Arquivo do blog

A cociña de Banana Yoshimoto

A cociña como elemento conciliador e de reunión serviunos como espazo metafórico literario no que reunirnos o pasado martes 2 de Xullo na Biblioteca de Ágora. Coma se for unha cociña na que tradicionalemente sentamos a compartir, reunirnos, á carón da lareira ou dukitchennha vitrocerámica, coa xente da que somos parte ou coa familia inventada. E neste caso a familia fomos nós, parte viva das Bibliotecas Municipais onde se unen experiencias e aprendizaxes, participantes dos diferentes Clubs de Lectura en marcha en Rosales, Monte Alto, Castrillón e Ágora.

A nosa intención con esta sesión especial non era outra que participar das actividades organizadas ao redor do Orgullo LGTBq 2013 baixo o lema #asMunicipaisEntenden. Para tal, organizamos unha reunión con toda a xente que participa nos diferentes Clubs de Lectura en marcha nas Municipais e convocámolos a unha sesión especial con sede na biblioteca de Ágora. Unha ocasión de celebrar a diversidade con diversidade de opinión, con diversidade de participación, e con diversidade de expresión.

A cociña nas súas diversas formas de ser entendida pode incluso considerarse o eixo vertebrador dunha novela como Kitchen, yoshimotosinxela, sin presuncións, coa profundidade de quen ve mais non termina de sentir porque o presente vaise polas maos sin poder collelo nunca, sen evitar vivir nun pasado permanente que nos permite analizalo mais non deletrear a palabra “agora” sin que ao facelo non sexa xa parte do antes e non do “xa”.  A cociña como espazo do fogar, como refuxio do corpo; a cociña como acto, como refuxio da mente.

A vida de Yuichi e Mikage, dous xóvenes xaponeses rodeados pola soidade e a morte, como eles mesmos din, repousa nunha quietude do deixarse levar polo cotiá. Eriko, a nai-pai de Yuichi, é unha presenza que fía as súas vidas cun espíritu positivo, e sin deixar entrever o por qué do seu cambio de sexo. A partir de ahí, Banana Yoshimoto constrúe un relato sin grandes artificios, sin grandilocuencias, un fluir de sentimentos que acompañan a uns personaxes que proxectan as súas soledades e crecen arredor dos seus propios duelos.

Mais quizais nesta sesión, o símil da cociña como punto de reunión é o que nos queda, unha reunión entre o diverso de nós mesmos, un achegamento entre todas as persoas que comparten o  gusto dal lecturas comentadas nas Bibliotecas Municipais, e un reflexo da normalidade coa que se vivimos o colectivo LGTBq na maioría, por sorte, dos casos.

Grazas a todos por vir!