Arquivo do blog

Falece Valentín Arias

Foi un dos pais da Asociación de Tradutores Galegos, xerente da editorial Galaxia e asinou as traducións para o galego dalgúns títulos fundamentais da literatura. Valentín Arias falecía o pasado venres en Lugo aos 77 anos de iadade.

Deixa tras de si unha importante pegada nas nosas letras, con obras como A lingua galega na escola, A escola rural en Galicia, Lois e Sabela ou Como se fai um libro?.

Entre outras traducións, asinou as versións galegas de obras como As aventuras de Tintín (Hergé), Viaxe ó centro da terra (Verne), Voo de noite (Saint-Exupéry), O xardín (M. Duras) ou O estranxeiro (Camus).

Nas Bibliotecas Municipais pódense atopar numerosos refrendos das suas obras:

  • Robinson Crusoe / Daniel Defoe; versión de Ramón García Toga ; tradución de Valentín Arias
  • Pantasma de Canterville / Óscar Wilde ; versión de A. G. Llorca ; tradución de Valentín
  • Arias Mondo e outras historias / J.M.G. Le Clézio ; traducción de Raquel Villanueva e Valentín Arias
  • Avelino Pousa Antelo : galeguista, docente, cooperativista, escritor, político e animador cultural / Valentín Arias