Arquivo do blog

Sin noticias de Gurb, Eduardo Mendoza

No club de lectura de Monte Alto tivemos a oportunidade de ler un dos escritores máis coñecidos e internacionais das letras españolas: Eduardo Mendoza.

Eduardo Mendoza (Feria del Libro de Madrid, 6 de junio de 2008).jpg

Eduardo Mendoza. Imaxe de Wikipedia (Mr. Tickle)

Eduardo Mendoza naceu en Barcelona en 1943. Tras licenciarse en dereito en 1965 pola Universidade Autónoma de Barcelona, viaxa por Europa e consegue unha beca en Londres para estudar socioloxía. Ao seu regreso en 1967, exerce a avogacía ata que en 1973 marcha a Nova York como tradutor da ONU.

É alí, nos Estados Unidos, onde publica en 1975 a súa primeira novela, La verdad sobre el caso Savolta (libro varias veces incluído como lectura obrigatoria na antiga selectividade galega). O título orixinal era Los soldados de Cataluña, que tivo que cambiar por mor da censura franquista. Este libro lánzao á fama, e é considerado por moitos como a obra precursora do cambio que daría a sociedade española e como a primeira novela da transición democrática.

Non obstante, Mendoza é coñecido tamén polo humor das súas composicións. El misterio de la cripta embrujada (1979) dá inicio ás obras que revelan esta faceta do autor, que terá continuación en El laberinto de las aceitunas (1982), La aventura del tocador de señoras (2001) e El enredo de la bolsa y la vida (2012).

En 1983 Eduardo Mendoza regresa a Barcelona, pero segue a gañarse a vida facendo traduccón simultánea en organismos internacionais. En 1986 publica La ciudad de los prodigios, novela na que amosa a evolución social e urbana de Barcelona entre as dúas exposicións universais de 1888 e 1929. Esta novela está considerada pola crítica literaria como a súa obra cumio, obtendo varios premios e sendo adaptada ao cine en 1999.

En 1990 comeza a publicar no xornal El País unha historia por entregas dun extraterrestre que aterra na Barcelona previa aos Xogos Olímpicos de 1992, que se convertirá en libro un ano despois, Sin noticias de Gurb, onde volve facer gala do seu hilarante humor.

As súas novelas superan a decena e tamén cultivou outros xéneros coma o relato, o ensaio ou o teatro.

Tú no sabes quién era Franco, con él no había libertades ni justicia social, pero daba gusto ver la televisión

Eduardo Mendoza

sin noticias de gurb (ed. conmemorativa 20 aniversario)-eduardo mendoza-9788432296994

Aínda que non todos os e as asistentes ao club comparten o particular humor deste autor, o libro escollido, Sin noticias de Gurb, deu para unha sesión moi activa, onde puidemos debater e falar de moitos temas que aparecen na novela, entre eles:

  • Humor negro para criticar a sociedade, tratando temas coma a diferenza de clases, o machismo, o amor ou mesmo os tópicos dos pobos de España (retranca catalá?).

Porque los catalanes siempre hablan de lo mismo, es decir, de trabajo… No hay en la Tierra gente más aficionada al trabajo que los catalanes. Si supieran hacer algo, serían los amos del mundo.

Sin noticias de Gurb, Eduardo Mendoza

  • Uso da repetición, a hipérbole e o absurdo para crear ese humor.

15.02. Me caigo en una zanja abierta por la Compañía Hidroeléctrica de Cataluña.

15. 03. Me caigo en una zanja abierta por la Compañía de Aguas de Barcelona.

15. 04. Me caigo en una zanja abierta por la Compañía Telefónica Nacional.

15. 05. Me caigo en una zanja abierta por la asociación de vecinos de la calle Córcega.

Sin noticias de Gurb, Eduardo Mendoza

  • O éxito inesperado da novela por parte do autor, que el mesmo explica no prólogo desta edición conmemorativa.

Pasamos unha tarde moi entretida grazas aos avatares do pobre Gurb.