Arquivo do blog

Alice Munro, Premio Nobel de Literatura 2013

O pasado xoves 10 de outubro, a Academia Sueca daba a coñecer o nome da persoa galardoada co Premio Nobel de Literatura 2013. Nesta ocasión a gañadora foi a escritora canadense Alice Munro, definida pola Academia como “mestra do relato curto contemporáneo” e aclamada polo seu “harmonioso estilo de relatar, caracterizado pola súa claridade e realismo psicolóxico”.

Nada en Whingham (Ontario) un 10 de xullo de 1931, Munro é considerada unha das autoras máis importantes da literatura en lingua inglesa. De feito, no ano 2009 xa recibira o Premio Booker Internacional pola súa traxectoria literaria e a súa influencia noutros escritores/as e lectores/as ao redor do mundo.

Cabe destacar que Munro é a primeira escritora canadense en recibir tan importante galardón dende a súa creación no ano 1901 e a décimo terceira muller premiada co Nobel de Literatura en 112 anos de historia. ¡Dende aquí, os nosos parabéns!

Nas Bibliotecas Municipais da Coruña podedes atopar moitas das súas obras:

Munro, Alice. Demasiada felicidad. Barcelona: Lumen, 2010.

Munro, Alice. El amor de una mujer generosa. Barcelona: RBA, 2009.

Munro, Alice. El progreso del amor. Barcelona: RBA, 2009.

Munro, Alice. Escapada.Barcelona: RBA, 2006.

Munro, Alice. Odio, amistad, noviazgo, amor, matrimonio. Barcelona: RBA, 2007.

Munro, Alice. La vida de las mujeres. Barcelona: Lumen, 2010.

Munro, Alice. La vista desde Castle Rock. Barcelona: RBA, 2008.

Munro, Alice. Las lunas de Júpiter. Barcelona: Debolsillo, 2012.

Munro, Alice. Mi vida querida. Barcelona: Lumen, 2013.

This slideshow requires JavaScript.