Arquivo do blog

A opinión dos nosos lectores conta

Nas nosas Biblioteca Municipais a túa opinión conta….

Algúns dos nosos lectores e usuarios fixeron uso das suxestión de compra e froito delas mostramos as formalizadas nas Biblioteca Municipal Os RosalesMonte Alto durante o pasado mes decembro que finalmente foron incorporadas á nosa colección:

This slideshow requires JavaScript.

  • Hugo Chávez : mi primera vida : conversaciones con Ignacio Ramonet
  • O raposo e a mestra / Manuel Rivas ; ilustracions de Jacobo Fernandez Serrano.
  • Todos somos / Marcos Calveiro
  • La redención de Gabriel / Sylvain Reynard
  • El lugar más feliz del mundo/David Jiménez
  • La cocinera de Himmler/ Franz-Olivier Giesbert
  • Autofácil ( Revista de coches)

Vos tamén podesdes suxerir a compra de materiais para incorporar os fondos das nosas bibliotecas en calquer comento a través dos servizo de petición de compra/desidertas. Deste xeito , podesdes solicitar a compra dun libro, un disco, unha película ou recomendarnos tamén a incorporación dunha revista ou dun  xornal.

É recomendable que antes de formular calquera desiderata ou suxestión de compra o usuario comprobe que o que solicita non esté xa no noso catálogo.

catalogo1

Cómo facer unha petición de compra á biblioteca Desideratas

Se queres formalizar unha suxestión de compra ou desiderata podes facelo de dous xeitos:

  • Persoalmente, acudindo a algunha das nosas oito bibliotecas, cubrindo un formulario de petición de compra
  • Dende a biblioteca onde se formalice a petición de compra sempre se emitirá unha resposta,  tanto se a suxerencia é aceptada como se se rexeita a petición, explicando tamén o seu motivo.

No caso de levarse cabo a compra do material e incluirse na colección, o solicitante terá o prioridade para poder levalo en préstamo.

RecomendaciónsTwitter: anímate a recomendar             

As vosas recomendacións tamén nos interesan, por iso convidámosvos a que nos sigades na nosa conta de Twitter @bibcoruna co noso  hashtag  #recomendamosbmc onde tanto nós, os profesonais bibliotecarios, como vós, os nosos lectores facemos recomendacións persoais sobre libros, películas, música etc.

Premios Xerais

Marcos Calveiro obtivo a XXVII edición do Premio Merlín de Literatura Infantil por Palabras de auga. Mentres que a XXIX edición do Premio Xerais de Novela correspondeu a María Lorenzo Miguéns e Manuel Lorenzo Baleirón, autores de Tonas de laranxa, obra presentada baixo o lema «Pouso da Arcai». Ambos os dous premios foron outorgados por unanimidade de cada un dos xurados. Os ditames déronse a coñecer na Illa de San Simón nunha cerimonia, conducida por Celia Torres, na que actuou como mantedora literaria a escritora Marilar Aleixandre e Xurxo Souto como músico convidado.

Os membros do xurado do Premio Xerais de novela 2012, no ditame que elaboraron sobre Tonas de laranxa salientaron que «sen menoscabo para as excelentes novelas presentadas a este premio, tivemos moi clara a escolla desde o primeiro momento, feito que deu como resultado unha rapida elección por unanimidade. Non hai dúbida de que os membros do xurado quedamos engaiolados polo sensitivo perfume a laranxa desta obra na que o lírico, o onírico e o simbólico se conxugan de xeito maxistral para dar lugar a unha novela fermosa».

A obra de  Marcos Calveiro,  premiada co Premio Merlín, narra a aventura iniciática de Amadou, un rapaz suahili que pertence a un clan de nómades. A obra, sólida e perfectamente estruturada, está construída a través de continuos flashbacks que van artellando a historia. Segundo os membros do xurado «os pulmóns de África respiran nas follas deste libro coa forza de todo o continente. A inclemencia do sol, a busca desesperada da auga, a sorte do alimento… E as mulleres, pedra angular das tribus africanas, e que nesta obra representan o sólido capaz sobre o cal descansa toda responsabilidade da supervivencia».

Tedes máis información da nova na renovada web da Editorial Xerais.