Arquivo do blog

Presentación da obra “La agenda de Héctor”, de Álex Oviedo

Este mércores 19 de marzo terá lugar na Biblioteca Municipal Ágora a presentación da novela “La agenda de Héctor”, de Álex Oviedo.

La agenda de Hector

Editada en febreiro de 2014 por Verbum, esta novela da vida cotiá fala, en palabras do seu propio autor, de

“amores primeirizos, de decepcións, de ilusións perdidas, de amigos aos que un segue case a cegas, de búsquedas obsesivas dun amor que nunca é como imaxinas. Tamén de soños, de universidade, de profesores que non aportan nin un gramo de sabedoría dende os seus púlpitos, de compañeiros que buscaban aprobar por riba de todo. E de recordos, fundamentalmente de recordos dun tempo que xa non é por moito que intentemos que volva”.

No acto de presentación da obra intervirán Francisco Castro e Álex Oviedo, autor da novela, quen lerá pasaxes da mesma e explicará con detalle a intencionalidade da súa literatura.

Álex Oviedo -nado en Bilbao no ano 1968- é escritor, periodista e deseñador gráfico. Dende o ano 2007 dirixe o blog literario Escritores Vascos e conta xa na súa traxectoria con catro obras publicadas: El unicornio azul (Hiria, 2005), Las hermanas Alba (Bassarai, 2009), El sueño de los hipopótamos (Libros de Pizarra, 2011) e La agenda de Héctor (Verbum, 2014).

Se queredes descubrir un chisquiño máis sobre o autor e sobre a súa obra, acercádevos á Biblioteca Municipal Ágora.

Agardámosvos o mércores 19 de marzo ás 19.00 horas!