Arquivo do blog

Soldados de Salamina

O 30 de xaneiro de 1939, o escritor Rafael Sánchez Mazas, fundador e de Falange Española, amigo íntimo de Primo de Rivera, e mais tarde ministro sen carteira durante os primeiros gobernos de Franco,  sobrevivía a un fusilamento colectivo no Santuario de Collell, onde fora conducido xunto a outros prisioneiros do exército republicano, días antes de que as tropas rebeldes culminaran a ocupación de Cataluña. Este relato, ou versións similares do mesmo, circulou en periódicos, entrevistas e memorias durante os primeiros anos do franquismo, e foi recollido nunha filmación que apareceu nun dos primeiros noticiarios de posguerra

Este episodio, real, será o punto de partida de Soldados de Salamina, unha obra na que conflúen con harmonía diferentes modalidades narrativas: biografía, historia, reportaxe, relato oral, autoficción, novela… todas elas perfectamente engarzadas de tal xeito que é difícil saber ás veces onde termina a realidade e comeza a ficción.

Na súa “vertente” máis real, Soldados de Salamina fálanos da biografía  do escritor e fascista Rafael Sánchez Mazas, da súa obra literaria e do papel que desempeñou na fundación de Falange Española. E reflexiona sobre ós motivos que levan ós homes a violencia o más exactamente de los motivos que indujeron a un puñado de hombres cultos y refinados que fundaron Falange a lanzar a su país a una orgía de sangre”.

Pero o episodio que mais interesa a Cercas é o momento no que, tras escapar do fusilamento, agochado entre matogueiras, é descuberto por un soldado republicano que lle perdoa a vida, permitíndolle fuxir. Sobrevivirá no bosque durante varios días, axudado por tres desertores do esborrallado exército republicano, á espera da chegada do exército vencedor. Este momento dará paso á parte mais ficticia da novela, a que presenta a outros personaxes nin vitoriosos nin afortunados, pero que constitúen os verdadeiros heroes, os verdadeiros “soldados de Salamina”: os tres amigos do bosque, e moi especialmente Antonio Miralles, representante de todos aqueles que padecen as guerras ideadas por outros e que ó final son capaces dunha actitude moito mais digna e humana.

frame-soldados-trailer

Diego Luna, interpretando a Miralles, na película de David Trueba

Por outra banda, o aspecto quizais mais destacado da obra, o que a fai mais orixinal,  é a forma en que está construída a narración, a estratexia utilizada para facela avanzar: dende o momento en que Sánchez Ferlosio, revela a Javier Cercas (ou un escritor que comparte con Javier Cercas nome e apelido) o relato do fusilamento do seu pai, este emprende unha trepidante investigación na busca do soldado que no Collell salvou a vida do falanxista, responsable a fin de contas de tantas mortes anónimas, para poder preguntarlle por qué o fixo. Esta investigación, que avanza entre cartas, chamadas telefónicas, entrevistas, consultas en arquivos… arrastra ó escritor dende a curiosidade ata a obsesión, duda e desesperación, para acabar concluíndo que a pregunta non ten resposta, quizás porque o verdadeiro heroe non teña interese en ser recoñecido como tal

Para mais información, podes consultar o dossier Soldados de Salamina ou descargalo en pdf

portada-dossier-001

Crematorio

É Crematorio un descubrimento total. Un percorrido integral polo espiñazo da nosa sociedade feito no tempo  que dura o traxecto en coche do seu narrador. Un esnaquizar os pensamentos para facer unha radiografía que non agocha nada, que de tan íntimo o que se di fica totalmente exposto o interior de cada un dos personaxes retratados.

O crematorio é un título global que parte da realidade da morte de Matías Bertomeu para igualar e facer abrollar os crematorios -purgatorios, infernos, culpas e penas- de cada un dos seus achegados. Da man do seu irmán Rubén, construtor sen escrúpulos e snob de postal septuaxenario (con matóns ao seu servizo, familiar á que pagar as maquías da chantaxe emocional, nova muller pneumática e na treintena…) asistimos a un estruturadísimo retrato da clase alta e toda a coda parasitaria que xorde arredor da desenfreada construción urbanística na costa de Levante. Nun pobo imaxinario, Missent, que podería ser un Benidorm de altísimas torres a pé de praia, ou calquera desas cidades de vacacións prometidas como paraísos de cemento e tixolo, o mosaico de personaxes percorre os alicerces de todo o que fundou a industria dos Bertomeu, dende unha nai autoritaria, “gótica egoística”, alta e agresiva como as torres dunha catedral, até o máis resentido dos sicarios, todos os personaxes que se lamentan pola perda de Matías, ideólogo dunha nova revolución que volva ao campo, ábrese en canle para expoñer sentimentos de insatisfacción, sobre todo.

Narrador principal, Rubén, pedra angular desta familia baseada no poder, nos cartos e na trampa sobre a que subsisten, merodéase sobre a infancia perdida, as figuras antergas e cobiza como motor fundamental; o material como o esparadrapo que une as fendas e que tapa as feridas. A ética e a conciencia chegan a un estado ornamental para dar paso a exquisitez como reflexión, á busca da beleza e do acomodo por riba de valores esenciais.  Rubén, o irmán vivo, síntese pegado á sombra do seu irmán, ferve na envexa da súa liberdade que, sen comprometerse con nada -fillos, mulleres, ideas, materiais, partidos- mantivo unha consideración e un respecto do que el non goza.

Todos vistos ao trasluz, ningún personaxe pode fuxir de ser espido e visto na súa miseria. O escritor que, procurado o éxito, agora busca os puntais primordias da vida, o amor e a calma, para poder morrer en paz. O crítico que xustifica a súa creación como busca da idea propia que lle permita sair da mera función de eco para ser voz. A filla  que querería ser filla e amante do tío morto. A muller nova que quere ser nai de novas xeracións que herden o poder conquerido…

O texto é agumado, cortante, real; danos unha aproximación a nós mesmos a través da análise de pormenores exquisitos, da observación total de cada movemento do ser humano. Podemos vernos como nun espello, aínda que non nos queiramos recoñecer nese lugar que podrece de corrupción e de avaricia.

O autor vai superpoñendo as voces, os tempos,os espazos, para que caiba todo nun  momento, varias vidas ao mesmo tempo facendo un corifeo -ou un coro de carpideiras que choran xunto ao cadáver ao bordo do crematorio- e que cantan as mesmas dores e os mesmos degoros sen diferenciarse nas razóns e nos propósitos primarios: vencer os medos, a morte, conseguir máis, ser o que máis. Fuxir do propio lume que arde na conciencia.

 

Rafael Chirbes (Tabernes de Valldigna, Valencia, 27 de junio de 1949) é  un escritor e crítico literario español, gañador do Premio Nacional de la Crítica 2007.

Novelas

  • Mimoun(1988)
  • En la lucha final(1991)
  • La buena letra(1992)
  • Los disparos del cazador(1994)
  • La larga marcha(1996)
  • La caída de Madrid(2000)
  • Los viejos amigos(2003)
  • Crematorio (2007)

 Ensayos

  • Mediterráneos(1997)
  • El novelista perplejo(2002)
  • El viajero sedentario(2004)
  • Por cuenta propia (2010)