Arquivo do blog

II Concurso de Microrrelatos, Dado-Biblioteca Ágora

Grupo1

publico

O martes 17 abril, no auditorio do Centro Ágora recibimos a alumnos dos IES de  MonelosMenéndez Pidal (Zalaeta), Monte das Moas, Elviña, Rafael Dieste e  Agra do Orzán, que asistiron a Gala de Entrega de Premios do II Concurso de Microrrelatos organizado pola Biblioteca Ágora en colaboración co Grupo Dado. Tivemos a sorte de contar para a condución da gala cunhas presentadoras de luxo: as alumnas do IES Monelos, Inés e Lorena, que o fixeron extraordinariamente.

presentadoras  Letras

Tras un pequeno achegamento por parte dos alumnos de Monelos á figura de María Victoria Moreno, autora, como sabedes, homenaxeada este ano coas Letras Galegas,  deu comezo a gala, amenizada este ano polo mago  coruñés “Víctor Noir”, que cativou a todos co seu sorprendente espectáculo.

mago 3  maru2

presentadores preparándose

Un ano mais, os alumnos destes centros escribiron as súas pequenas e intensas historias, que chegaron ás Bibliotecas Municipais de A Coruña para ser lidas, saboreadas, disfrutadas… polos lectores dalgúns dos nósos clubs: Clubs do martes, do mércores e Club Queeruña da Biblioteca Ágora; Café con libros da Biblioteca Os Rosales.  Mais de oitenta lectores ós que lles correspondeu a grata, pero tamén difícil tarefa  de decidir, entre os relatos previamente seleccionados polos centros, cales serían os gañadores dos premios.

IMG-20180419-WA0000

Entre os textos que recibimos atopamos moita  variedade: brevísimo relatos de unha ou dúas frases con grandísima forza narrativa, historias desgarradas con xiros inesperados que rematan provocando unha perturbadora gargallada; contos fatásticos, nos que  realidade e ficción apensas se distinguen; arrepiantes relatos de terror…

Estes foron os relatos presentados en ambas categorías:

PORTADA SARA 1

Microrrelatos presentados en ambas categorías

portada corcho categoria a  portada corcho categoria b         

Microrrelatos Categoría A                                             Microrrelatos categoría B

Especialmente difícil resultou para o xurado a elección dos gañadores da CATEGORÍA A, á que optaban os alumnos de 1º, 2º e 3º da ESO, de 12 a 15 anos.

CategoríaA

Moitas foron as dúbidas que suscitaron, e moitos os micros que os nosos lectores consideraron que poderían tamén ter acadado o premio. Finalmente o gañador desta categoría foi o microrrelato “Cós ollos pechados” de Azahara Merlo, de 3º da ESO do IES Elviña. Un relato emotivo, e ben construído, que leu a súa compañeira  Lucía.

AGRA_2

O segundo premio foi para Aroma de café”, de Amelia Martínez Loureda, de 2º da ESO de Rafael Dieste.

DIESTE_5

Tras a actuación do mago, léronse os relatos finalistas da CATEGORÍA B.

CatgegoriaB1

Neste caso, o primeiro premio foi para o IES Menéndez Pidal, por “Atada” de Sofía Sobrino Abeijón, de 4º ESO

MENENDEZ_PIDAL_5

E o segundo premio recaeu en “Perspectivas”, de Yahya Hicham Redouam.

DIESTE_5

Finalmente os premios da  CATEGORÍA C, na que se avaliaba a mellor presentación foron para:

Primeiro premio:  Cambio de planes, relato presentado en forma de baile, combinado de danza e hip hop, por Lucía Abuín, María Alejandra Comenares, Alejandro Rodiles, Marcos Silvarrey, baseándose no texto de de Giselle Arita.

categoria c premio 1-2   categoria C premio 1-

E segundo premio para Mentiras, de Paula Salgado, de 2ª ESO do Agra do Orzán

Aquí podedes acceder a mais fotos sobre a gala  en Flickr  e Instagram 

MARCA3

E por último, agradecer  ós profesores de todos estes centros, que dende os clubs de lectura, as bibliotecas escolares e as aulas impulsaron este certame!

E grazas tamén a Berta e Sara, alumnas de Animación Sociocultural en prácticas na biblioteca, pola súa entusiasta colaboración antes, durante e despois da gala. A elas debemos os agasallos que entregamos a profesores  e alumnos

 

E parabéns, moi especialmente,  a todos os alumnos que participaron cos seus escritos neste concurso, fosen ou non premiados. Dende as bibliotecas apostamos por vós e  animámosvos a seguir escribindo!!

 

Estamos de volta, queeruñxs!

Xa é un feito. Esprememos os últimos días do verán despedíndonos das cervexas no chiringuito, retomando rutinas case esquecidas e poñendo en marcha aqueles “propósitos de emenda” persoal que xurdiron durante as vacacións. E aínda non sabes se apuntarte a crossfit, estudar chinés ou tomar clases de cociña tailandesa, que sona ben cool. Pois ben, se o teu plan de mellora persoal inclúe ademais ansias lectoras, nas Bibliotecas Municipais temos moito que propoñer. E coñecéndonos, de seguro que nuns meses xa non poderás abandonarnos.

logo

Un curso máis, o club de lectura QUEERuña volve ás bibliotecas. O primeiro clube LGTBi de Galicia comeza o seu segundo ano de andaina coas mesmas ansias de diálogo e variedade de escenarios. Así, ás habituais sesións presenciais (que serán o terceiro mércores de cada mes ás 19 h na Biblioteca Ágora) sumaranse actividades extra, encontros con autores e quedadiñas varias (tamén para tomar cañas, eh, que non todo vai ser ler!). Un grupiño aberto a todas aquelas persoas interesadas en coñecer, conversar, analizar, descubrir… en desfrutar, resumindo, de materiais que procuran visibilidade e respecto ante a diversidade sexual e de xénero. Que por moito que digan, non hai nada mellor que a información para superar prexuízos.

mosaico

Velaquí algunhas das lecturas analizadas durante o primeiro ano de vida do club, dispoñibles no Cascarilleiro, o catálogo en liña das Bibliotecas Municipais.

A curto prazo poderanse consultar no blog do club as lecturas para este novo curso, pero mentres, para xs máis curiosos, adiantamos a primeira lectura confirmada: Fun home, de Alison Bechdel.

Que?!? Non te vas a unir? O primeiro encontro is coming e quedan poucas prazas!! Preme aquí e ven a formar parte da familia queeruña!

Arrincamos, queeruñxs!

twitter

Xa volo adiantábamos en xuño cunha “presentación en sociedade” na Biblioteca do Forum Metropolitano. As Bibliotecas Municipais propuxémonos camiñar da man dun novedoso proxecto: O Club de lectura Queeruña, o primeiro club LGTBI de Galicia. Un club que, como ben manifestan desde o seu propio blogue, “nace do afán dun grupúsculo que pensamos -como Jeanette Winterson, autora da nosa primeira lectura- que hai libros que salvaron as nosas vidas, e por iso é necesario compartilos”. Só apto para esxs lectorxs (queers e non queers, claro está) amigxs do diferente: novelas, poesías, cómics e películas que rebasan o discurso binario e chegan dispostas a abrir liñas de debate tan alternativas como necesarias.

Os encontros comezan este mércores 26 de outubro ás 18:30 h na Biblioteca Ágora. As primeiras conversas partirán da lectura dunha obra que nos marabilla: El azul es un color cálido, cómic no que se baseou a adaptación cinematográfica La vida de Adèle.

agenda-urbana-elazulesuncolorcalido-h

El azul es un color cálido é unha fermosa novela gráfica que narra a historia de amor entre dúas rapazas a través de viñetas cargadas de emocións, paixón e desasosego. 

Para os seguintes encontros (os últimos mércores de cada mes) e antes de despedir o 2016, traballaranse outros dous títulos de calidade: A Esmorga (todo un clásico da literatura galega) e Ten o seu punto a fresca rosa, unha novela da nosa paisana Mª Xosé Queizán tan controvertida como trepidante.

m

Consulta a dispoñibilidade dos materiais propostos polo Club no Cascarilleiro, o catálogo das Bibliotecas Municipais de A Coruña.

Para 2017 barállanse varios títulos, pero xa que este club nace como algo familiar e vivo que evoluciona coas persoas que o conforman, as suxestións sempre son benvidas. Ben polo twitter @clubqueerunha ou vía mail clubdelecturaqueerunha@gmail.com podes enviarlles as túas preferencias ou ampliar a información sobre a súa andaina.

Semella que a cousa empeza ben, non? Pois ainda estás a tempo de anotarte e comprobar o que estas xuntanzas poden dar de si. Preme aquí  se ademais dunha boa lectura, queres facer amigxs, divertirte e compartir opinións e experiencias. O libro, coma sempre, só é o punto de partida. Esperámosche!