Arquivo do blog

Libros en directo: David Safier

O próximo mércores 3 de decembro teremos a oportunidade de escoitar ao escritor alemán David Safier no Ciclo de Encontros Libros en Directo, organizado polo Centro Ágora e presentado por Pedro Ramos.

Safier (Bremen, 1966) deuse a coñecer como guionista de series de televisión de éxito como Mein Leben un Ich (Mi vida y yo), Nikola y Berlin e Berlin. Foi galardonado co Premio Grimme e o Premio TV en Alemaña, e cun Emmy nos Estados Unidos. Actualmente vive e traballa en Bremen.

David Safier

Madito karma (2009), a súa primeira novela, foi un éxito mundial e leva xa máis de trinta edicións en español. Seguírona Jesús me quiere (2010), Yo, mi me contigo (2011), Una familia feliz (2012), ¡Muuu! (2013) e a recentemente publicada pola editorial Seix Barral 28 días (2014).

Nas Bibliotecas Municipais podedes atopar estas seis novelas de Safier, consultade no catálogo a súa dispoñibilidade:

Catálogo das bibliotecas municipais

E se queredes coñecer mais detalles sobre David Safier e a súa última obra, lembrade que tendes unha cita o mércores 3 de decembro ás 20.00 horas no Centro Ágora!!!

Valerie Tasso, nos Encontros con autor de Libros en Directo

O ciclo Libros en Directo volta ao  Centro Ágora  o vindeiro mércores 26 de marzo , ás 20:30 horas coa controvertida e televisiva sexóloga Valerie Tasso.

Unha vez máis os membros dos nosos Clubs de lectura , acudirán a cita de Libros en Directo: encontros con autor , para participar con Valerie Tasso   e o seu estilo directo, agudo e desenfadado do que augura ser unha tarde de confidencias, secretos e revelacións.

Valerie Tasso: de executiva a escritora , pasando por prostituta

Imagen de la escritora Valerie TassoEscritora de varios libros de  éxito, está francesa nada en  1969 e actualmente afincada en Barcelona,  é Licenciada en Ciencias Económicas  e  Línguas Extranxeiras Aplicadas, ten un Máster en Dirección de empresas pola universidade de Estrasburgo, un postgrado de sexoloxía pola Universidade Alcalá de Henares de Madrid, e fala cinco idiomas con fluidez.  Traballou como alta executiva en  varias empresas multinacionais  ata que o sexo petou  na súa porta. Descubreu o sexo moi cedo, convertíndose no centro da súa vida;  A bibliotecaria do seu barrio abreulle as portas do “inferno”, para logo dunha década dedicarse a prostitución de luxo, coma un xeito de coñecerse a sí mesma.   Actualmente centra a súa vida profesional nas súas colaboracións televisivas e sobre todo na súa faceta de escritora.

A súa obra literaria 

Portada do libro El método de Valerie Tasso

Portada do libro El método de Valerie Tasso

Nas súas obras relata a súa experiencia sexual con diferentes enfoques , pero cun nexo común no que pretende desmitificar as prácticas sexuais. Diario de una ninfómana e París la nuit son  prácticamente unha autobiografía da autora donde explica as súas experiencias e a importancia da condición humana máis lonxe do sexo.

O encontro con Valerie Tasso centrarase no seu último libro El método Valerie, un tratado sobre as artes amatorias onde intenta liberarnos dos falsos clichés en torno ao sexo, nun tono divulgativo e humorístico. Nel anima ás mulleres a deixar de fantasear con Christian Grey e perder o medo a tomar a iniciativa cos homes para recuperar a seguridade perdida

“Se acabaron los cuentos y las novelas. Ha llegado la hora de convertirnos en las protagonistas de nuestra propia historia de pasión.”

Nas Bibliotecas Municipais podes encontrar os seguintes libros de Valerie Tasso:

  • Diario de una ninfómana
  • Antimanual del sexo
  • El otro lado del sexo
  • Sabré cada uno de tus secretos
  • Diario de una mujer pública
  • El método Valerie sexo y seducción : secretos para ser infalible

Consulta a súa dispoñibilidade no Catálogo de Bibliotecas municipais

o próximo autor en visitar Libros en Directo é Eloy Tizón, o 21 de abril

Eduardo Punset estará nos encontros con autor de Libros en Directo

O ciclo Libros en Directo volta ó Centro Ágora luns , 24 de febreiro, ás 20:30 horas cun invitado de luxo, Eduardo Punset.

Como é de costume os membros dos nosos Clubs de Lectura estarán presentes nesta nova cita con Libros en Directoencontros con autor para compartir con Punset as impresión das súas obras así como a súa intervención en programas de televisión como Redes.  A entrada é libre e gratuita.

Eduardo Punset: escritor, avogado, economista y comunicador científico

Foi militante do Partido Comunista e, máis tarde, político na Transición democrática de España, figurando nas filas de UCD e despois no CDSMáis adiante exerceu a súa actividade na área da divulgación científica, sendo autor de varios libros sobre o tema e colaborador en varios medios. Dende 1996 dirixeu o programa Redes de TVE, onde se tratan diversos temas científicos, como socioloxía, medicina, psicoloxía, bioloxía ou astronomía, entre outros.

punset-21Economista e asesor tecnolóxico

Foi redactor económico da BBC, director económico da edición para América Latina do semanario The Economist e economista do Fondo Monetario Internacional nos Estados Unidos e en Haití.

Como especialista en temas de impacto das novas tecnoloxías, foi asesor de COTEC, profesor conselleiro de Mercadotecnia Internacional en ESADE, presidente do Instituto Tecnolóxico Bull, profesor de Innovación e Tecnoloxía do Instituto de Empresa (Madrid), presidente de Enher  e Coordinador do Plan Estratéxico para a Sociedade da Información en Cataluña

Actualmente, é profesor de Ciencia, Tecnoloxía e Sociedade na Facultade de Economía do Instituto Químico de Sarrià (UniversidadeRamon Llull),  presidente da produtora de contidos audiovisuais científicos Grupo Punset Producciones

A súa obra literaria

É autor de diversos libros sobre análise económica e reflexión social  no que o principal obxectivo é a divulgación do coñecemento científico. Ten case unha veintena de libros publicados sobre estas temáticas.

Os membros do noso Clube de Lectura dos Luns de Forum escolleron esta obra, El Viaje a la Felicidad: nuevas claves científicas  para comentar nestas últimas sesión, ademáis trasladar o diólo co autor a Twitter @bibcoruna  @epunset #punsetbmc #tuitencontros

el viaje a la felicidad- Eduardo

El Viaje a la Felicidad:  las nuevas claves científicas

A busca da felicidade é unha das grande aventuras humanas.

Tal como explica Eduardo Punset no prólogo, a viaxe á felicidade acaba de empezar e o seu final é incerto:

Fai un pouco máis dun século a esperanza de vida seguía sendo de trinta anos: o xusto para aprender a sobrevivir, se se contaba coa sorte, e culminar o propósito evolutivo de reproducirse. Non había futuro, nin polo tanto, a posibilidade de formularse un obxectivo tan insospeitado como o de ser felices”

Esta era unha cuestión que se aparcaba para despois da morte e dependía dos deuses. A revolución científica desatou o cambio máis importante de toda a historia da evolución: a prolongación da esperanza de vida que xerou máis de corenta anos redundantes -en termos evolutivos-.

“Por primeira vez a humanidade ten futuro e formúlase, loxicamente, como ser feliz aquí e agora. A xente somerxeuse nesas augas descoñecidas, practicamente, sen a axuda de ninguén. Agora a comunidade científica intenta iluminar o camiño“.

Nas nosas Bibliotecas Municipais podedes atopar, entro outros, os seguintes libros de Eduardo Punset:

  • Cara a cara con la vida, la mente y el universo
  • El viaje a la felicidad : las nuevas claves científicas
  • El alma está en el cerebro : radiografía de la máquina de pensar
  • El viaje al amor : las nuevas claves científicas
  • El templo de la ciencia : los científicos y sus creencias
  • Por qué somos como somos
  • El viaje al poder de la mente : los enigmas más fascinantes de nuestro cerebro
  • Viaje a las emociones : las claves que mueven el mundo
  • Excusas para no pensar : cómo nos enfrentamos a las incertidumbres de nuestra vida
  • Viaje al optimismo : las claves del futuro
  • Adaptarse a la marea : cómo tener éxito gracias a la selección natural

Consulta a súa dispoñibilidade no Catálogo de Bibliotecas Municipais 

catalogo

Próxima autora en visita Libros en Directo 

Valerie Tasso será a próxima escritora en visitar os encontros con autor Libros en Directo, o vindeiro 26 de marzo