Arquivo do blog
#25N Guía de lectura Ti decides
Posted by Sira González
A Violencia de Xénero é un problema social de carácter poliédrico vencellado á violación dos dereitos humanos fundamentais. Violencia física, psicolóxica, sexual, económica e patrimonial e, mesmo, simbólica son diferentes caras dun feito cultural que se afonda na relación entre mulleres e homes.
Como axentes de transformación social que promovemos a igualdade de xénero, as Bibliotecas Municipais da Coruña unímonos á conmemoración do Día da Elimininación da Violencia sobre as Mulleres ofrecendo á ciudadanía unha selección de recursos que nos confrontan coas distintas violencias de xénero coas que moitas veces convivimos.
É por iso que presentámosvos esta guía de lectura: unha escolma de literatura, cinema e música que procura mostrar á veciñanza as violencias sexuais que ameazan á mocidade, eixo do 25N neste 2020 e motor da campaña #TiDecides lanzada desde a Concellaría de de Igualdade, Benestar Social e Participación do Concello da Coruña.
Así que decídete a megullarte nas nosas recomendacións e recorda que as #BibliotecasSTOPViolencia. Podedes consultar o resto da programación que temos prevista ao longo desta semana nas Bibliotecas Municipais na nosa páxina web. Visitade calquera das Bibliotecas que formamos parte da Rede e poderedes levar en préstamo algunhas das propostas que aquí mostramos e moitas máis:
Publicado en A biblioteca recomenda, Efemérides, Novela sobre a vida cotiá, Novela social e política
Etiquetas: #25N, #BibliotecasSTOPViolencia, #TiDecides, Día da Eliminación da Violencia sobre as Mulleres, Día de la Eliminación de la Violencia contra las Mujeres, Día Internacional de la Eliminación de la Violencia contra la Mujer, guias de lectura, International Day for the Elimination of Violence against Women, violencias sexuais na mocidade, violencias sexuales en la juventud