Arquivo do blog

Novo libro de Paul Auster

O último libro de Paul Auster, Diario de Invierno, chegará antes de tempo ás mans dos lectores dixitais. A editorial Anagrama publicará a novela en formato e-book, en primicia mundial o próximo 19 de xaneiro. A última creación do autor estadounidense estará dispoñible en papel nas librarías, o próximo 1 de febreiro.

O lanzamento de Diario de invierno -no que Auster, un dos grandes escritores estadounidenses contemporáneos, rememora varios episodios da súa vida- faise coincidir co 65 aniversario do autor (o 3 de febreiro) e ten lugar en España varios meses antes de que se publique en Estados Unidos, onde non verá a luz até finais de agosto.

O paso do tempo está moi presente neste novo libro, no que o autor rememora tamén aos seus pais, unha presentación en Arles acompañado polo seu admirado Jean-Louis Trintignant, a súa estancia en París, unha lista comentada das 21 habitacións nas que viviu ao longo da súa vida até chegar á súa actual residencia en Park Slope, os seus ataques de pánico ou as viaxes.

Fran Alonso publica tres ebooks

O escritor Fran Alonso está de aniversario, e para celebralo iniciou onte a publicación nos seus sitios web dunha serie de libros electrónicos. O primeiro xa está dispoñible nas webs de Fran Alonso. Contesta ou disparo é un libro que publica 34 entrevistas breves a persoeiros da cultura e da política galega 34 persoas da cultura e da política galega, desde Isaac Díaz Pardo ata O Mago Antón ou Luma Gómez. A súa descarga é libre e baixo licenza Creative Commons coa que outro usuario, sen ánimo de lucro, pode reproducilo ou imprimilo sen permiso previo do autor-. Será o primeiro volume da serie. Logo do verán e ata decembro. Un deles terá a Vigo, a cidade do escritor, como eixe temático central, e nutrirase dos moitos artigos de opinión que Fran Alonso xa ten publicados en prensa.

Marcas e persoas dixitais

É a autoedición electrónica unha alternativa para os escritores?

“Está claro que é unha tendencia de futuro”, contesta Fran Alonso, “as novas tecnoloxías dan moitas posibilidades neste sentido e está claro que para determinado tipo de libros hai que buscar alternativas”. Alonso está a publicar directamente no seu web oficial os libros, en formato ePUB e PDF. “Nestes momentos hai algunhas plataformas que ofrecen edición dixital para autores, pero non deixan de ser cantidades ridículas as que se venden. Esas cifras poden ser facilmente superables polos propios autores”, sinala Fran Alonso, que apunta unha idea ao respecto: “é posible que hoxe por hoxe o escritor teña máis credibilidade que as propias plataformas dixitais de distribución. No futuro, estas plataformas terán que xogar a baza da súa propia imaxe, porque hoxe esas marcas difumínanse na rede”.

O escritor está imbuido da cultura dixital. O seu vindeiro libro (para papel), que xa se atopa en fase de revisión, é un conxunto de relatos nos que os hoax, os bulos cibernéticos, constitúen un elemento central. “Son relatos que nuclean unha reflexión entorno os límites e a realidade”, sinala Fran Alonso, “e neles tamén hai unha reflexión sobre Internet”. Fonte: Cultura Galega

Charla sobre os libros electrónicos na Biblioteca de Monte Alto

O vindeiro martes 12 de Abril as 19.30 na Biblioteca Municipal de Monte Alto, na Coruña, convidamosvos a unha charla impartida por Tati Mancebo , experta en xestión de contidos dixitais e que tentará resolver todas nosas dúbidas:

LIBRO ELECTRÓNICO. Qué é?  Por que? Para que? Onde atopalo? Cal escoller? En que me debo fixar? E os contidos??

Atopa a resposta a todas estas preguntas nas Bibliotecas Municipais nesta charla informativa na Biblioteca de Monte Alto. Os asistentes terán a oportunidade de ver e probar diferentes dispositivos de lectura.

O 25% das editoras venderá un libro dixital por cada un en papel

Unha de cada catro editoriais españolas espera comercializar en versión dixital máis da metade do seu catálogo en 2012. Esta é unha das principais conclusións que se desprenden da segunda enquisa sobre o Libro Dixital en España realizada pola Federación de Gremios de Editores de España (FGEE) en colaboración coa Fundación Germán Sánchez Ruipérez. Segundo este estudo, o 75% das editoriais dispón xa dun proxecto dixital e está a realizar ou creación de obra exclusivamente dixital.

Cabe destacar que é o sector do cómic o que máis amplamente se está a introducir no mundo dixital -o 94% das editoriais ten proxecto dixital en curso-, fronte a outros como o da literatura infantil e xuvenil ou o das ciencias sociais e humanas, nos que unha de cada cinco editoriais din non ter prevista ningunha iniciativa.

En canto ao formato de dixitalización, o ePUB é o que maior crecemento está a experimentar. O 40% das editoriais empregárono en 2010, fronte ao 24% de 2009. Aínda que se espera que esta porcentaxe creza até alcanzar o 70% durante 2011, compartindo protagonismo co PDF, que comeza, a partir de 2012 a decrecer. O formato Mobipocket -tanto xenérico como o específico para Kindle- duplica a súa presenza en relación ao ano anterior pero só o utilizará o 15% das editoriais en 2012. Os formatos para pizarra dixital tamén duplicarán a súa presenza, pero circunscribiranse principalmente ás editoriais de libro de texto non universitario, enciclopedias e dicionarios, literatura infantil e xuvenil e relixión. En canto aos dispositivos, os e-readers e os computadores son as contornas de lectura maioritariamente preferidos polas editoriais para comercializar obra dixital, preto do 80% das editoriais inclínase por ambos. Ao longo de 2011, os e-readers superarán aos computadores, especialmente nas materias de literatura, literatura infantil e xuvenil, ciencias sociais e humanas, relixión, libros prácticos e divulgación xeral. Outro dato de interese que reflicte o estudo é que para este ano se espera un incremento das obras para tabletas e teléfonos móbiles. Preto da metade das editoriais comercializará produtos para estas contornas, máis para tabletas que para móbiles.

Respecto das canles de distribución, dúas son as preferidos polas editoriais para comercializar obra dixital: as plataformas comerciais xenéricas e a venda directa desde a web da editorial. Os grandes grupos editoriais optan, sobre todo, pola distribución de contidos por medio de plataformas conxuntas con outras editoriais (60%) e pola comercialización nas librarías (60%). As editoriais de gran tamaño, tamén optan pola venda mediante plataformas comerciais xenéricas (100%), por medio de librarías (75%) e na propia web (50%). Por outra banda, en 2011 e 2012, a tendencia que se observa é que o prezo da obra dixital sexa inferior ao da impresa, polo menos un 30% máis barato. Unha de cada catro editoriais consultadas considera que a redución podería alcanzar o 50%. Esta tendencia é máis significativa nas editoriais de literatura, de literatura infantil e xuvenil e de ciencias humanas e sociais.