Arquivo do blog

Concerto acústico de Sés con Mª Xosé Silvar e Tito Calviño na Biblioteca Municipal Fórum

Concerto acústico de Sés con Mª Xosé Silvar e Tito Calviño na Biblioteca Municipal Fórum

 

Maria José Silvar e Tito Calviño
Concerto acústico o sábado 16 de abril ás 19.30 h na Biblioteca do Forum
María Xosé Silvar presenta os temas de Sés en formato acústico, acompañada de Tito Calviño á guitarra. María e Tito levarán o seu ritmo á Biblioteca do Fórum Metropolitano. Un proxecto en feminino no que o carácter, a forza e a creatividade de María Xosé rompe o molde da muller na música galega. A entrada é libre ata completar aforamento.

Biblioteca do Fórum: ciclo de conferencias En feminino

Forum para blogTodos os martes do mes de febreiro, con motivo da reinauguración da Biblioteca do Fórum, e dentro das actividades de “Biblioteca do Fórum: estamos de volta“, desenvólvese o ciclo “En feminino”, todas elas dirixidas a público de máis de 14 anos e con entrada libre até completar capacidade:

– Martes 8. 19:30 h. “Moita poesía, pouca diversión”, con Lucía Aldao e María Lado. Peza híbrida e pouco convencional na que mesturan poesía desenfada, música e performance, que pretende chamar a atención daqueles que miran a poesía de reollo. Para iso sérvense da provocación, que só encerra unha verdade: para elas a lectura de poesía non pode ser algo que adormeza ao espectador. Partindo deste presuposto Aldao e Lado presentan un recital de poesía ameno, dotado de ritmo e comunicación aberta co espectador, no que este adquire ademais un papel activo.

– Martes 15. 19:30 h.: “Recital multimedia”, con Yolanda Castaño. As novas tecnoloxías ao servizo da poesía desta recoñecida autora.

– Martes 22. 19:30 h.: “O porto da Coruña e a emigración de mulleres. Intertítulos para tres historias”, por Dores Tembrás, no que se xunta historia e narración para acceder á verdade.

– Martes 1 de marzo. 19:30 h.: “Entre o universo e a tinta”, por Estíbaliz Espinosa, coa rigorosa profundidade desta poeta na súa abordaxe da relación entre literatura e realidade.