Arquivo do blog
Aa voces baixas
Todos os luns na Biblioteca Sagrada Familia temos o club de lectura. O horario da sesión é de 10.30 a 12h.
Este ano no “Club de lectura da Sagrada Familia” a segunda novela que limos foi de Manuel Rivas, “As Voces Baixas“. Gustou moito, porque a xente do club se sentía identificada coas súas vivencias, e a historia desenvolvíase na nosa cidade, véndose reflectidas nesa familia e nesa época.
Por outra parte, Manuel Rivas é un escritor moi recoñecido e querido en Galiza. Escollemos este libro en galego para fomentar que a xente do club coñeza a nosa língua, porque non era moi extenso e pareceunos moi emotivo.
Trátase dunha novela autobiográfica na que se mestura a realidade e a fición.
O humor e a dor están presentes ao longo de toda a obra. “As voces baixas” é un reflexo das persoas esforzadas na loita cotiá pola vida e que adoitan falar sen se deixar notar. Un bo exemplo é a súa nai, que falaba soa ou con voz queda.
Relata as súas vivencias na infancia e adolescencia xunto á´súa irmá María e os seus pais. Os primeiros anos de vida descorren en Monte Alto, na rúa Marola, e parte da súa infancia e adolescencia en Elviña.
Sitúase nos anos 60 ata 1975, nunha España franquista ata a morte do ditador, cando comeza a etapa da Transición. Nestes anos a liberdade de expresión, ser homosexual, ser anarquista ou comunista supoñía moitas veces a condena de sufrir o cárcere
Reflexa un sentimento nostálxico polos costumes e a vida tradicionais. Esta obra mostra personaxes e oficios que foron desaparecendo co tempo: lavandeiras, pescantinas, leiteiras… Resalta a imaxinación e a creatividade nos xogos dos nenos.
As tradicións e as romerías formaban parte da diversión da xente, compartíase cos veciños e coa familia: cabezudos, samaín, a matanza do porco… Tamén relata como primeiro a radio e despois o invento da televisión supuxo una revolución na vida da xente.
O autor cóntanos o vínculo que o unía coa súa irmá María (que morre de cancro), ambos comparten a paixón pola lectura e a política.
Fai un percorrido pola súa xuventude, o seu instituto, o primeiro traballo (no Ideal Galego), a súa decisión de estudar xornalismo en Madrid, a seu sentir para converter o seu soño en realidade: ser escritor. E así cumprir coa teima da súa nai “buscar un traballo no que non se mollase“
Esta obra e o resto da produción literaria de Manuel Rivas pódese atopar no Cascarilleiro, catálogo en liña das Bibliotecas Municipais da Coruña.
Celebración do “Día mundial do Teatro” co Club de Lectura de Monte Alto.
O 27 de marzo celébrase o “Día mundial do Teatro” e, despois de ensaiar có grupo algunhas lecturas dramatizadas, unhas cantas valientes atrevéronse a facer unha pequena representación de “fin de curso”. Coa inestimable axuda de Manolo Sánchez, Sofía, Juana, Elena, Marisé e Cuca levaron a cabo unha representación digna de Broadway e, sen demasiados medios nin atrezzo, foron capaces de meternos na escola de Moncho (o protagonista) e na súa aldea. A obra escollida foi unha estupenda adaptación teatral feita por Manolo da película “A língua das bolboretas“, de J. L. Cuerda, inspirada en tres relatos do libro “Qué me queres, amor“, de Manuel Rivas. Tanto o libro coma a película están traducidos a varios idiomas e todos coñecíamos a historia, pero vela representada polos compañeiros foi moi emotivo. Ante un público absolutamente entregado, as nosas actrices debutaron con éxito absoluto. Parabéns a todas e a nosa gratitude eterna para Manolo Sánchez, que fixo de director, guionista e narrador. Aquí queda o documento gráfico.
A opinión dos nosos lectores conta
Nas nosas Biblioteca Municipais a túa opinión conta….
Algúns dos nosos lectores e usuarios fixeron uso das suxestión de compra e froito delas mostramos as formalizadas nas Biblioteca Municipal Os Rosales, Monte Alto durante o pasado mes decembro que finalmente foron incorporadas á nosa colección:
- Hugo Chávez : mi primera vida : conversaciones con Ignacio Ramonet
- O raposo e a mestra / Manuel Rivas ; ilustracions de Jacobo Fernandez Serrano.
- Todos somos / Marcos Calveiro
- La redención de Gabriel / Sylvain Reynard
- El lugar más feliz del mundo/David Jiménez
- La cocinera de Himmler/ Franz-Olivier Giesbert
- Autofácil ( Revista de coches)
Vos tamén podesdes suxerir a compra de materiais para incorporar os fondos das nosas bibliotecas en calquer comento a través dos servizo de petición de compra/desidertas. Deste xeito , podesdes solicitar a compra dun libro, un disco, unha película ou recomendarnos tamén a incorporación dunha revista ou dun xornal.
É recomendable que antes de formular calquera desiderata ou suxestión de compra o usuario comprobe que o que solicita non esté xa no noso catálogo.
Cómo facer unha petición de compra á biblioteca
Se queres formalizar unha suxestión de compra ou desiderata podes facelo de dous xeitos:
- Persoalmente, acudindo a algunha das nosas oito bibliotecas, cubrindo un formulario de petición de compra
- Electrónicamente, a través da páxina web de Bibliotecas Municipais de A Coruña cubrindo os campos do formulario.
- Dende a biblioteca onde se formalice a petición de compra sempre se emitirá unha resposta, tanto se a suxerencia é aceptada como se se rexeita a petición, explicando tamén o seu motivo.
No caso de levarse cabo a compra do material e incluirse na colección, o solicitante terá o prioridade para poder levalo en préstamo.
As vosas recomendacións tamén nos interesan, por iso convidámosvos a que nos sigades na nosa conta de Twitter @bibcoruna co noso hashtag #recomendamosbmc onde tanto nós, os profesonais bibliotecarios, como vós, os nosos lectores facemos recomendacións persoais sobre libros, películas, música etc.
Libros en Directo: encontro con Agustín Fernández Mallo
Este xoves, 30 de xaneiro ponse en marcha un novo ciclo de Libros en Directo. Tralas visitas de autores como Luis Goytisolo, Alejandro Gándara e Javier Sierra neste novo comenzo de ano o ciclo de encontros con autores contará na súa primeira visita co escritor Agustín Fernandéz Mallo que estará acompañado tamén polo coruñés Manuel Rivas.
O ciclo continuará no escenario habitual, o auditorio do Centro Ágora ás 20.30 horas. No vindeiro mes sumaranse a estos encontros con autor os escritores, Eduardo Punset, Valeire Tasso e Eloy Tizón
Nesta cita do vindeiro xoves, Agustín Fernández Mallo presentará a súa última novela Limbo.
Agustín Fernández Mallo (A Coruña, 1967) é físico e escritor afincado en Palma de Mallorca. É un dos membros máis destacados da chamada Xeración Nocilla, Xeración Mutante ou Afterpop, denominación máis popular procede do título dunha serie das súas novelas.
Esta última novela de Fernández Mallo, tan só leva excasamente unha semana nas librerías.
Unha muller relata, cunha frialdade abraiante e atendendo a detalles inéditos, o secuestro ao que foi sometida en México DF. Unha parella atravesa Estados Unidos en coche á busca dun quimérico e remoto Son do Fin. Dous músicos encérranse nun château do norte de Francia para compoñer e gravar a súa obra definitiva. Estes son os protagonistas do Limbo de Agustín Fernández Mallo.
Atopamos tres historias que se van entrelazando a medida que leemos. Aventura, amor, morte, supervivencia, medo, a idea do clon e as duplicidades son algúns dos temas que, según sabemos por parte de súa editorial, Alfaguara, abórdanse neste puzle armado con pezas extraídas de diferentes caixas.
No estoy segura de que él estuviera dispuesto a bajar a las profundidades a las que hay que bajar para mirar a los ojos a una secuestrada y ver la clase de monstruo allí depositado. A veces he pensado que debe de ser similar a contemplar los ojos de un animal disecado que de pronto hubiera regresado a la vida
Os Nosos Club de Lectura
Os nosos clubs de lectura acudirán ó encontro de estrea e terán a oportunidade de interacturar co autor. Os integrandes dos clubes tiveron a oportunidade de disfrutar e analizar algunhas das súas obras, entre as que ocupa un lugar destacado Proyecto Nocilla .
Nas nosas Bibliotecas Municipais contamos coas seguintes obras de Agustín Fernández Mallo:
– El hacedor (de Borges)
– Nocilla dream
– Postpoesía : hacia un nuevo paradigma
– Yo siempre regreso a los pezones y al punto 7 del tractat
Recordámosvos que nas nosas Biblioteca Municipais podedes atopar as obras deste autores. Para comprobar a disponibilidade consulta a noso catálogo.
OS LIBROS ARDEN MAL. Manuel Rivas
A cidade que le,lema de promoción cultural na nosa cidade, apareceu en forma de cartaces e proxectos de animación e achegamento á lectura hai un par de anos, pero tamén foi unha das referencias que desapareceron do noso antigo escudo histórico. Di Manuel Rivas en Os libros arden mal que no vello escudo da Coruña figuraba un libro aberto ao pé da torre e que daba medida da grande importancia da cultura e da lectura no noso lugar, onde tanto o faro como a caveira do xigante Xerión, acoutaban a nosa historia. Co tempo e cos avatares da historia ese libro desapareceu e, con el, outros moitos máis, os libros palpables e reais. Ardidos, queimados, expoliadas as bibliotecas e, por tanto, ceifados os camiños da cultura dunha xeración secuestrada e incerta.
Os libros arden mal, pero arden e con este auto de fe da Falanxe en pleno agosto do 36, a queima cruel e desapiadada, queimáronse as raíces do pensamento e da formación futura.
Con esa fotografía das pías fumegantes de libros, da queima vixiada polos falanxistas, armados e co brazo en alto, Rivas comeza unha novela polifónica, poliédrica, que crea un mosaico de memoria xunto coa xente e os tixolos da cidade, recanto a recanto toda Coruña vai tomando unha voz de séculos que declarao seu auxe e a súa caída.
Cando un grupo de mozas e mozos republicanos van debullando as súas historias e entrelazándoas, asistimos á reconstrucción dunha cidade e o seu desenvolvemento a través dunha guerra que pasou de refilón para uns e de cheo para outros, prantexando a reconstrución da esperanza e da formación dos plans de futuro a través do medo, da fuxida, da emigración, da volta ao pasado.
O expolio das bibliotecas públicas e dos ateneos culturais e das coleccións privadas –como a de Casares Quiroga, na rúa de Panadeiras- constitúe a grande metáfora que é a espiña dorsal de OS LIBROS ARDEN MAL, a queima do futuro e das posibilidades dos novos, a desaparición de toda referencia para o pensamento, a formación e promoción das vindeiras xeracións tras da postguerra, caídas na involución e o retroceso cara ao que cada guerra nos leva –ou nos devolve-, no banzo primeiro da inxustiza e da incerteza que veñen da ignorancia forzada.
Polca o gaiteiro enterrador, o cantante Terranova, a misteira Olinda e a súa filla lavandeira e clarividente Ó, os boxeadores Arturo da Silva e o Hércules do Papaigaio, amigos que se crían na cultura das ruelas da antiga pescadaría, van dando testemuña dos anos previos á guerra, da placidez e os recursos que se atopan na liberdade e de cómo se destrúen todos os camiños e as unións cando estoupa a guerra, a caza, como di un dos protagonistas, que a guerra se convirte nalgúns lugares nunha auténtica caza.
No bando contrario, en non querendo falar de vencedores e vencidos, un censor que odia tanto os libros como lle fascinan, un xuíz co degoro de atopar a Biblia de Borrow pero tamén de destacar por riba de canto se lle poña diante, a súa muller, Chelo Vidal, unha pintora que reflicte o espírito de traballo e de sacrificio das mulleres pero tamén encarna a idea de liberdade e progreso. E, entrementres, personaxes reais que conforman os ganduxos deste lenzo, o ditador de corpo presente, o pintor Urbano Lugrís, Sada, cos seus “atentados” de pinturas no Azor, o ideólogo nazi Carl Schimdt, e o grande prexudicado do cambio de tercio, o perseguido até o expolio e a aniquilación do seu nome e a súa sombra: Santiago Casares Quiroga.
Novela dura pero fluida, novela río de seu, traza con rapidez unha senda que aos de aquí nos fascina e nos atrapa polo efecto espello que provoca a identificación para o lector se se presinte no que se narra. Recoñecemos os lugares, sóannos os nombres e as anecdotas, ás veces voltas a enlear polo tempo, máis cargadas de tintas e de esaxeración, pero recentes aínda no noso patrimonio intanxible.
Curioso ver como os aparentemente inconexos capítulos iniciais nos levan até unha confluencia no auto da queima, todos os protagonistas xiran arredor do lugar das follas ardendo e do fume, dalgún xeito chegaron alí para ollar, para doerse ou tratar de rescatar unha ínfima memoria, o olor das páxinas queimadas grabado para sempre no narís, os libros como despoxos de animais mortos, e alguén que recoñece unha capa coñecida, que arrisca a punta dos dedos nas brazas, que fica luxado co tisne, pero que aínda sabe que os libros arden mal, pero que nos fan vivir e que nos salvan.
OS LIBROS ARDEN MAL É UNHA DAS NOVELAS GALEGAS MÁIS PREMIADAS DE TODOS OS TEMPOS:
- VII Premio Libro del Año 2006: O Gremio de Libreiros de Madrid
- Premio Antón Losada Diéguez 2007, modalidade literaria (organizado este ano polo Concello do Carballiño)
- XXX Premio da Crítica-Galicia 2007
- Premio da Crítica Española 2006 dentro do apartado de galego na modalidade de narrativa:
- Premios da Asociación Galega de Editores : Premio Anxel Casal ao libro do 2006 e Premio Xosé María Álvarez Blázquez ao autor/-a do 2006.
- XVI Premio Irmandade do Libro da Federación de Libreiros de Galicia (libro do ano) 2007.
MANUEL RIVAS na wikipedia http://gl.wikipedia.org/wiki/Manuel_Rivas
Manuel Rivas en El poder de la palabra http://www.epdlp.com/escritor.php?id=2214
Manuel Rivas reúne no libro «O máis estraño» relatos coñecidos e outros inéditos
Manuel Rivas reúne en “O máis estraño” publicado por Xerais, o seu novo libro, unha colección de contos nos que inclúen algúns dos relatos que acadaron identidade fóra dos libros, como A lingua das bolboretas, e outros textos que aínda non viran a luz dos lectores. Rivas presentou en Madrid a tradución ao castelán deste mesmo volume (Lo más extraño, publicado por Alfaguara).
<Segundo o autor, os contos incorporados a esta recompilación de textos non están «reescritos», pero si que se presentan aos lectores «cunha revisión estilística» para que vaian cos tempos. En calquera caso, Rivas, segundo explica, non quixo volver escribilos. «Tamén resistín a tentación de deixar de lado aqueles que xa non me gustan como cando os escribín», afirmou o escritor.
Manuel Rivas e Ana Romaní levan os premios de narrativa e poesía

Os libros arden mal
Os libros arden mal saíu do prelo o 24 de Xuño do 2006, día do San Xoan. Pola noite. Ó saltara sete veces o lume das cacharelas na praia do Orzán. Pola mañá, lavou cara e corpo con auga de romeiro, ruda, herba luísa, menta, herba boa, malva, e herba da Nosa Señora, na que margullou tamén unhas rosas brancas, silvestres, fillas como quen dí da silveira.
Esta frases aparecen en la página final del libro como certificado de nacimiento del mismo “na noite de San Xoan” . Y sus primeros pasos, saltar siete veces las “umeradas” de esa noche “meiga” en laplaya del Orzán. Ya de madrugada se blinda contra “toda bruxería” lavando la cara y el cuerpo con el agua que describe. No hay duda de su origen. A Coruña. Galicia.
Y por medio de las historias que nos va contando va desgranando como era por dentro aquella ciudad. Como eran la mayoría de sus habitantes y los habitantes que la rodeaban y acudían a ella diariamente a desarrollar sus quehaceres mezclándose con los que la moraban. En su mayoría eran trabajadores, con una educación básica que apenas abarcaba el leer, escribir y las cuatro reglas y aún así portaban una cultura popular y social importante. Gente abierta al mar y a lo que del mismo se extrae. No solo productos alimenticios de primera calidad, también ideas y modos de vivir de allende, de otras tierras lejanas, dadas a conocer por los que continuamente hacían escala en su puerto. Para ellos no eran extrañas las ideas progresistas ni su defensa. De ésto quedan pruebas en nuestro camposanto de San Amaro donde se pueden ver las tumbas de aquellos que murieron por ellas. Camposanto también al borde del mar como si quisiera recordarnos a todos que ese elemento es el que configura y justifica nuestra existencia como urbe y reclama estar presente en nuestro postrero viaje. Es de justicia dejar que su salitre impregne la tierra que nos cubre y con la que nos fundiremos eternamente.
Estos relatos y cuentos se entretejen y se mezclan huyendo de la habitual forma capitular. En ellos sus personajes nos dicen de sus afanes, sus alegrías, miedos, juventud y vejez, amistades y enemigos. En definitiva nos dan cuenta de su vida y muerte. Abarcan un dilatado espacio de tiempo, 1881 a 2006, con especial incidencia en el periodo de la Guerra Civil, o mejor, en los años de la posguerra gallega. Es Galicia lo que siempre esta presente en las novelas de Manuel Rivas. Son sus gentes los protagonistas de sus textos.
Nos enfrentamos a una lectura que requiere pausa. No es que su trama sea complicada ni liosa, es que es muy rica en matices, en juegos de palabras. Además anima al lector a investigar sobre aquello que cuenta y que le resulte interesante o poco conocido. Todo sobre lo que escribe es para nosotros cercano en el tiempo y en el espacio. Ha pasado aquí y aún hay gente que lo recuerda, bien porque lo vivió, bien porque lo escuchó de boca de un protagonista o un observador. Nada de lo que dice nos debe parecer extraño o lejano. El pasado y el presente tienen una relación próxima y concomitante haciendo más interesante y a la vez emocionante los relatos que dan vida a la obra.
El quemar libros nos es nuevo. Viene de muy antiguo. Siempre los libros han tenido la virtud de dejar en letra impresa los pensamientos humanos. De hacerlos perdurar en el tiempo mucho después de que sus autores hubiesen desaparecido. Son las actas de la Historia con todos sus defectos y versiones; sin ellos esa palabra quedaría roma. También aquí se relata una quema de libros. Los lugares elegidos para tal finalidad no pudieron ser más céntricos ni emblemáticos, la dársena de la Marina,la Plaza de María Pita. Al lado del mar. Como si los que lo hicieron quisiesen aventar todas aquellas ideas y maneras de relacionarse que por esa vía nos llegó. La existencia de este texto indica claramente que no lo consiguieron.
Espero que el libro tenga en nosotros varias influencias. Por una parte recordar como fue nuestra reciente historia, la de aquí mismo, no la general. Que haga que conozcamos pasajes y hechos poco o nada explicados ayudándonos a reflexionar y aprender para que no vuelvan a darse situaciones como las vividas por aquellas generaciones en las que algunos nos podemos incluir.
Manuel “Manolo” Rivás Barrós es un escritor, poeta, ensayista y periodista español cuya obra se desarrolla fundamentalmente en lengua gallega, aunque también escribe artículos en castellano para el diario El País.
Nació el 24 de Octubre de 1957 en la calle Maroladel barrio de Montealto en A Coruña. Estudió secundaria en el IES de Monelos. Desde hace muchos años vive en Vimianzo. La totalidad de su obra literaria está escrita originalmente en gallego, salvo los mencionados artículos escritos para El País. Su libro de cuentos ¿Que me quieres, amor? incluye el relato de “La lengua de las mariposas“, que sirvió de base para el guión de la película homónima. Tiene una extensa bibliografía, relatos como Ella, maldita alma; La mano del emigrante; Las llamadas perdidas. Novelas cortas como Los comedores de patatas; El lápiz del carpintero (Premio de la Crítica española y llevada la cine por Antón Reixa) y En salvaje compañía.
Sus últimas obras son El héroe, teatral; Los libros arden mal, novela; Os Grouchos, un ensayo periodístico. Muy recientemente ha salido su novela, Todo es silencio, en la que aborda el tema del narcotráfico en esta tierra gallega. Esta recopilación de títulos es indicativa y no abarca la totalidad de sus escritos.
Junto con Suso del Toro es la cabeza visible de una generación de narradores gallegos con amplio eco de crítica y publico en España.
En cuanto a su obra periodística, buena parte de sus mejores reportajes están compilados en El periodismo en un cuento, usado como libro de texto en numerosas facultades de Ciencias de la Información, así como en los volúmenes Toxos e flores; Galicia, el bonsai atlántico; Galicia, Galicia; Mujer en el baño y Una espía en el reino de Galicia.
Periodista desde los quince años ha trabajado en diversos medios de prensa, radio y televisión. Ha sido socio fundador de Greenpeace en España, ocupando cargos directivos en su organización durante varios años. Durante la tragedia del Prestige participó en la creación de la plataforma ciudadana Nunca Mais. Esta casado y es padre de dos hijos, varón y hembra.