Arquivo do blog

Libros en directo: José C. Vales

Este xoves 19 de febreiro teremos a oportunidade de escoitar ao escritor e tradutor José C. Vales no Ciclo de Encontros con Autores Libros en Directo, organizado polo Centro Ágora e presentado como ven sendo habitual por Pedro Ramos.

A Vales (Zamora, 1965), licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Salamanca, coñecémolo principalmente pola súa traxectoria como redactor, editor e tradutor. Na súa andaina destacan traballos de edición e tradución como Cuentos de Navidad de Charles Dickens (Espasa, 2011), Las torres de Barchester (Espasa, 2008), Orgullo y prejuicio de Jane Austen (Austral, 2013), Frankenstein de Mary Wollstonecraft e Percy B. Shelley (Espasa, 2009) e os clásicos de Wilkie Collins La piedra lunar Armadale, publicados en 2007 e 2008 en Verticales de Bolsillo-Belacqva.

Jose Vales en libros en directo

No ano 2013 publicou na editorial Planeta a súa primeira novela El pensionado de Neuwelke, que narra a extraordinaria historia dunha institutriz francesa durante a súa estancia nun remoto internado en Livonia.

A súa segunda obra como autor, Cabaret Biarritz, foi recentemente galardonada co Premio Nadal 2015.  A novela narra os dramáticos acontecementos do verán de 1925 na localidade vacacional de Biarritz onde se reunía a nobleza europea e onde tanto o glamour como a depravación dábanse cita nos salóns e nos antros máis infames. 

Nas Bibliotecas Municipais da Coruña podedes atopar ambos títulos, consultade a súa dispoñibilidade no noso catálogo.

Obras de Jose C Vales

E se queredes descubrir máis detalles sobre José C. Vales e a súa obra…

lembrade que o xoves 19 tendes unha cita!!

Despídome, para ir abrindo boca, cunha cita extraída da obra El pensionado de Neuwelke, que nos invita cando menos á reflexión:

En nuestro tiempo de realismos y descreimientos, apenas se atreve uno a declarar que el mundo es un lugar asombroso, lleno de misterios y maravillas incomprensibles; sin embargo y por fortuna, el mundo no es tan simple y tan vulgar como creen quienes son incapaces de asombrarse ante el agua, una manzana o una luciérnaga. Si los simplistas se permitieran un instante de reflexión, admirarían esos objetos con un asombro cercano al anonadamiento. Además, el mundo no sólo es maravilloso, enigmático y misterioso, sino que parece la mismísima imagen de una fertilidad desbocada, repleta y llena de miles y millones de objetos y seres, formando un caos que sólo la presunción y el envanecimiento pueden considerar sometido al imperio de la razón y la ciencia. Por fortuna más que por desgracia, nuestro universo es caótico, azaroso, incomprensible y sorprendente, y no admirarse ante el monumental desconcierto de la vida sólo revela una cierta incapacidad para gozar de ella.

Libros en directo: Pilar Eyre

O ciclo de encontros con autores Libros en Directo comeza a súa cuarta tempada o xoves 22 de xaneiro coa escritora e periodista Pilar Eyre. O encontro, presentado como ven sendo habitual polo escritor Pedro Ramos, terá lugar ás 20.00 horas no Centro Ágora.

Pilar Eyre en Libros en Directo

Eyre (Barcelona, 1951) estudou Filosofía e Letras e Ciencias da Información. Exerceu o periodismo como columnista, entrevistadora e reporteira en diversos periódicos e revistas como Hoja del Lunes, La Vanguardia, Interviú, El Periódico de Catalunya ou El Mundo. Colaborou tamén en varias emisoras de radio e televisión, sobre todo como analista e comentarista de crónica social.

A súa carreira como escritora comeza no ano 1985, cando se publica a súa obra Vips: todos los secretos de los famosos. A esta obra seguiranlle outras moitas: Todo empezó en el Marbella Club (1989), Callejón del olvido (1992), Mujeres veinte años después (1996), Quico Sabaté el último guerrillero (2001), Cibersexo (2002), Dos Borbones en la Corte de Franco (2005), Ricas famosas y abandonadas (2008), Ena la novela (2009), Pasión imperial (2010), María la Brava (2010), La soledad de la reina (2012), La reina de la casa (2012), Franco confidencial (2013) e Mi color favorito es verte (2014).

Con esta última novela, unha novela autobiográfica que narra a historia de amor dunha periodista cun reporteiro de guerra, foi finalista do Premio Planeta 2014.

No fondo bibliográfico das Bibliotecas Municipais da Coruña, podedes atopar:

  • Mujeres, veinte años después
  • María, la Brava
  • La soledad de la Reina
  • Mi color favorito es verte

Consultade a súa dispoñibilidade no noso catálogo:

Catálogo das bibliotecas municipais

E lembrade, se queredes descubrir máis detalles da súa última obra e da súa traxectoria como novelista…

tendes unha cita o xoves 22 no Centro Ágora!!

Libros en directo: Gonzalo Moure

O próximo martes 16 de decembro teremos a oportunidade de escoitar no Ciclo Libros en Directo ao recoñecidísimo escritor de literatura infantil e xuvenil Gonzalo Moure.

O encontro co autor terá lugar ás 20.00 no Centro Ágora e será presentado, como é habitual, por Pedro Ramos.

Gonzalo Moure en libros en directo

Moure naceu en Valencia no ano 1951, pero reside actualmente en Asturias. Estudou Ciencias Políticas na Universidade Complutense de Madrid e traballou como periodista no período comprendido entre 1973 e 1989, fundamentalmente na radio pero tamén en prensa, en televisión como guionista e en publicidade como creativo.

A súa primeira obra publicada foi Geranium, novela de ciencia ficción que figurou na Lista de Honra do Internacional Board on Books for Young People (IBBY) no ano 1994. Escribiu máis de vintecinco libros e foi galadornado con numerosos premios:

– Premio Barco de Vapor, por Lili, Libertad (1996)

Premio Jaén por A la mierda la bicicleta (1993) e El bostezo del puma (1999)

– Premio Ala Delta, por Maíto Panduro (2001)

– Premio da Crítica de Asturias, por Yo, que maté de melancolía al pirata Francis Drake (2001)

– Premio Gran Angular, pola novela El síndrome de Mozart (2003)

Premio Primavera, por En un bosque de hoja caduca (2006)

Premio á Creación Literaria 2012 da Feira do Libro, a Lectura e as Industrias Culturais de Castela-A Mancha.

Nas Bibliotecas Municipais da Coruña podedes atopar estas obras e outras moitas de Gonzalo Moure. Consultade no noso catálogo a súa dispoñibilidade:

Catálogo das bibliotecas municipais

Cabe destacar ademais da súa obra, a labor de cooperación de Moure a través da Asociación de Escritores polo Sáhara-Bubisher, que manteñen unha rede de bibliobuses e bibliotecas nos campamentos de refuxiados Saharauis dende o ano 2008. O proxecto recibe o nome dun pequeno paxaro do deserto, que soporta altas temperaturas e que coa súa chegada anuncia as boas novas.

Se queredes descubrir máis detalles da vida, obra e proxectos de Gonzalo Moure, lembrade…

tendes unha cita o martes 16 no Centro Ágora!!!

Libros en directo: David Safier

O próximo mércores 3 de decembro teremos a oportunidade de escoitar ao escritor alemán David Safier no Ciclo de Encontros Libros en Directo, organizado polo Centro Ágora e presentado por Pedro Ramos.

Safier (Bremen, 1966) deuse a coñecer como guionista de series de televisión de éxito como Mein Leben un Ich (Mi vida y yo), Nikola y Berlin e Berlin. Foi galardonado co Premio Grimme e o Premio TV en Alemaña, e cun Emmy nos Estados Unidos. Actualmente vive e traballa en Bremen.

David Safier

Madito karma (2009), a súa primeira novela, foi un éxito mundial e leva xa máis de trinta edicións en español. Seguírona Jesús me quiere (2010), Yo, mi me contigo (2011), Una familia feliz (2012), ¡Muuu! (2013) e a recentemente publicada pola editorial Seix Barral 28 días (2014).

Nas Bibliotecas Municipais podedes atopar estas seis novelas de Safier, consultade no catálogo a súa dispoñibilidade:

Catálogo das bibliotecas municipais

E se queredes coñecer mais detalles sobre David Safier e a súa última obra, lembrade que tendes unha cita o mércores 3 de decembro ás 20.00 horas no Centro Ágora!!!

Libros en directo: Jorge Volpi

O ciclo de encontros con autores Libros en directo continúa a súa terceira tempada co escritor mexicano Jorge Volpi.

Jorge Volpi en libros en directo

O encontro, presentado como é habitual por Pedro Ramos, terá lugar este xoves 20 de novembro ás 20.00 horas no Centro Ágora. Volpi presentará a súa nova obra Memorial del engaño, recentemente publicada na editorial Alfaguara.

Jorge Volpi naceu o 10 de xullo de 1968 en Cidade de México. É licenciado en Dereito, mestre en Letras Mexicanas pola Universidade Nacional Autónoma de México (UNAM) e doutor en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Salamanca. Traballou como diplomático en Francia, colaborou en diversos medios culturais como o xornal El País e Reforma e foi director do Canal 22 no período comprendido entre 2007 e 2011. Cultivou principalmente xéneros como o ensaio e a novela.

Nas Bibliotecas Municipais da Coruña atoparedes as seguintes obras de Volpi:

Podedes consultar a dispoñibilidade destas obras no noso catálogo:

OPAC

 

E se queredes ver a Volpi en directo e descubrir máis detalles sobre a súa traxectoria e a súa última novela… lembrade, a cita este xoves 20 no Centro Ágora!!

Presentación de O poder de Amabel e Xildas, na Biblioteca Municipal Ágora

Este xoves 7 de novembro terá lugar na Biblioteca Municipal Ágora a presentación de dúas obras dirixidas especialmente ao público infantil e xuvenil. Trátase de “O poder de Amabel”, de Érica Esmorís e “Xildas”, de Antonio Manuel Fraga Allegue.

Ambos títulos forman parte do catálogo de Sushi Books, editorial galega de recente creación e especializada en literatura infantil e xuvenil. Na presentación intervirán tanto Érica como Antonio e desvelarán algún que outro segredo de Amabel que busca o seu superpoder en “O poder de Amabel” e do trasno protagonista de “Xildas”.

Ademáis da presentación haberá tempo tamén para a firma de exemplares por parte de Érica e Antonio. Será unha tarde moi entretida, volo ides perder?

Agardámosvos na Biblioteca Municipal Ágora, o 7 de novembro ás 19.00 horas!