Arquivo do blog

Fina Casalderrey e Francisco Castro visitan El Clú

Como xa adiantabamos no post da nosa última sesión desde ElClú e a Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil convidámosvos a toda/os a nosa próxima sesión o sábado 23 de novembro ás 11.30h, para coñecer a Francisco Castro e Fina Casalderrey, autores do último libro lido polos membros de ElClú, O neno can.

Fina Casalderrey e Francisco Castro

Un libro cunha cabeza, dous corazóns, catro mans, cinco relatos e un destino, teremos a ocasión de escoitarlles falar de como naceu este libro, e a oportunidade de preguntarlles todas as dúbidas, curiosidades… que nos puideron xurdir por mor da lectura destas cinco historias reais e moi duras, que non nos deixaron indiferentes.

O neno can, publicado a favor de UNICEF, foi incluído na lista de Honra de Documentación para Nenos con Dificultades Especiais do Centro IBBY, lista de libros destacados polo seu tratamento da discapacidade.

Sábado 23 de novembro as 11.30 h, esperámosvos!!

Lembrade que nas  Bibliotecas Municipais podedes levar en préstamo esta e outras obras dos autores. Comproba a súa dispoñibilidade no noso catálogo.

catalogo1

O Neno Can de Fina Casalderrey y Francisco Castro

Este sábado 9 de Noviembre comenzamos a trabajar con un nuevo libro:  O neno can de Fina Casalderrey y Fran Castro. Este libro editado por Galaxia en el año 2012 está incluido en la lista de Honor de Documentación para Niños con Dificultades Especiales del Centro IBBY, lista de libros destacados por su tratamiento de la discapacidad.

A través de las historias que aparecen en O Neno Can se reflejan varios de los derechos fundamentales de los niños que cada día se ven vulnerados en diferentes partes del mundo, incluido nuestro país. Este libro se ha editado en colaboración con UNICEF por lo que la editorial Galaxia donará parte de los beneficios de la venta del libro a esta entidad.

SINOPSIS:
o-neno-canO neno can, contiene cinco relatos protagonizados por niños y niñas en situaciones de marginalidad. Cada relato va precedido de un artículo de la Declaración Universal de los Derechos del Niño y se cierra con la cita de un intelectual, que enmarca el sentido de cada relato.

Aakesh pasa hambre y busca comida para alimentar a su abuela y a él. Nadim y Altair, dos hermanos, sufren la explotación de un grupo de desalmados que los utiliza para lucrarse a su costa; Kai ha perdido su casa y a su hermano mayor después de un terrible ciclón, y nadie lo busca ni lo llama por su nombre; en otro lugar, Leila va a casarse con un hombre de la edad de su padre; y por último, Carlos, un niño de un entorno más favorable, tiene que luchar por vivir como un niño más a pesar de moverse con una silla de ruedas.

En esta sesión, trabajamos con los derechos de la infancia, y conocimos entidades que trabajan para que esto se cumpla, como es el caso de UNICEF. Descubrimos, a partir de la lectura del libro historias reales de niñas y niños del mundo que viven en una situación de clara desventaja: no pueden ir a la escuela, tienen que trabajar, son obligados a mendigar …

El material con el que trabajamos aparece recogido en un Prezi. Uno de los vídeos que vimos obtuvo el premio en Cannes por mejor video publicitario, dentro de una campaña en contra de la explotación infantil. Nos gustaría compartirlo con vosotros, ya que nos impresionó a todas/os.

Además supimos que tenemos la enorme suerte de contar con la presencia de Fran y Fina en nuestra biblioteca, y que los miembros de ElClú recibirán a estos dos magníficos escritores el próximo sábado 23 de Noviembre. A este evento por supuesto están invitadas todas aquellas personas que quieran conocer a los autores de O neno can. Os prometemos una mañana de sábado entretenida y diferente.

Calendario "El Clú"

Obradoiro de escritura creativa impartido por Francisco Castro

Se tes entre 12 e 16 anos e che gusta escribir, os días 11 e 18 de novembro ás 19:30 h. tes unha cita na Biblioteca do Forum Metropolitano con Francisco Castro, que impartirá un obradoiro gratuito de iniciación á escritura centrada no desenvolvemento da creatividade, a experimentación literaria e o pracer de escribir.

Francisco_Castro

Concibido desde unha perspectiva lúdica e moi participativa, os asistentes teredes a oportunidade de plasmar sobre o papel todo o que caiba na vosa imaxinación, literaturizar vosa vida, xogar a crear mundos coas palabras, escribir poemas, relatos e contos a partir de actividades sorprendentes. En definitiva, a gozar da experiencia literaria e da creación escrita porque desde o minuto uno do obradoiro escribiredes literatura.

Francisco Castro proporcionaravos actividades que actuarán como catalizadores da creatividade. Despois, sobre os resultados obtidos (os poemas, os relatos, a descrición dos personaxes, a literaturización dalgún aspecto da realidade), será o momento de teorizar e mostrar como grandes autores e autoras da literatura universal construían o seu universo de ficción.

O Obradoiro é eminentemente práctico e participativo e ten como obxectivo escribir e gozar do feito de crear literatura, así como aprender as técnicas básicas da creación literaria.

Non o penses máis e incríbete! Tes ata o 5 de novembro para apuntarte. Pásate pola Biblioteca Forum, chámanos ao Teléfono 981184298 ou envía un correo electrónico a bforum@coruna.es indicando os teus datos.

Francisco_Castro

Francisco Castro (Vigo, 1966) é escritor, profesor, bloguero e coordinador de Novos Proxectos na editorial Galaxia. Leva moitos anos traballando no campo da comunicación e a xestión cultural. É asiduo colaborador de diversos medios de comunicación galegos como cronista cultural, e foi un dos primeiros autores en promover o uso de Internet como motor para animación á lectura e o debate cultural desde o seu concorrido blog: A canción do naúfrago.

A súa carreira como escritor comezou en 1991 coa publicación de “Amor de cinema”, ao que lle seguiron “Play-Back” (Premio Lueiro Rei de Novela Curta, 1997), o libro de relatos eróticos “Xeografías” (finalista do Premio de Narrativa Erótica Positivas, 2001), os relatos da canción do náufrago, ambos de 2001, e a novela histórica “Memorial do infortunio”. En 2004 publicou “Xeración perdida”, novela coa que introduce ao lector no mundo das drogas. Recibiu en 2006 o Premio Branco Amor de novela longa con “Spam”. Como articulista, recibiu o Manuel Reimóndez Portela polos seus traballos de animación á lectura. En 2007 resultou gañador do Premio de Novela Manuel García Barros co texto titulado “As palabras dá néboa”, do que o xurado destacou “un discurso narrativo orixinal cunha proposta nova de novela histórica”.