Arquivo do blog

Grupos de lectura fácil, na Biblioteca Municipal Ágora

Na Biblioteca Municipal Ágora imos poñer en marcha a través do programa de voluntariado dous grupos de Lectura Fácil. A idea é reunirse semanalmente para a lectura e análise de textos diversos que propicien unha progresiva mellora da comprensión lectora das persoas con dificultades de acceso á lectura.

Os contidos a traballar nas sesións serán tanto textos literarios como informativos ou ensaísticos sinxelos, de forma que se posibilite a perda do medo á hora de acceder a diferentes tipos de textos

A actividade dará comezo o 7 de outubro e os horarios de cada un dos grupos será o que segue:

  • Quenda de mañá: martes e xoves de 11.00 a 12.00.
  • Quenda de tarde: martes e xoves de 17.00 a 18.00.

Lectura Fácil

O programa de Lectura Fácil está especialmente pensado para aquelas persoas que na súa infancia non puideron estudar moito ou teñen problemas de comprensión lectora. Así que se desexas entender mellor todo tipo de textos este é o teu taller. O prazo de inscrición está xa aberto e para anotarse só cómpre pasar pola Biblioteca Municipal Ágora.