Arquivo do blog
#CLXQ+: Presentes imperfectos e corazóns de futuro.
O #CLXQ+ é informe, en realidade informe e informal, en realidade nin queremos nin nos interesa ter forma nin formalidade –entendida no sentido máis tradicional da palabra, claro- . Gostamos de ler, como tódolos clubs, gostamos de compartir opinións, como calquera club, gostamos de falar e preguntarnos polos nosos propios intereses, como calquera club… mais non gostamos de ter que facelo coma sempre, ou máis ben como é habitual, gostamos de tirarnos no chan a ler en voz alta as nosas partes favoritas, e representar sin demasiado orde cada un dos párrafos que máis nos dixo de cada libro.
O #CLXQ+ embarcouse na lectura de O Corazón de Xúpiter (Costas, Ledicia. Xerais, 2011) hai un par de semanas e gostou ben de achegarse a esta historia de amor, desamor, ciberamor e intriga, angustia ás veces e rabia outras. A historia de Isla comeza como moitas das historias personais que nos podemos atopar arredor de nós, unha mudanza de barrio, un adeus á vida de atrás, un novo insti… Cunha perspectiva de 17 anos e toda unha vida nun mesmo barrio dende logo, non é o mellor dos soños.
Se á novidade por desorientación engadimos a desorientación por ese conxunto de anomalías persoais provocadas polo amor e ademáis incluímos que o panorama do novo insti non é o mellor gracias a Marcos… Por sorte estaba Mar, “a súa mellor amiga. E tamén a súa salvadora. Desde que se trasladara cos seus pais a aquel lugar, fora a única que se molestara en entendela, en deterse a contemplar o seu interior.” (11) Do resto, daredes mellor conta cada un·ha de vós abrindo o libro.
Ledicia Costas, que está a xirar sen parar presentando o seu último libro Escarlatina, a cociñeira defunta (Merlín,
2014), tivo o detalle de achegarse ao #CLXQ+ hai xa unhas semanas. En realidade a súa visita foi virtual, pero a verdade é que puidemos desfrutar dela por medio de 150 caracteres grazas ao twitter das Bibliotecas Municipais, unha conversa que vedes reflexada nas capturas de pantalla vos inserimos, mais tamén podedes ver a conversa completa pinchando aquí.
E nestas datas de celebración do Día Libro Infantil e Xuvenil, Romeo e Xulieta caeu nas nosas mans, e William Shakespear trouxo con él aos Capuleto e os Montesco para pasearen o seu paradigma de amor romántico polo #CLXQ+, e declamamos, e clamamos, ao amor e ao desamor, mais tamén a manter a cordura nun mundo que tolea por ideales de amor en lugar de desfrutar as realidades de cariño.
Enfiando o noso último título – Futuro Imperfecto, de Xulia Alonso, 2010 – invitámosvos a seguir atentxs ás redes sociais – Instagram, Fb, Twitter – e buscar o que se agocha tras do hastag #CLQX+.
Saúde!
Tuitencontro con Laura Freixas
O Club de Lectura dos Luns da Biblioteca Forum Metropolitano inicia este segundo cuatrimestre unha serie de citas na nube cos autores das obras lidas. Trátase de utilizar a ferramenta Twitter para establecer un encontro virtual cos escritores, os denominados Tuit-Encontros.
Tuit-encontro con Laura Freixas
O primeiro destes tuit-encontros será coa escritora Laura Freixas @LauraFreixas que estará ó outro lado da pantalla o vindeiro 21 de abril de 12:00 a 12:40 horas. Dende a conta de Twitter de Bibliotecas Municipais @bibcoruna lideraremos
O diálogo pode seguirse a través dos hashtag #tuitencontros e #laurafreixasbmc
O encontro estará aberto a calquera persoa que queira interactuar e trasladarlle á escritora as reflexións, dudas ou preguntas das súas obras.
Unha oportunidade única para charlar en torno á obra Madres e hijas así como dalgún dos últimos libros desta escritora como son Los otros son más felices ou Una vida subterránea.
Laura Freixas
Laura Freixas (Barcelona, 1958) estudou no Liceo Francés da súa cidade. Licenciouse en Dereito en 1980, pero dedicouse sempre á escritura. Deuse a coñecer en 1988 cunha colección de relatos, El asesino en la muñeca.
A súa obra e Madres e hijas
Paralelamente á súa obra narrativa, Laura Freixas desenvolveu un intenso labor como estudosa e promotora da literatura escrita por mulleres. En 1996 coordinou e prologou a antoloxía de relatos de autoras españolas contemporáneas, Madres e hijas (que chegou ás 9 edicións no primeiro ano), e en 2000 publicou o influínte ensaio Literatura y mujeres.
Entrevista a Laura Freixas na Biblioteca do Instituto Cervantes
Nas Bibliotecas Municipais podes encontrar as súas obras, consulta a súa dispoñibilidade no Catálogo