Arquivo do blog
De maior quero ser… pequena!
Comeza o mes de agosto, o mes de verán por excelencia, e gustaríame aproveitar para recomendar un libro que me chamou a atención polo seu título e que me namorou con cada páxina: De mayor quiero ser pequeño, escrito e ilustrado por Ximo Abadía e editado en Dibbuks.
Un álbum ilustrado que, a priori está destinado ao público infantil, pode e debe ser saboreado por todas aquelas persoas adultas que na súa apretada axenda olvidaron reservar un oco para mirar o mundo cos ollos do seu neno interior.
Os textos son simples e divertidos e conseguen o seu obxectivo: debuxar un sorriso na cara da persoa que os está a ler.
Pola súa banda, as ilustracións son realmente entrañables e nos transportan a esos momentos máxicos da infancia nos que todo semella ser posible: saír a pasear cun elefante, atopar un pingüín na neveira ou charlar cunha xirafa. E evocaron en min recordos como unha tromba que te sorprende en pleno verán, a brisa do mar cando roza a pel ese primeiro día de praia ou cando empezan a soar os primeiros acordes da túa canción favorita no momento axeitado. Para que te fagas unha idea de que estou a falar… comparto contigo as catro ilustracións que máis me impactaron:
De mayor quiero ser pequeño é, en definitiva, unha obra para todos os públicos. Para nenas e nenos porque invita a xogar, a imaxinar e a soñar e para persoas adultas porque nos dá a clave para crecer sen olvidarnos de ser pequenos de cando en vez.
Convídote a gozar desta delicia para os sentidos acompañada dunha boa banda sonora, por exemplo, a canción New soul de Yael Naim.
Lecturas de verán para os pequechos
A lectura sen dúbida é a chave prodixiosa da información e da cultura
No caso dos máis pequenos a literatura infantil e xuvenil contribúe a formar o pensamento crítico e a capacidade reflexiva do pequeno lector, a construir a súa identidade e a do entorno que o rodea, axudando a forxar a linguaxe e desenvolver a sensibilidade artística.
A colaboración dos pais é necesaria para impulsar o proceso de aprendizaxe. Acompañar o desenvolvemento hacia a madurez con historias e personaxes que apoien a formación de valores e de formas de vida elexidas na idade adulta.
Tanto pequenos como adultos cando lemos e desprendémonos non nos facemos necesariamente máis sabios, pero sí máis listos: descubrimos o que aínda descoñecemos, confirmamos o que non sabemos.
A lectura e as recomendacións
A lectura é sin dúbida unha tarea de gran proveito público. Non requiere enormes desembolsos nin exixe fortísimas inversións. É máis, resulta unha labor de moito máis desprendemento que fomenta o feito de que aquelo que les acábalo repartíndolo a mans cheas. Cando tes un amigo sempre acabas contándolle ese libro que acabas de ler e o que che pareceu. O normal é que o destinatario non se conforme e acabe lendo o libro para comprobalo por el mesmo.
Dende Bibliotecas Municipais ofrecemos para os máis pequeños recomendacións de lecturas para este verán.
- Préstamo sorpresa na Biblioteca Infantil e Xuvenil : Ofrece este verán aos seus lectores recomendacións bibliotecarias en forma de sorpresa en lotes de 5 documentos. Máis información
- Divertímonos Xogando na Biblioteca Municipal do Ágora: Conta cunha selección de materiais relacionados coa chegada das vacacións escolares e a posibilidade de gozar durante moito tempo de xogos e exercicios nun momento en que o lecer é o protagonista do verán. Máis información
- Lecer coas mans na Biblioteca Municipal do Ágora: Ofrece unha mostra bibliográfica Lecer coas mans, dirixida ao público infantil, relacionada coa reciclaxe, a diversión, o tempo libre e toda unha batería de posibilidades que nos ofrecen todos os días unha gran cantidade de materiais que refugamos como non válidos na nosa vida diaria. Máis información
Convidámosvos a visitar as nosas Bibliotecas Municipais para desfrutar dos contiños e poder levalos en préstamo. Consulta a súa dispoñibilidade no noso catálogo.