Arquivo do blog

III Concurso de Microrrelatos, Dado-Biblioteca Ágora

Este martes foi unha xornada de festa e premios na biblioteca Ágora!!

Rapaces e rapazas de entre 12 e 17 anos asistiron ao Auditorio do Centro Ágora para celebrar a Gala de Entrega de Premios do III Concurso de Microrrelatos e Booktrailers. O certamen foi organizado polos clubs de lectura e bibliotecas do Grupo Dado coa coalaboración da Biblioteca Ágora. Un Dado, por certo, este ano de sete caras, xa que ademáis dos Institutos Agra do Orzán, Elviña, Monelos,  Monte das Moas,  Rafael Dieste e Menéndez Pidal (Zalaeta) veteranos xa neste certame, contamos coa participación nesta terceira edición do IES Eusebio da Guarda.

Máis de 400 mozos e mozas asistiron ao evento, entraron na biblioteca para facerse fotos, representaron bailes e pequenas pezas teatrais, tocaron instrumentos, leron os seus traballos, visualizaron os seus vídeos…  e sobre todo disfrutaron dun evento no que eles foron os auténticos protagonistas.

O centro encargado de conducir a gala foi o IES Zalaeta: dous presentadores de luxo, Iria e Iván, foron dando entrada a diferentes actuacións, e chamando ao escenario aos autores finalistas de microrrelatos , que leron os seus traballos, e dos booktrillers, que puidemos visualizar en pantalla.

Non o tivo fácil o xurado para escoller entre os textos preseleccionados polos centros. Un ano máis os nosos pequenos escritores demostraron o seu gran potencial, chegasen ou non a estar na lista dos finalistas ou dos autores premiados. Desde aquí os alentamos a seguir  escribindo.

Este foi o resultado co concurso:

NA MODALIDADE DE MICRORRELATOS, OS PREMIOS, NAS DÚAS CATEGORÍAS (Categoría A: alumnos de 1º, 2º e 3ª da ESO) (Categoría B: 4º ESO e 1º e 2º BAC) FORON PARA…

Categoría A: Primeiro premio para  O meu inimigo, de Sara Sanz Fonta, do IES Monte das Moas! . Xoel Añón Lage, do Rafael Dieste, levou o segundo premio por “Un viaje a través del desagüe”.

Categoría B: Primeiro premio para Uxía Queijeiro Sesar, do IES Rafael Dieste por Tengo ganas de que te quedes. E o segundo para El hilo rojo, de María Lado Domínguez, do IES Zalaeta

Clicando nas imaxes de abiaxo podedes ler todos os relatos presentados en ambas categorías:

NA MODALIDADE DE BOOKTRAILERS, OS PREMIOS FORON PARA….

CATEGORÍA A : Antología poética, de Aitana Ballesteros y Daniela Lumbrera, de 2º ESO de Zalaeta, booktriller do libro La tinta de mis ojo, de Aitana Ocaña. E PaulaSalgado Torres, do Agra I, levou o segundo premio por  O que sei do silenzo, de Andrea Maceiras

CATEGORÍA B:  Primeiro premio para Club de lectura de inglés, de Monte das Moas polo booktriller de  Milk and Honey de Rupi Kaur.  E segundo premio para Vanessa Fernández Santamaría por  El festín de la muerte, de Jesús Díez de Palma

Parabéns aos gañadores!!! E parabéns tamén a todos os que enviastes os vosos textos.

E por último, tan só queda das as grazas a todos os que participastes deste proxecto:

Ao xurado, formado por representantes da cultura literaria e audiovisual da cidade: Beatriz Maceda Abeleira, escritora en lingua galega, especialmente coñecida pola súa obra dirixida ao público xuvenil; Rita Más Ybáñez, poeta, escritora, e productora artística de audiovisual, autora do proxecto “A saia raíña:  Mulleres enloitadas no século XXI”; Miriam Rodríguez Debasa,  coordinadora de proxectos da Academia Galega do Audiovisual ; Roberto Castro, libreiro propietario de Sisargas, e promotor da literatura e cultura galega na nosa cidade; e  Elizabeth Rico, compañeira da Biblioteca Infantil e Xuvenil e coordinadora de “El Clu”. Moitas grazas pola vosa entrega e entusiasmo!!

Aos cordinadores e coordinadoras dos clubs de lectura e bibliotecas do Grupo Dado por impulsar o certame. E moi especialmente ao profesorado do Instituto Zalaeta polo seu traballo para a realización desta gala.

E sobre todo grazas e parabéns a todos os que participastes cos vosos microrrelatos e booktrailers neste concurso.

ATA A PRÓXIMA EDICIÓN!!

Podes ver máis fotos en Instagram e Flickr 

II Concurso de Microrrelatos, Dado-Biblioteca Ágora

Grupo1

publico

O martes 17 abril, no auditorio do Centro Ágora recibimos a alumnos dos IES de  MonelosMenéndez Pidal (Zalaeta), Monte das Moas, Elviña, Rafael Dieste e  Agra do Orzán, que asistiron a Gala de Entrega de Premios do II Concurso de Microrrelatos organizado pola Biblioteca Ágora en colaboración co Grupo Dado. Tivemos a sorte de contar para a condución da gala cunhas presentadoras de luxo: as alumnas do IES Monelos, Inés e Lorena, que o fixeron extraordinariamente.

presentadoras  Letras

Tras un pequeno achegamento por parte dos alumnos de Monelos á figura de María Victoria Moreno, autora, como sabedes, homenaxeada este ano coas Letras Galegas,  deu comezo a gala, amenizada este ano polo mago  coruñés “Víctor Noir”, que cativou a todos co seu sorprendente espectáculo.

mago 3  maru2

presentadores preparándose

Un ano mais, os alumnos destes centros escribiron as súas pequenas e intensas historias, que chegaron ás Bibliotecas Municipais de A Coruña para ser lidas, saboreadas, disfrutadas… polos lectores dalgúns dos nósos clubs: Clubs do martes, do mércores e Club Queeruña da Biblioteca Ágora; Café con libros da Biblioteca Os Rosales.  Mais de oitenta lectores ós que lles correspondeu a grata, pero tamén difícil tarefa  de decidir, entre os relatos previamente seleccionados polos centros, cales serían os gañadores dos premios.

IMG-20180419-WA0000

Entre os textos que recibimos atopamos moita  variedade: brevísimo relatos de unha ou dúas frases con grandísima forza narrativa, historias desgarradas con xiros inesperados que rematan provocando unha perturbadora gargallada; contos fatásticos, nos que  realidade e ficción apensas se distinguen; arrepiantes relatos de terror…

Estes foron os relatos presentados en ambas categorías:

PORTADA SARA 1

Microrrelatos presentados en ambas categorías

portada corcho categoria a  portada corcho categoria b         

Microrrelatos Categoría A                                             Microrrelatos categoría B

Especialmente difícil resultou para o xurado a elección dos gañadores da CATEGORÍA A, á que optaban os alumnos de 1º, 2º e 3º da ESO, de 12 a 15 anos.

CategoríaA

Moitas foron as dúbidas que suscitaron, e moitos os micros que os nosos lectores consideraron que poderían tamén ter acadado o premio. Finalmente o gañador desta categoría foi o microrrelato “Cós ollos pechados” de Azahara Merlo, de 3º da ESO do IES Elviña. Un relato emotivo, e ben construído, que leu a súa compañeira  Lucía.

AGRA_2

O segundo premio foi para Aroma de café”, de Amelia Martínez Loureda, de 2º da ESO de Rafael Dieste.

DIESTE_5

Tras a actuación do mago, léronse os relatos finalistas da CATEGORÍA B.

CatgegoriaB1

Neste caso, o primeiro premio foi para o IES Menéndez Pidal, por “Atada” de Sofía Sobrino Abeijón, de 4º ESO

MENENDEZ_PIDAL_5

E o segundo premio recaeu en “Perspectivas”, de Yahya Hicham Redouam.

DIESTE_5

Finalmente os premios da  CATEGORÍA C, na que se avaliaba a mellor presentación foron para:

Primeiro premio:  Cambio de planes, relato presentado en forma de baile, combinado de danza e hip hop, por Lucía Abuín, María Alejandra Comenares, Alejandro Rodiles, Marcos Silvarrey, baseándose no texto de de Giselle Arita.

categoria c premio 1-2   categoria C premio 1-

E segundo premio para Mentiras, de Paula Salgado, de 2ª ESO do Agra do Orzán

Aquí podedes acceder a mais fotos sobre a gala  en Flickr  e Instagram 

MARCA3

E por último, agradecer  ós profesores de todos estes centros, que dende os clubs de lectura, as bibliotecas escolares e as aulas impulsaron este certame!

E grazas tamén a Berta e Sara, alumnas de Animación Sociocultural en prácticas na biblioteca, pola súa entusiasta colaboración antes, durante e despois da gala. A elas debemos os agasallos que entregamos a profesores  e alumnos

 

E parabéns, moi especialmente,  a todos os alumnos que participaron cos seus escritos neste concurso, fosen ou non premiados. Dende as bibliotecas apostamos por vós e  animámosvos a seguir escribindo!!

 

Entrega de premios Concurso de Microrrelatos Grupo Dado

Este martes, 23 maio, tivo lugar no Auditorio do Ágora a Gala de entrega de Premios do Concurso de Microrrelatos do GrupoDado.

Grupo Dado está formado polos clubs de lectura destes centros de ensino secundario e público de A Coruña: IES Agra IIES ElviñaIES Monte das MoasIES MonelosIES Rafael Dieste e IES Zalaeta. O longo do ano, os alumnos e profesores destes centros traballaron os microrrelato nas aulas e nos clubs de lectura de cada centro. Os alumnos escribiron os seus sorprendentes textos e enviaron os mais destacados ó concurso.

A gala, presentada polos alumnos de 2ª ESO do IES Zalaeta, foi combinando a lectura dos microrrelatos coa actuación do grupo musical Black,  dirixido por Iria Mejuto, que acompañada ó piano por Iago Mouriño, fíxonos vibrar ó ritmo do  soul.

O xurado estivo composto polos escritores Arantza Portabales e Antonio Manuel Fraga Allegue, o editor e libreiro, Pablo Zaera Silvar, o coordinador dun blog de relatos multilingües Shimanto Reza, e a directora Bibliotecas Municipais da Coruña Isabel Blanco.

Non foi fácil para os miembros do xurado a decisión. Todos eles destacaron a creatividade de todos os relatos e o dominio da técnica narrativa dalgúns deles. E é que hai un gran potencial literarios nestas novas xeneracións!!:

“Me ha sorprendido el manejo de las estructuras. El  del lenguaje viene después, pero saber hacer esa estructura, eso se tiene o no se tiene. Es intuición pura”

Arantza Portabales

 “En muchos veo una buena construcción de la historia lo cual es de destacar ya que muchos superventas no les llegan ni a la suela de los zapatos en este aspecto”

Pablo Zaera

Na categoría A, á que se presentaron alumnos de 1º e 2ª da ESO, o gañador foi o relato Dispara, de Paula  Salgada Torres, do IES Agra do Orzán.  Carlos Infante, con Non te fíes de ninguén levou o segundo premio.

Na Categoría B, para alumnos de 3º e 4º da ESO e 1ª BAC,  A vida son dous días, de Jonathan Suárez Filgueira, levou o primeiro premio. O segundo foi para Intravenoso, de Xoana García

Nestes links podes consultar os outros relatos presentados ó concurso nas CATEGORÍA A e  CATEGORÍA B

E por último, o gañador do primeiro premio na categoría C, na que se avaliaba mellor escnificación ou presentación mais orixinal do relato, foi para Avións de papel, do Ies Zalaeta. Este Instituto tamén acadou o segundo premio, por Una muñeca muy especial

Parabéns a todos os que participastes neste concurso: profesores e alumnos por todo ese traballo tan ben feito!! Parabéns a Iria pola súa magnífica actuación. Para nós foi un placer traballar con todos vós !! Esperamos volver estar convosco en futuras ocasións!!