Arquivo do blog

O CLXQ+ e Julie Maroh.

BLOG 03El azul es un color cálido, de Julie Maroh,  é unha obra que xa foi empregada no CLC (Club de lectura de cómic) das Bibliotecas Municipais para a sesión especial de As Municipais Entenden do pasado 2014 e que tamén foi reseñada no blog de cómic das Municpais (Fancomic).

Pouco se pode engadir ás mencións que xa fixeron xs compañeirxs sobre a obra, pero desta vez tratábase de poñer a lectura nos ollos, mans e voces dun público diferente, nin especialista en cómics, nin lectorxs da literatura canónica universal, e cun trasfondo tamén diferente aproveitando que a súa, é unha idade na que as transformacións e o tránsito é continuo, unha idade sen identidade, ou unha idade de identidades múltiples ás veces fluidas, ás veces interrumpidas por fragmentos do autocoñecemento que non chegan a ser entendidos por completo de primeiras.

Son eses os motivos que nos levaron a acompañarnos da obra da xoven Julie Maroh. Esta autora escribiu unha marea viva deBLOG 02 sentimentos enfrentados, que non deixan indiferente a ninguén e tampouco deixaron indiferentes ás asistentes á sesión do CLXQ+, que decidiron facer súas as voces dxs protagonistas da obra de Maroh e dramatizar coma se dun ensaio xeral para un book trailer se tratara, as partes que consideraban chave da historia.

Traballar o tema da homosexualidade é tarefa de todos nun contexto público e aberto á participación de quen é máis vulnerable á hora de sufrir bullying nos centros educativos ou reproducir comportamentos aprendidos que discriminan, firen e, en definitiva, supoñen ataques á liberdade persoal e ao libre desenvolvemento da persoa. Por todo eso, e empregando a figura de Julie Maroh – implicada no activismo LGTBq como autora lesbiana visible – na seguinte sesión falaremos das percepcións sobre a realidade que nos rodea e a tolerancia que percibimos ás diferentes formas de amar. Incluíndo una pequeña xoia en formato video destas artistas da interpretación…E faremos de cada cor, unha cor cálida.

BLOG 01Queredes ser parte de todo este proceso lector, analizador e crativo? Pois lembrade que admitimos aínda a todxs xs que queirades participar, só tedes que cumplimentar o formulario no noso blog premendo aquí e seredes parte dun proxecto que non só se reduce a ler, mais a crecer por dentro e por fora. Ambicioso? Sí. Imposible? Nunca!

Salud!

O #CLXQ+ non descansa na ponte.

MARCAPÁXINAS CLXQ+ B copyNestes días festivos de axetreo atroz nas rúas, calor sofocante nos centros comerciales de hipnóticas luceciñas e músicas infames, choiva a rabiar non é mal momento para aproveitar e lembrar que o prazo para inscribirse no Club de Lectura Xuvenil Quérote+ leva aberto dende o luns pasado.

Tedes entre 14 e 18 anos e queredes participar dun grupo onde trascenderemos da ficción a realidade e do público ao persoal? Pois só tedes que premer aquí, cubrir o formulario para inscribirvos e estar atentxs ás datas chave de todo esto…a seguinte, a nosa sesión de presentación o día 18 de Decembro.

Avisadxs estades!

#CLXQ+ Aberto o prazo de inscrición!

Hai un par de semanas anunciamos o nacemento dun novo Club de Lectura nas Municipais, pois ben, o día  chegou para inscribirse e participar do Club de Lectura Xuvenil Quérote+ – de agora en diante #CLXQ+ . Se tes entre 14 e 18 anos, gústache a lectura, e queres formar parte dun grupo que aborda diferentes temas dende relacións saudables a sexualidade consciente, este o #CLXQ+ é o teu club.

CARTAZ CLUB LECTURA QUEROTE+ copy

Cubre este formulario e participa con nós!

De conformidade coa Lei Orgánica 15/1999 de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, infórmaselle que os seus datos persoais poderán ser inocorporados nun ficheiro do EXC. Concello da Coruña coa finalidade de ser xestionados polo Servizo Municipal de Bibliotecas. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e posterior oposición relativos a este tratamento poderán exercerse a través do Rexistro Xeral do Concello da Coruña (Praza María Pita, 1) nos termos establecidos pola dita Lei.

Esperámoste na Biblioteca de Ágora!