Arquivo do blog

Premio Nacional das Letras 2011, José Luis Sampedro

José Luis Sampedro (Barcelona 1917) é un escritor aclamado e unha referencia moral. O Ministerio de Cultura otorgou o Premio Nacional de las Letras en recoñecementos a súa extensa carreira na literatura de ficción, o ensaio, e o pensamento económico, destacando o aprecio que a súa obra mereceu ata o punto de ser “un dos ecritores máis importantes  vivos en lingua castelá”

Intelectual de equerdas, novelista, economista e humanista. É catedrático de Estructura Económica, ex senador e membro da Real Academia Española desde 1990, conciliou o desempeño de altos cargos administrativos e académicos na área económica cunha reconocida producción literaria.

Da economía…
O pensamento de Sampedro proxéctase sobre a natureza social da actividade económica e seus efectos sobre a realidade social na que se desenvolven “Deste modo, aboga por unha economía máis humana, máis solidaria, capaz de contribuir a desenvolver a dignidade dos pobos”
O galardoado é  autor de obras económicas como Principios prácticos de localización industrial (1957), Realidad económica y análisis estructural (1959) ou  Las fuerzas de nuestro tiempo (1967).

… Á literatura
A concepción humanista do profesor Sampedro “alenta tamén o máis destacado da súa producción literaria”, sinala Cultura, que destaca entre as súas obras algunhas consideradas “claves” da narrativa española de fin de siglo, como Octubre, octubre (1981), La sonrisa etrusca (1985), La vieja sirena (1990), Real Sitio (1993), El amante lesbiano (2000), Escribir es vivir (2003), La senda del drago (2006), e La ciencia y la vida

Consultade no Catálogo das Bibliotecas Municipais as obras do autor dispoñibles