantes desta nova xeración poética coa que a poesía galega, e especialmente a poesía femenina parece estar entrando nunha idade de ouro.

IMG_8627-1  IMG_8611IMG_8612

Baixo paraugas seguimos a Yolanda polo barrio das Atochas

Volta o ciclo POETAS DI(N) VEROS

poetas 20.10.14

Coa chegada do outono e despois dun merecido descanso estival os luns con Yolanda Castaño volven dicir versos!!!.

Regresa ao flamante Ágora Poetas di (n) versos, o único ciclo estable de poesía de toda España que de forma regular une as linguas e as nacionalidades dos poetas co mellor da poesía tanto local coma internacional e que  recentemente foi premiado pola crítica 2014 na categoría de iniciativas culturais. Parabéns!!!.

Damos pois o pistoletazo de saída ao ciclo o próximo luns 20 de outubro co poeta, escritor e editor  Alvin Pang e a narradora e poeta compostelá  Berta Dávila.

Alvin Pang é un dos autores máis activos da escea actual da cidade estado de Singapur e foi galardonado co Premio Nacional das Artes e a Cultura do seu país. Os seus poemas foron traducidos a quince linguas e ten participado en  festivais e publicacións importantes en todo o mundo.

O que quero compartir

Esta respiración, o aire que intercambiamos

empúrrame ao teu colo

se que me pola negar.

É por iso que te probo

co mero feito de eu vivir.

Por outra banda  a poesía intimista da compostelá Berta Dávila, foi a triunfadora no ano 2013 co premio Johán Carballeíra de poesía a obra  Raíz da fenda, publicada por Xerais  e que obtivo o Premio Nacional da crítica e o premio da AELG ao mellor poemario.

A comenzos do 2014 saío á luz o primeiror traballo da autora para público infantil, A suxida, ilustrado por Inma Doval.

Deixámosvos cos fermosos  poemas que senten, que abren fendas e péchanas, que prenden luces e apáganas, que buscan verdades e atópanas.

  Raíz da fenda.

E non podías irte
porque ti
eras todo canto podiamos
chamar casa;

e sen ti
ficariamos espidas á intemperie,
diluídas na chuvia,
soas,
e sen pasado.