Arquivo do blog
Os mellores da lingua
Da Escola de Maxia á maxia das palabras. Neste mes de maio, na Biblioteca Ágora, no espazo Os mellores de… volvemos, un ano mais, ás palabras da nosa lingua. Palabras escritas nos libros que aquí te presentamos, seleccionados para ti con intención de mostrarte a grandeza da nosa fala.
Os mellores da lingua : Mostra bibliográfica na Biblitoeca Ágora
Unha mostra que tén como protagonista especial a Manuel María, un autor moi respetado, querido e admirado, ao que, como xa sabes, dedícase este 2016 a celebración das Letras Galegas.
Do poeta chairego falounos Mercedes Queixas Zas na presentación do seu libro Labrego con algo de poeta na Biblioteca Ágora, coa entusiasta participación dos nosos clubles de lectura. Os seus versos chegáronnos profundamente, espallarónse pola biblioteca, e quedaron nos seus andeis.
Mercedes Queixas na presentación do seu libro na Biblioteca Ágora
Xunto a Manuel María queremos destacar a outros moitos autores da lingua. Autores da terra que falan de temas universais e sitúan a nosa literatura no lugar que merece no panorama nacional e internacional. Os nosos clásicos: Risco, Cunqueiro ou, por suposto Castelao e Rosalía. Outros escritores xa consagrados, como Mendez Ferrín, Manuel Rivas ou Suso de Toro. E tamén os mais novos: Ledicia Costas, Héctor Cajaraville, Andrea Maceiras... que se fan escoitar con forza, e cada vez van conseguindo mais e mais lectores.
Moitos deles (Berta Dávila, María Reimóndez, Pedro Feijoo… ) achegáronse a nós en diferentes ocasións para falarnos da súa experiencia literaria e transmitirnos a súa paixón pola escritura… e convencéronnos. Polo que din, polo que escriben e por como o escriben. E por iso queremos compartir contigo a súa escrita. E, se cabe, acompañarte neste apaixonante descubrimento da nosa literatura, da nosa cultura, con esta guía de lectura elaborada con moita ilusión.
Guía de lectura : Os mellores da lingua
Descarga aquí a guía en pdf
E se queres compartir con nós esta paixón pola nosa escrita podes pasar pola biblioteca e participar, un ano máis, no fotocol que desta volta se dedica con especial atención a Manuel María. Porque #m8mepresta #ManuelMaria
IlustrArte na Biblioteca Forum
A Real Academia de Belas Artes, vén de declarar o 1 de abril o Día das Artes Galegas, este ano adicado a Castelao. Porén quixemos rendirlle unha pequena homenaxe ó máis célebre dos nosos ilustradores cunha mostra adicada aos ilustradores galegos, na que atoparedes unha pequena selección do traballo de moitos destes artistas.
E é que xa o dicía Manel Cráneo:
“Dedicarse á ilustración en calquera dos seus afluentes foi sempre unha opción ligada á incomunicación debido ao illamento que supón traballar por conta propia…”.
Entre abril e xuño na Biblioteca do Fórum Metropolitano atoparedes unha mostra bibliográfica e unhas actividades coas que pretendemos dar maior visibilidade a estes profesionais, destacando a labor levada a cabo pola AGPI, que leva dende o 2003 procurando crear “conciencia de grupo e polo tanto de non traballar na soidade”.
Nestes meses tamén estarán presentes datas sinaladas, como o día do Libro Infantil e Xuvenil, o Día do Libro e o Día das Letras Galegas, ano adicado a Manuel María.
Ilustradores de antes e de hoxe, reunidos nesta pequena selección e que podedes atopar nos fondos das Bibliotecas Municipais da Coruña.
Actividades dentro da programación da mostra “IlustrArte”
.: Obradoiro-Creativo “Os Pelelliños” con Anxo Fariña
20 de abril ás 18:30h. (para nenos de 4-6 anos) Require inscrición
Obradoiro de ilustración para estes máxicos personaxes da man do seu creador, inventar novas historias e deseñar novos pelelliños cunha chea de debuxos e risas.
.: Ilustrando coa Escola Pablo Picasso
27 de abril a partir de 11:00h. (para todos os públicos) Entrada libre
Ilustrando en directo cos profesores Mario e Clara e os alumnos do módulo de Ilustración da Escola Pablo Picasso
.: Ilustrando Ando con Irene Sanjuán
11 de maio ás 19.00h. (para todos os públicos) Require inscrición
Clase maxistral de Ilustración con Irene Sanjuán
.: “A casa de Manuel María” con Teatro Babaluva
18 de maio ás 18:00h. (para nenos de 5-12 anos). Require inscrición
Coñeceredes o mundo poético de Manuel María e o recrearedes ao voso xeito nun libro despregable
.: Faladoiro con Antonio Seijas
8 de xuño ás 19:00h. (para todos os públicos) Entrada libre
Antonio Seijas falaramos dos seus álbumes e amosará imaxes de moitos dos seus traballos
Podedes seguir todas as noticias relacionadas con esta mostra co hashtag #IlustrArte
Versos en movemento na Biblioteca Forum
…que es la poesía. ¿Es poesía lo que me eriza los pelos en la nuca? ¿Lo que me produce ese escalofrío que me sube por la columna? ¿Un vuelco, en el estómago?¿El rapto de un instante en el que la respiración y el tiempo desaparecen?¿Un vislumbre de la verdad?¿Los ojos girados hacia dentro y los párpados bajados como un denso telón para que nada pueda distorsionar la verdad súbitamente revelada? ¿Es la compañía perfecta? ¿Es un puñetazo en el alma?…
…La poesía es, así pues, un interruptor que enciende la luz interior, una oda cuya energía acciona un secreto resorte en la mente, activando una recepción en nuestro decimonónico sentido.
…¿Es la canción poesía?
Unos dicen que sin la muleta de la música el texto de una canción no se aguanta por sí solo en una página en blanco, mientras otros sostienen que el elemento mágico de una canción es precisamente la poesía. Probablemente, al igual que la poesía, que es más que la suma de sus partes, la canción también lo sea, es decir, más que música y letras juntas. No queda más que leer el texto, precisamente, para sentenciar si participa del propósito y principio fundamental de la poesía, es decir, establecer una calidad de comunicación y albergar una verdad como pura experiencia personal
Alberto Manzano
Dende 13 de Xaneiro ao 31 de Marzo na Biblioteca Forum Metropolitano a Poesía será a protagonista das súas actividades.
“Mostra Bibliográfica”
A Música e a poesía son cómplices e amantes e constitúen o alimento da nosa alma, e por isto, nesta mostra bibliográfica imos nutrirnos dunha selección de poemas feitos cancións, cancións feitas con poesía e poemas que sen dúbida están cheos de melodía.
Obradoiro: “Grúa poética”
Mércores, 27 de xaneiro ás 18:30 h
Inscrición previa dende o 20 de xaneiro na web: http://www.coruna.es/bibliotecas
Obradoiro dirixido a nenos e nenas de 7 a 12 anos, coa colaboración de Celia Parra, no que se unirá a arte de atopar as palabras para crear poemas, coa arte do origami para confeccionar grúas de papel onde os nenos e nenas farán voar os seus versos. Deste xeito celebraremos todos xuntos o Día Internacional da non violencia e da Paz.
Recital de poesía: “Cocíñame”: poemario erótico-culinario
Mércores, 17 de febreiro ás 19:30 h.
Entrada libre ata completar capacidade
Celia Parra vainos presentar un recetario de poemas nos que o verbo amar e o verbo comer seguen a mesma conxugación. Un menú completo no que cada plato é unha invitación ao goce, a amar-comer cos ollos e coas mans.
Coñece este proxecto de poesía, cociña e fotografía que vai fervendo a lume lento.
Recital de poesía e música: “A forza da palabra no ritmo do silencio”
Luns, 21 de marzo ás 19:30 h.
Entrada libre ata completar capacidade
Xulio Valcárcel, Olga Patiño, Miguel Mato, Diana Varela, Xosé Taboada e Martín Marticorena invitánnos a compartir con eles a súa música verbal, o xogo de resonancias, en definitiva, o seu xeito de percibir o mundo, de tentar expresar a fonda realidade humana.
Outra historia do cinema na Biblioteca Forum
Ao longo do mes de outubro a Biblioteca do Forum Metropolitano celebra o cinema na súa diversidade, o seu glorioso pasado e o seu presente igualmente luminoso.
- Mostra Bibliográfica: OUTRA HISTORIA DO CINEMA
Do 1 ao 31 de Outubro
A historia do cinema, tal e como nola contaron sempre, tende a ser lineal, masculino e occidental. A cada etapa sucédelle outra, coma se fosen chanzos dunha escaleira de sentido único; non parece haber máis cine que o americano e europeo de tramas claramente novelescas, con algún toque exótico oriental; e os directores, guionistas e produtores adoitan ser homes (por suposto brancos). Pero a verdadeira historia é outra: está inzada de mulleres que crearon obras indispensables, ábrese dende a súa mesma orixe a formas non narrativas e ramifícase por todo o planeta para alimentarse de culturas, linguas, paisaxes e maneiras de entender o mundo moi diferentes. O cine é un e moitos á vez.
Na Biblioteca do Forum Metropolitano preparamos unha mostra bibliográfica con materiais diversos, que podes consultar na seguinte wiki: Outra Historia do Cinema
- Visita guiada de Martin Pawley: Paseo das estrelas
7 de Outubro ás 19:00 h.
Visita guiada de Martin Pawley (Programador, crítico e productor de cine).
A Biblioteca converténse durante o mes de outubro nun auténtico “paseo das estrelas” ao máis puro estilo hollywodiense, onde as protagonistas son Elas (directoras, guionistas, actrices …) as mulleres máis destacadas no mundo do cine ao longo da historia.
- Mesa Redonda:
A historia do cinema sempre tende a ser lineal, masculino e occidental, pero a verdadeira historia é outra. Participa con nós e coñece outra historia do cinema:
21 de outubro ás 19:00 h.
Participantes:
Martin Pawley (Programador, crítico e produtor de cine)
José Manuel Sande (Programador do CGAI, crítico e historiador de cine, guionista e produtor de ARRAIANOS)
Xabier P. Docampo (Escritor e cinéfilo)
Uxía Villarino (Profesora e cinéfila)
TO THE WONDER , de Terrence Malik.
* Festival de Venecia 2012: Premio SIGNIS.
Formato: 35 mm
02, 03 e 04 de outubro
Neil deixou Estados Unidos buscando unha vida mellor, deixando atrás unha serie de feitos dolorosos. Mirando a Mariña aos ollos, Neil está seguro de que atopou á muller que pode amar con dedicación. Pero cando anos máis tarde, unha serie de circunstancias persoais e profesionais rachan a súa relación, outra muller aparece na vida de Neil, con igual ou mesmo maior forza: Jane. Logrará este home manterse fiel á súa promesa inicial ou aproveitará para cambiar a súa vida cara ao futuro que sempre anhelou?
UN CHÂTEAU EN ITALIE, de Valeria Bruni Tedeschi
Formato: DVD
09, 10 e 11 de outubro
É a familia de Louise. Pero, cando ela coñece a Nathan, os seus soños de felicidade rexorden.
É tamén a historia do seu irmán enfermo e o destino dunha familia italiana, obrigada a desfacerse do seu patrimonio e parte dos seus recordos. Un mundo que acaba e un amor que dá comezo.
LES SALAUDS, de Claire Denis
Formato: 35 mm
16, 17 e 18 de outubro
O seu cuñado acaba de suicidarse, a fábrica familiar está ao bordo da quebra e a súa sobriña está ingresada nun hospital psiquiátrico. Sandra acusa a Edouard Laporte de ser o responsable de todos os seus males. Decidido a vingar o dano que causou á súa familia, Marco se muda ao mesmo edificio onde vive a amante de Laporte. Pero Marco non contaba cos segredos que a súa irmá non lle desvelou.
L’IMAGE MANQUANTE, de Rithy Panh
* Festival de Cannes 2013: Mellor película
Formato: 35 mm
23, 24 e 25 de outubro
Os cidadáns foron enviados a campos de traballo e coa clara intención de eliminar as divisións de clase, todos os efectos persoais foron confiscados e os individuos substituídos por números. As torturas e execucións convertéronse en moeda de cambio á menor infracción.
Nun audaz salto imaxinativo, a historia é representada mediante figuras de arxila superpuestas na narración.
- Mapamundi con referencias a cineastas: Cineastas do mundo
A través dun Mapamundi o “espectador” poderá ver e ser partícipe da diversidade fílmica existente ao longo dos 5 continentes. A modo de panel interactivo será o “espectador” quen descubra, coa axuda dunhas pequenas pinceladas biográficas, a identidade nacional dos cineastas.
- Caixa dos desexos
Farémonos eco dos teus desexos máis cinéfilos. Poderasnos deixar por escrito as suxerencias de todos aqueles filmes que che gustaría ver ou que tivésemos na biblioteca.
- “3 Minutos: Taller de edición de curtametraxes”
Cando: 13, 20 e 27 de outubro, ás 19.00h
Público: de 12 a 16 anos
Inscrición (15 prazas) : do 29 de setembro ao 10 de outubro, na biblioteca, no teléfono 981 184 298 ou enviando un mail a bforum@coruna.es.
Rodaranse curtas suxeridas a partir de personaxes literarias adaptando así os seus aspectos característicos á biblioteca. Usaranse diversas técnicas ademais da imaxe real: debuxo, Stop Motion…
Os nenos aprenderán todo o proceso de montaxe e edición de vídeo, os procesos de efectos sonoros e voces así como a gravación de música. Ao finalizar cada participante terá a súa copia en formato dixital.