Arquivo do blog

Os mellores de… A Gran Guerra

Co gaio do centenario da Primeira Guerra Mundial (1914-1918), tamén coñecida como Gran Guerra, na sala de adultos da Biblioteca Municipal Ágora organizamos unha mostra bibliográfica sobre esta temática que abarca dende libros informativos ata novelas e material audiovisual.

Mostra bibliografica A Gran Guerra

Nunca antes unha guerra afectara a tanta xente en tantos lugares. Os avances da Revolución Industrial aplicados á guerra aumentaron o número de vítimas, que se contaron por millóns. Os enfrontamentos esténdese dende o Pacífico ata o Atlántico, de Rusia ao sur de África, pero será Europa o principal escenario dos combates. O vello continente derrubarase e precisará toda unha década para recuperarse. Perderá para sempre a súa posición hexemónica fronte a novas potencias.

E co fin da Gran Guerra non rematan os problemas de Europa. A crise económica prolongarase durante os primeiros anos 20. Xurden os totalitarismos comunista e fascista. E por outra banda, o novo mapa de Europa deseñado nos tratados de paz deixa moitas feridas abertas. Conflitos e resentimentos que se agudizarán coa Gran Depresión dos anos trinta e que están na orixe dunha nova e aínda mais sanguenta traxedia mundial.

A Gran Guerra

Dende as Bibliotecas Municipais da Coruña propoñémosvos acercarvos a este conflito que marcou toda a historia do século XX, a través dos estudos históricos, a novela, a banda deseñada ou o cine. Podedes consultar a guía de lectura a través da seguinte ligazón “Centenario da Primeira Guerra Mundial. Guía de lectura” ou ben premendo no cartel da mostra que compartimos a continuación.

E se botades en falta algunha obra na selección… animámosvos a que compartades con nós as vosas aportacións!!

Cartel os mellores da gran guerra

Mostra: O pasado é futuro, na Biblioteca Forum

A Historia permite aprender os feitos do pasado para así comprender o presente e albiscar o futuro. Existen varias razóns polas que coñecer a Historia é moi enriquecedor. Para entender a sociedade actual, é necesario saber a historia do teu propio país e a do teu continente. Ademais, o estudo e a paixon por esta disciplina achega ao historiador, un método de análise fundamental. Por iso, temos que coñecer a historia para poder comprender os acontecementos actuais e evitar no posible volver cometelos, pois como di o refrán “Quen non coñece a súa historia está condenado a repetir os seus erros”.

A Biblioteca Forum Metropolitano fai unha selección, de entre os seus fondos, da mellor novela histórica e as súas mellores obras de divulgación histórica.

Mostra bibliográfica: O pasado é futuro

Accede á Galería fotográfica da mostra O pasado é futuro no Flickr de Bibliotecas Municipais

Podes coñecer os fondos que integran a mostra no seguinte Wiki – Mostra Bibliográfica O pasado é futuro, e tamén a Guía de lectura da mostra O pasado é futuro:

Guía Bibliográfica da mostra

100 anos da Gran Guerra

Ademáis conmemoramos o comezo da Primeira Guerra Mundial cunha minimostra especial dentro da propia mostra “O pasado é futuro”. Este 2014 cúmprense cen anos do comezo da Primeira Guerra Mundial, tamén coñecida como “A Gran Guerra”. Foi este un conflito que tivo enormes consecuencias para a sociedade da súa época e que marcou un antes e un despois na Historia da humanidade. A bibliografía das Bibliotecas Municipais da Coruña, relacionada directamente con esta efeméride, podémola consultar no seguinte Wiki.

 

 

As nosas recomendacions especiais son:

 

1914: De la Paz a la guerra / Margaret MacMillan (Turner, 2013)

O relato definitivo das forzas políticas, culturais, militares e persoais que levaron a Europa cara á Gran Guerra.A Primeira Guerra Mundial puxo fin a un longo período de paz sostida en Europa: unha época na que se falaba confiadamente de prosperidade, de progreso e de esperanza.

 

 

 

Manfred von Richthofen : El Barón Rojo / J. Eduardo Caamaño (Almuzara, 2014)

Escrito cun estilo fluído e de amena lectura, este libro biográfico tamén detalla anécdotas da súa vida, curiosidades do conflito, e fai unha reconstrución dos seus soados combates, ademais dunha interesante análise acerca da polémica creada ao redor da súa morte.

 

 

De París a Monastir / Gaziel ( Libros del Asteroide, 2014)

Gaziel reuniu algo máis da metade das súas colaboracións bélicas no xornal “La Vanguardia” e publicounas en varios libros. De todos eles o máis impactante e logrado, seguramente, é De París a Monastir. Publicado por primeira vez en 1917, considerado como un libro fundamental do xornalismo español do século XX.

 

Nas Bibliotecas Municipais da Coruña podes encontrar estas obras, consulta a súa dispoñibilidade no Catálogo.