Arquivo do blog

#MollámonosPoloLibro

Nesta situación tan excepcional como a que estamos a vivir, moitxs constatamos a vital importancia que ten a cultura para nós: podemos quedarnos nas nosas casas pero viaxar moi lonxe coa nosa imaxinación. As Bibliotecas non estamos abertas físicamente pero dende o espazo virtual estamos a ofrecer recursos de calidade para ler, entreter e formar. E agora que chega unha efeméride tan importante para nós, non podía ser menos.

Queremos compartir contigo a proposta que se desenvolveu no marco das Bibliotecas Municipais da Coruña para celebrar o Día do Libro, e convidarte a participar activamente da mesma.

Fixemos unha aposta pola visibilización do traballo e a reinvindicación da profesión, así como a necesidade de crear rede entre todos os axentes que formamos parte do mundo do libro: librarías, escritorxs, editorxs, ilustradorxs, narradorxs, bibliotecas e lectorxs. Arredor dese obxectivo, apostamos por lanzar unha chiscadela a cada un dos axentes do sector, do que formamos parte, a través dun video/spot que levará por lema: #mollamonospololibro.

SÚMATE Á CAMPAÑA:

Emprazamos a todo o mundo a mollarse e poñer en valor unha data tan relevante para as bibliotecas como é o Día do Libro. Se queres participar e sumarte á proposta, só tes que responder á pregunta: como te mollas ti polo libro? 

Contamos coa túa aportación, podes facelo no formato que desexes e nas canles que consideredes oportunas empregando o hashtag #mollamonospololibro.