Arquivo do blog

Presentación de O poder de Amabel e Xildas, na Biblioteca Municipal Ágora

Este xoves 7 de novembro terá lugar na Biblioteca Municipal Ágora a presentación de dúas obras dirixidas especialmente ao público infantil e xuvenil. Trátase de “O poder de Amabel”, de Érica Esmorís e “Xildas”, de Antonio Manuel Fraga Allegue.

Ambos títulos forman parte do catálogo de Sushi Books, editorial galega de recente creación e especializada en literatura infantil e xuvenil. Na presentación intervirán tanto Érica como Antonio e desvelarán algún que outro segredo de Amabel que busca o seu superpoder en “O poder de Amabel” e do trasno protagonista de “Xildas”.

Ademáis da presentación haberá tempo tamén para a firma de exemplares por parte de Érica e Antonio. Será unha tarde moi entretida, volo ides perder?

Agardámosvos na Biblioteca Municipal Ágora, o 7 de novembro ás 19.00 horas!