Arquivo do blog

Los peces no cierran los ojos de Erri De Luca

No club de lectura dos Luns da Biblioteca Forum rematamos de ler Los peces no cierran los ojos. A elección foi grazas ao seu autor, Erri De Luca tantas veces aclamado, e de quen ainda non tiveramos a oportunidade de ler nada.

67561_los-peces-no-cierran-los-ojos_9788432214172

Cunha portada ben significativa, o argumento da novela de por sí non sorprende, de feito foi numerosas veces acometido por outros escritores: a infancia perdida. Un home de cincuenta anos, desde a madurez, narra unha concisa crónica da súa nenez. Na obran recréanse así os recordos do protagonista ao redor dun episodio da nenez, ocorrido durante o verán no que cumpriu dez anos, durante as vacacións que pasou coa súa nai nunha aldea da costa próximo a Nápoles.

Os feitos desenvólvense nunha época complicada, na que ser italiano trala guerra fascista non é fácil, o protagonista ten unha peculiar forma de coñecer o mundo e quen o habita, faino a través dos libros do seu pai. Sen embargo, algo que non logra atopar neles é a explicación da palabra AMOR que tanto lle chama a atención, así o define:

 

 se parece a una marejada de ábrego, revuelve el mar por encima y por debajo lo remueve

Entre a pesca e os libros, os paseos en solitario e os encontros cos rapaces do barrio, transcorren os seus días. Ata que coñece a unha nena sen nome que será quen lle descubra o peso de palabras como amor ou xustiza.

A obra é curta e poucos máis comentarios merece xa. De Luca só utiliza 124 páxinas para construír a historia con eficacia. Nun principio choca o seu particular estilo narrativo pero pouco a pouco engancha e logras afacerte a el porque te atrapa cunha forza arroiadora. Estamos ante unha novela breve, sinxela, emotiva e curta pero intensa.

erri de lucaErri de Luca(Nápoles, 1950) é novelista, tradutor e poeta. Participou no movemento do 68 e foi militante revolucionario do grupo Lotta Continua, coa intención de subvertir a orde capitalista. Foi obreiro da Fiat, camioneiro e albanel. Percorreu os Balcáns con axuda humanitaria.

Nomeado escritor da década polo Correr della Sera, e galardoado cos premios France Culture, Femina Étranger, Laure Bataillon ou Petrarca, Erri De Luca é un dos autores italianos máis lidos e admirados en máis de vinte países: «O único escritor auténtico que por agora nos deu o século XXI», Correr della Sera.

De “Los peces no cierran los ojos”, di a crítica «Un pequeno milagre», L’Unità; «De Luca cóntanos que é crecer coa crúa sensibilidade da que é un gran mestre», Il futurista.

De Luca  é autor de máis de cincuenta  obras, nas bibliotecas Municipais podes atopar: