Arquivo do blog

Diario del año de la peste de Daniel Defoe

No ano 1722 Daniel Defoe publica “Diario del año de la peste”. É unha novela ambientada no ano 1665 en Londres, ano da peste, da gran epidemia, da morte negra. Defoe intenta facernos participes dunha crónica, coma se o que estivese contando fose a súa experiencia pero o autor contaba con cinco anos en dito ano.

A novela esta escrita de corrido, sen pausa, sen capítulos, coma se quixese facernos participes dese clima de medo, de caos, das presas por escapar desa morte negra. Cita barrios e rúas  de Londres para afianzar a verdade da súa historia. É testemuña dos comportamentos humanos: dos heroicos e dos mesquiños.

Daniel Defoe é outro deses escritores ingleses de vida fascinante. Nado en 1660 e tivo unhaa educación desordenada, gañouse a vida con distintas actividades sin éxito, estivo condenado á exposición na picota por un panfleto político, pasouse dun bando político a outro, actuando como espía e con varias traicións a súas costas… No ano 1719 publica Robinson Crusoe, que lle daría fama case inmediata, ó igual que Moll Flanders. Finaría no 1731, vivindo na clandestinidade e fuxindo das súas deudas.

Al estar paralizados todos los ramos de actividad, los empleos cesaron, desapareciendo el trabajo y, con él, el pan de los pobres; y los lamentos de los pobres eran, ciertamente, muy desgarradores al principio, si bien el reparto de limosnas alivió su miseria en ese sentido. Cierto es que muchos escaparon al campo, mas hubo miles de ellos que permanecieron en Londres hasta que la pura desesperación les impulsó a salir de la ciudad, al solo fin de morir en los caminos y servir de mensajeros de la muerte, pues hubo quienes llevaron consigo la infección y la diseminaron hasta los confines más remotos del reino.
Muchos de ellos eran los miserables seres de objeto de la desesperación a que he aludido antes; y fueron aniquilados por la desgracia que sobrevino después, pudiendo decirse que perecieron, no por la peste misma, sino por sus consecuencias; señaladamente, de hambre y de escasez de todas las cosas elementales, sin alojamiento, sin dinero, sin amigos, sin medios para conseguir su pan de cada día ni nadie que se lo proporcionase, ya que muchos de ellos carecían de lo que llamamos residencia legal y por ello no podían pedir nada a las parroquias.

DIARIO DUN ANNUS HORRIBILIS

1664 foi o ano da grande peste que esquilmou grande parte da poboación londiniense. Precedida a catástrofe case dunha maneira esotérica e premonitoria pola pasada dun meteorito moi cerca da terra e que se puido ver desde o lugar que logo sería arrasado, a grave peste foi asumida como unha desgraza enviada como castigo, e contra a que pouco se podía facer.

Así o entendeu e deixou constancia Daniel Defoe que, aínda que moi novo (nacido en 1660), foi testemuña e sobrevivinte da vaga de mortes, polo que aporta a súa visión totalitaria, á maneira dunha relación de mortos, parroquias, andacios, remedios e medidas tomadas polas autoridades, no que el considera un DIARIO DO ANO DA PESTE pero que se separa de selo por razóns estilísticas.

Pese a constituir unha crónica fiel e pormenorizada, progresiva, que vai desde a aparición dos primeiros casos da doenza en parroquias cercanas ó que aínda hoxe é o núcleo principal de Londres, Defoe baséase en documentos reais, listados periódicos de enterramentos e actas e bandos en que se nomean especialistas médicos e se dan a coñecer medidas que poidan frear a rápida extensión da sombra da morte e da desolación que deixa ao seu paso.

Formalmente non podemos falar dunha novela; non existen personaxes -agás na historia dos tres amigos-, nin hai unha intención de ser unha reportaxe xornalística, ao non existir concreción de datos e ás veces parafraséase, retórnase a puntos que rozan a mera sucesión de anecdotas e datos sen orde concreta.

Falar de Daniel Defoe é falar de Robinson Crusoe, de Moll Flanders, pero tamén de vida picaresca, de débedas, de cartos gañados de todos os xeitos posibles, de activismo político desordeanado e de condeas públicas á picota.

É curioso pensar que o libro está escrito en plena efervescencia da Ilustración, da busca da razón que pasa por enriba das portas pechadas que impón a fe, xa que o puritanismo presbiteriano que emana dos argumentos de Defoe impregnan o DIARIO dun pouso moralizador, dunha xustificación do castigo polo crime, onde se chega a dicir que “Deus actúa a través de causas naturais”, outorgándolle ás súas palabras e á obra en si, outra nova posibilidade, a de ser tratada como unha narración histórica dentro dun sermón filosófico (máis ben relixioso) e moral.

Lonxe, moi lonxe, queda o valor de divertimento desta obra, o interese para o lector resúmese no coñecemento dunha época dura, a situación de emerxencia nun momento dado, a súa progresividade e a visión das medidas, a través do ensaio e o erro, na busca dunha fin para a situación.

Familias que abandonan as súas pertenzas e marchan sós cara ao campo. Casas pechadas e rúas enteiras desoladas por falta de habitantes ou pola terrible mortandade. Familias enteiras emparedadas nas súas casas, sen discernir os membros aínda sans dos xa morredeiros, e funcionarios posto ao servizo da vixiancia das ditas familias, contadores de mortos, espías de fuxidos, ignoradores de pregarias, auxiliares da morte.

Curioso tamén é o feito de que o autor se apropie como testemuña duns feitos reais, cos que conviviu pero desde a desmemoria que dá o contar con só catro anos de idade. Mais aínda así a historia funciona porque se basea na experiencia, porque o coñecemento construído sobre dela irradia verosimilitude e, máis alá, verdade. Defoe constrúe o seu ensaio sobre os recordos da infancia, as anecdotas escoitadas, as lecturas de tratados e documentos oficiais do suceso e tamén as conversas mantidas con supervivintes. O valor chega a través desta verdade, o que pode facer o lector é asumir cómo empregar este falso diario, se como unha xanela a un tempo e un espazo esgotados, ou como un sermón cargado de asunción do castigo, de conformismo.