Arquivo do blog

As mellores aventuras ocorren…

Non podíamos deixar marchar o ano, sen contarvos que andabamos a facer estas semanas, ¿pensabades que a rapazada de ElClú estaba a descansar da lectura? Nada mais lonxe da realidade, estivemos ben atarefados cun libro de aventuras “A illa de todas as illas” dos autores Xabier P. Docampo e Xosé Cobas, escritor e ilustrador respectivamente.

Como podedes ver no booktrailer, a historia transcorre nunha illa na que 3 nenos se adentran. Os pobriños pérdense no medio dun neboeiro e a partir de ahí comezan a acontecer situacións extrañas protagonizadas polos persoaxes dalgunhas obras clásicas da literatura relacionadas con illas.

Foi por iso, que cando repartimos os exemplares do libro, para sorpresa dos nosos “clubeiros” había un paquetiño a maiores, ¿lembrades?. Pois cada un dos rapaces levou un título diferente destas obras.

O principio, costounos recoñecer situacións e lugares, máis ben poderiamos dicir que mais que recoñecer, DESCUBRIMOS da man dos autores, personaxes clásicas como por exemplo: Jon Silver, Capitán Nemo, Robinson Crusoe, Karana…. Este descubrimento viuse afianzado pola visita, recibida na Biblioteca por parte de Xabier P. Docampo e Xosé Cobas.

A verdade é que pasamos unha tarde do mais entretida con estes dous autores que nos falaron da obra “A illa de todas as illas”, de como se xestou, como traballaron codo a codo, como imaxinaron xuntos para que o final xurdira esta historia ante nós.

A teima de Xabier e Xosé foi precisamente a de proporcionar aos rapaces e rapazas lectores a posibilidade de descubrir todo un imaxinario clásico. ¿Por qué o tema central elexido foi unha illa? Porque en palabras de Xabier P.Docampo:

“as melloras aventuras ocorren no mar”

Agora, toca desfrutar duns días de descanso, de enchentas, agasallos, reencontros, festas e demais historias típicas destas datas.

Dende “ElClú” recomendámosvos unhas lecturas para estes días, para ler pola noite, moi tarde ou pola mañá quentiños na cama.

As nosas recomendaciós son as seguintes:

E antes de despedirnos, desexarvos Boas Festas e lembrade que no vinveiro ano “ElClú” retoma a actividade, nos vos esquezades, comezamos o xoves 15 de xaneiro  as 18:30 horas na Biblioteca Infantil e Xuvenil.

Boas festas

Boas festas

Catálogo das bibliotecas municipais

O conto vermello. A Carapucha

Hoxe lemos algunhas das versións da Carapuchiña Vermella, se cadra un dos contos de fadas clásicos máis versionados de todos os tempos. Desde a versión de Charles Perrault, que xa mudaba elementos do conto oral facendo aparecer unha avoíña enferma e desaparecer -ou mellor, agochando sutilmente- as perversións eróticas do lobo que fai espirse á nena, até os nosos días, atopamos versións máis ou menos moralizantes, picantes, heróicas, con ou sen cazador, con ou sen avoa, mesmo atendendo a razóns e licantropía.

Desde Caperucita en Manhattan (Carmen Martín Gaite), até Na boca do lobo (de autores galegos como Manuel Darriba, Isidro Novo ou Quico Cadaval), o que non muda é a carapucha, a peza de tea vermella que viste ás veces a unha cativa inocente e outra a unha preadolescente arrichada, unha ensimesmada moza postmestrual ou toda unha lolita das de manual de seducción.

As nosas versións foron as de Roald Dahl en Contos en verso para nenos perversos (http://poemaseningles.blogspot.com/2006/01/rohald-dahl-little-red-riding-hood-and.html), o poema de tal título de Anne Sexton e a marabillosa e enigmática versión de Marilar Aleixandre.


Estando una mañana haciendo el bobo
le entró un hambre espantosa al Señor Lobo,
así que, para echarse algo a la muela,
se fue corriendo a casa de la Abuela.
“¿Puedo pasar, Señora?”, preguntó.
La pobre anciana, al verlo, se asustó
pensando: “¡Este me come de un bocado!”.

ROALD DAHL

Pero hai un cento máis, desde poemas a cancións, desde versións road-movie até anuncios de cosméticos e perfumes que nos venden a inocencia que, así vai avanzando a crueldade deste mundo, así vai caendo pouco e pouco, como a capa roxa da nena no conto das tabernas, aquela, a versión máis colorada