Arquivo do blog

A praia dos afogados de Domingo Villar

No club de lectura “Café con libros” dos luns, cambiamos de rexistro, despois de ler Almas grises e El curioso incidente del perro a medianoche nas últimas semanas, mergullámonos no universo de Domingo Villar, coa sua segunda novela A praia dos afogados da man do inspector Leo Caldas.

A obra #recomendamosbmc

Trátase dunha historia de intriga que nos introduce no mundo da Galicia mariñeira, desde os areais das Rías Baixas á paisaxe urbana e as tabernas da cidade de Vigo.

A novela parte dun descubrimento estremecedor. Unha mañá, o cadáver dun mariñeiro é arrastrado pola marea ata unha praia da vila de Panxón, na ría de Vigo. Se non fose porque ten as mans atadas cunha brida de plástico, Xusto Castelo había ser outro mariñeiro que encontrou a súa tumba entre as ondas mentres pescaba. Sen testemuñas nin rastro da embarcación do finado, o lacónico inspector Leo Caldas mergúllase no ambiente mariñeiro para tratar de clarexar o crime entre homes e mulleres que recean de desvelar as súas sospeitas e que, cando deciden falar, apuntan nunha dirección insólita de máis.

Un caso difícil para Caldas, que pasa malos momentos: o único irmán do seu pai está enfermo de gravidade e a súa colaboración no programa radiofónico de Onda Vigo estase volvendo cada vez máis inaturable. Tampouco non facilita as cousas o carácter arroutado de Rafael Estévez, o seu axudante aragonés, que non se dá adaptado á retranca e os sobreentendidos dos galegos.

Fai tempo anunciábase a adaptación ao cine de A praia dos afogados. E parece que é xunto agora cando comezou a rodaxe! Se ata os políticos recomendan esta estupenda novela negra… ;O)

O autor

domingoDomingo Villar (Vigo, 1971) vive en Madrid, onde traballou como guionista de cinema e de televisión. Coa súa primeira novela, Ollos de auga (2006, 6ª edición no 2009), obtivo o Premio Frei Martín Sarmiento (concedido por alumnos e alumnas lectores de toda Galicia) e, coa súa tradución para o castelán (Editorial Siruela), os premios Sintagma e Brigada 21. Tamén foi finalista en dúas categorías dos Crime Thriller Awards en Gran Bretaña. Publicada en doce países, a primeira novela protagonizada polo inspector Leo Caldas é un dos libros máis vendidos entre os lectores e lectoras galegos.

Actualmente está traballando na súa terceira novela, que escribe en galego e traduce ao mesmo tempo ao castelán. O éxito acadado coa súa obra, consideradas bestsellers, permitiulle dedicarse en exclusiva á escrita e promoción das súas novelas.

Se queredes coñecer e levar en préstamo a obra de Domingo Villar, podedes consultar no Catálogo das Bibliotecas Municipais a dispoñibilidade dos materiais.

Pero nesta Semana Santa, no só acabamos de ler A praia dos afogados, senón que nos atrevemos tamén co noso primeiro cómic: Los combates cotidianos, de Manu Larcenet e continuamos coa obra de Philippe Claudel, neste caso con La nieta del señor Linh.

A nosa próxima lectura será La cena, de Herman Koch. Un libro que vai dar que falar…

Domingo Villar é un dos finalistas ao premio Dagger no Reino Unido

A versión inglesa de A praia dos afogados, de Domingo Villar, é unha das sete novelas finalistas para o premio Dagger. Este prestixioso galardón británico recoñece anualmente as mellores obras de xénero negro. Co galego compiten autores como Fred Vargas, Jean-François Parot, Andrea Camilleri, Valerio Varesi, Roslund-Hellstrom e Ernesto Mallo. Death on a Galician shore é o título en ingles da novela de Villar. A novela tamén recibía o pasado venres o galardón Frei Martín Sarmiento na caetegoría de adultos, que escollen os pais e as nais de escolares de todo o país. 
A Praia dos Afogados

A praida dos afogados é  unha apaixonante novela de intriga que mergulla o lector no mundo da Galicia mariñeira, desde os areais das Rías Baixas á paisaxe urbana e as tabernas da cidade de Vigo. Domingo Villar volve introducir o lector nunha intriga sen acougo. Unha pescuda policial que, en A praia dos afogados, título desta segunda novela protagonizada polo inspector Leo Caldas, tamén é unha esculca na memoria e nas ilusións fanadas.
A novela parte dun descubrimento estarrecedor. O cadáver dun mariñeiro é arrastrado pola marea ata unha praia da vila de Panxón. Sen testemuñas nin rastro da embarcación do finado, o lacónico inspector Leo Caldas mergúllase no ambiente mariñeiro para tratar de clarexar o crime entre homes e mulleres que recean de desvelar as súas sospeitas e que. Un caso difícil para Caldas, que pasa malos momentos: o único irmán do seu pai está enfermo de gravidade e a súa colaboración no programa radiofónico de Onda Vigo estase volvendo cada vez máis inaturable. Tampouco non facilita as cousas o carácter arroutado de Rafael Estévez, o seu axudante aragonés, que non se dá adaptado á retranca e os sobreentendidos dos galegos.
Domingo Villar (Vigo, 1971) vive en Madrid, onde traballou como guionista de cinema e televisión. Coa súa primeira novela, Ollos de Auga (2006, 6ª edición no 2009), obtivo o Premio Frei Martín Sarmiento (concedido por alumnos e alumnas lectores de toda Galicia) e, coa súa tradución para o castelán (Editorial Siruela), os premios Sintagma e Brigada 21. Tamén foi finalista en dúas categorías dos Crime Thriller Awards en Gran Bretaña. Publicada en doce países, a primeira novela protagonizada polo inspector Leo Caldas é un dos libros máis vendidos entre os lectores e lectoras galegos.