Arquivo do blog

Día Mundial do Refuxiado

Hoxe, 20 de xuño, celébrase o Día Mundial do Refuxiado, e esta semana, na Biblioteca Municipal Forum Metropolitano e na Biblioteca Municipal Sagrada Familia temos un Stand informativo e de sensibilización da ONG ACCEM, para que os visitantes poidan dispor de parte do material co que conta e coñezades as actividades que promove.

Mostra Refuxiados Forum

No Día Mundial do Refuxiado, Accem quere pór de relevo unha situación preocupante que é a imposibilidade de acceder á protección que dá o estatuto de refuxiado para miles de persoas. Imposibilítao o mero feito de non poder chegar ao territorio español e europeo. Os fluxos de persoas que tratan de chegar ao noso territorio son mixtos, formados por inmigrantes e refuxiados, polo que as accións de rexeitamento e as devolucións en fronteira impiden non só acceder a Europa senón a unha protección internacional á que teñen dereito.

Os conflitos armados son neste momento a primeira causa de desprazamento forzoso no mundo. Conflitos como os abertos en Siria, Mali, Somalia, Afganistán, Sudán, Iraq ou a R.D. Congo xeran a maior parte dos máis de 45 millóns de persoas refuxiadas no mundo. 4.485 desas persoas solicitaron protección internacional en España en 2013 o que constitúe unicamente o 1% das rexistradas en Europa (434.160 solicitudes).

Ás dificultades de acceso únense as dos procedementos. Reflexo diso é que só a 205 destas persoas recoñecéuselles o dereito ao estatuto do refuxiado en España e a 325 o estatuto de protección subsidiaria. Isto supón que ao 22,61% recoñecéuselles o dereito a protección internacional. Un incremento respecto ao ano anterior pero non suficiente.

Nas Bibliotecas Municipais da Coruña #recomendamosbmc unha selección sobre a temática do Refuxiado.

This slideshow requires JavaScript.