Arquivo do blog

Festexamos a participación no Día das Letras Galegas 2020 coa guía de lectura #DesconfinarALingua

As Bibliotecas Municipais da Coruña sumámonos á celebración do Ano Ricardo Carvalho Calero que a Real Academia Galega vén de desenvolver este mes de outubro con distintas iniciativas presenciais e virtuais a través da presentación da Guía de Lectura #DesconfinarALingua.

Esta guía de lectura naceu dun tempo estraño e difícil, dunha pausa forzosa confinados e confinadas nas nosas casas. Neste contexto de COVID-19 as Bibliotecas Municipais fixemos un chamamento á cidadanía para “Desconfinar a Lingua” na semana das Letras Galegas.

Nesa nova normalidade houbo unha ferramenta humilde e simple que nos acompañou: as máscaras, que cobren a nosa faciana hoxe para abrir horizontes abertos mañá. Tamén así os libros, a música, o pensamento, a palabra oral e escrita, nos achegan mundos, propostas, escenarios, realidades que amplían as nosas propias vidas.

Nesta ocasión, foron centos as persoas que taparon a boca coas máscaras diversas da creación en galego xustamente para desconfinar a lingua, para abrir, cara nós e cara as demais, a xanela grande de todo o que ofrece o idioma. Esas aportacións son as que agora tes nas túas mans, mergúllate nesta escolma de caras e descubre toda a creación que se pode desfrutar en galego.

Lembra que podes descargar a guía na plataforma Calameo e consultar o album de imaxes de todas as persoas que participaron en #DesconfinarALingua.

Emma Pedreira, galardonada por “Corazón e demais tripas”.

Con moita ledicia recibimos cada novo libro (e cada novo premio) que a nosa querida Emma Pedreira publica, como un agasallo. Nesta ocasión triunfou na VII Edición do Premio Narrativas Quentes organizada por Edicións Positivas.

Co gallo do Día Mundial da Poesía, que se celebra cada 21 de marzo, a CRTVG emitiu unha entrevista gravada na biblioteca Monte Alto, onde Emma foi, durante moitos anos, coordinadora do club de lectura. A súa obra “S/T“, (que tamén foi galardoada, neste caso co Premio López Abentefálanos das súas lembranzas na pequena aldea do Eume onde viviu a súa infancia.

0001

S/T podería significar sen título, sen terra, e nesta entrevista Emma fálanos sobre a importancia que teñen para ela a memoria, a orixe e a xenealoxía. Como sempre, unha delicia escoitala. Noraboa!