Arquivo do blog

Tea Rooms, de Luisa Carnés

Durante as pasadas sesións do club de lectura de Monte Alto prestamos especial atención ás obras de escritoras, moitas veces invisibilizadas por mor do seu sexo, coma foi o caso de Luisa Carnés.

Luisa Carnés naceu en Madrid en 1905 no seo dunha familia moi humilde, feito que definiría a súa obra. Sendo a maior de seis, tivo que abandonar a escola con 11 anos e comezar a traballar. Foi autodidacta e buscou na literatura refuxio á miseria do seu arredor. Comezou lendo folletíns e novelas baratas e pouco a pouco chegou a autores coma Cervantes ou os rusos Dostoievski e Tolstói, referentes para ela.

Resultado de imagen para trece cuentos luisa carnes

Imaxe de Luisa Carnés como portada do seu libro Trece Cuentos

De 1926 a 1929 aparecen na prensa os seus primeiros catro contos, algo pouco común para persoas alleas ao mundo da cultura. En 1928 publica a súa primeira obra, Peregrinos de Calvario, que recibe moi boas críticas (chegan a dicir dela que é «posiblemente la mejor narradora del 27»). En 1930 aparece a segunda, Natacha, que colleita iguais éxitos. Nesa época comeza a traballar na CIAP (Compañía Iberoamericana
de Publicaciones), onde coñece o seu primeiro marido e pai do seu único fillo.

No verán de 1931, a CIAP pecha e Luisa emigra a Alxeciras coa familia do seu home, na espera de mellorar a súa situación económica. Nunca deixa de escribir, pero terá que compaxinalo con outros traballos. En 1932 regresa a Madrid, xa separada, e comeza a traballar de camareira-dependenta nun céntrico local de hostalería, o que será o xerme do seu terceiro libro, Tea Rooms (Mujeres obreras), publicado en 1934. Grazas, de novo, á boa acollida recibida pola crítica, ábrenselle as portas dos xornais e comeza a traballar de xornalista de forma continuada, colaborando en medios como Estampa ou Crónica.

Foi militante do PCE e ao estalar a Guerra Civil escribiu artigos e obras de teatro defendendo a República. Finalmente, en 1939 remata exiliada en México, previo paso por Francia. Alí vive ata a súa morte prematura en marzo de 1964 nun accidente de coche, do que se salvan o seu segundo marido e o seu fillo.

A súa obra abrangue unha decena de novelas, uns sesenta contos, tres pezas de teatro e
centenares de crónicas.

A SOMBREIREIRA DAS SINSOMBREIRO
Nos últimos tempos, estase a facer un traballo de recuperación dos traballos das mulleres contemporáneas á coñecida como Generación del 27. Grazas sobre todo á labor da cineasta Tània Balló, nomes coma o de María Teresa León, Rosa Chacel, María Zambrano ou a galega Maruja Mallo comezan a soar con forza. Son coñecidas como Las sin sombrero por unha anécdota que a mesma Maruja Mallo conta:

Un día se nos ocurrió a Federico, a Dalí, a Margarita Manso y a mí quitarnos el sombrero porque decíamos que parecía que estábamos congestionando las ideas y, atravesando la Puerta del Sol, nos apedrearon llamándonos de todo.

Non obstante, Luisa Carnés é a esquecida entre as esquecidas, xa que a súa obra e memoria non foi rescatada co resto de mulleres desta xeración. Algo lóxico: mentres elas andaban na Porta do Sol, Luisa estaba traballando no taller de sombreiros de súa tía para sustentar a familia. Todo un paradoxo.
Na presentación de 13 cuentos, segundo libro de Luisa Carnés publicado por Hoja de Lata, a escritora Laura Freixas expuxo a posibilidade de que este conxunto de mulleres puidese ser denominado Grupo del 26, data de inauguración del Lyceum Club Femenino, en contraposición ao do 27, integramente masculino.

Reparando el olvido, foto de Wikimedia Commons

Luisa Carnés diferénciase do resto dos e das súas coetáneas porque era de clase social baixa e sen formación regrada. Se a isto se lle une o feito de nacer muller e que apoiou a República tras comezar a Guerra Civil, entón pódese explicar o porqué da súa invisibilización. Tal e como di Becerra Mayor, profesor de Literatura na Universidad de Lieja e artífice de que a editorial Hoja de Lata descubrise a Luisa Carnés:

Luisa Carnés ha sido triplemente olvidada: por comunista, por exiliada y por mujer.

En Tea Rooms o primeiro que chama a atención desta novela é que a pesar de ser escrita entre 1932 e 1933 a súa temática parece estar en plena vixencia. É unha novela de marcado carácter social e feminista (sen usarse apenas en España ese concepto naquela época) na que se plasma a vida das mulleres de clase baixa do Madrid dos anos 30. A autora procura o xurdimento dunha nova muller, tal e como di Antonio Plaza no epílogo: a que busca a emancipación a través do traballo, pero un traballo digno. Tal e como se pode ler no libro:

Pero también hay mujeres que se independizan, que viven de su propio esfuerzo, sin necesidad de “aguantar tíos”. Pero eso es en otro país, donde la cultura ha dado un paso de gigante; donde la mujer ha cesado de ser un instrumento de placer físico y de explotación; donde las universidades abren sus puertas a las obreras y a las campesinas más humildes. Aquí, las únicas que podrían emanciparse por la cultura son las hijas de los grandes propietarios (…); precisamente las únicas mujeres a quienes no les preocupa en absoluto la emancipación, porque nunca conocieron los zapatos torcidos ni el hambre”.

As protagonistas:
MATILDE: rapaza de familia de clase baixa que non quere pregarse ao que a sociedade manda para unha “muller decente”.
ANTONIA: a máis veterana. Cre que quen alza a voz é quen máis perde.
A ENCARGADA: non ten nome. Coqueta e insinuante cos clientes, cruel coas  subordinadas.
LAURITA: afillada do dono.
PACA: beata encargada dos sándwichs.
FELISA: “alegre y frívola (…). Poca estatura y forma varonil. Pecho y caderas planos”.
ESPERANZA: a asistenta. “Sucia, huraña y soez”.
TRINI, PACA, MARTA, CLARA… Mulleres con personalidade propia e diferenciada.
Outros: Cañete, “El Ogro”, Paco, Pietro…

Luisa Carnés reivindica en toda a obra a emancipación das mulleres, sobre todo dos pais, maridos, patróns e confesores. Somos persoas de noso. Para iso, di, é esencial a cultura e a educación, pero como diría Virginia Wolf, necesitamos “un cuarto propio” (diñeiro). Carnés explícao así:

Aquí, las únicas que podrían emanciparse por la cultura son las hijas de los grandes propietarios, de los banqueros, de los mercaderes enriquecidos; precisamente a aquellas que no les preocupa la emancipación, porque nunca conocieron los zapatos torcidos ni el hambre, que engendra rebeldes.

En xeral, unha obra ben acollida polos e polas asistentes ao club de lectura de Monte Alto que lles serviu para coñecer unha descoñecida das letras hispánicas.

Voces de Chernóbil, de Svetlana Alexiévich

O pasado 14 de xaneiro debatemos arredor do libro Voces de Chernóbil, de Svetlana Alexiévich, no club de lectura de Monte Alto, que ten lugar un martes cada 15 días de 18 a 20 horas.

Os e as integrantes do club tiveron a oportunidade de coñecer máis en profundidade o accidente da central nuclear de Ucraína e as súas consecuencias da man da xente que as sufríu, da xente que vivía e, nalgúns casos, segue a vivir alí.

1448909781_865414_1448909972_noticia_normal

Voces de Chernóbil é unha obra da escritora e xornalista bielorrusa Svetlana Alexiévich, Premio Nobel de Literatura en 2015.

Nada en 1948 na Ucraína da Unión Soviética, a súa escrita responde a un xénero literario propio, denominado “novela de voces”. Son textos a medio camiño entre a literatura e o periodismo nos que usa a técnica do collage, a mestura de diferentes testemuños individuais cos que consegue achegar máis á substancia humana dos acontecementos. Para iso viaxou por toda a Unión Soviética e sufriu nas súas propias carnes tanto a persecución do réxime ruso polos seus primeiros libros sobre a guerra coma os efectos físicos da exposición radioactiva na zona de Chernóbil.

La paradoja es que nada de lo que escribe lo dice ella, es la voz de otros. El trabajo de Svetlana es despojar a los relatos registrados en las grabaciones de toda interferencia, hasta de la grabadora, y escucharlos como sonido, casi música. “Quiero que mis libros sean como partituras”.

Isabel Vericat Svetlana Alexiévich o las voces de un coro polifónico (conlaa.com)-

La guerra no tiene rostro de mujer (1985) é o seu primeiro libro, no que, a partir de numerosas entrevistas, abordou o tema das mulleres rusas que participaron na II Guerra Mundial. En Últimos testigos. Los niños de la Segunda Guerra Mundial (1985) continúa a tratar o mesmo tema grazas ás entrevistas que fixo nos anos 80 aos rapaces e rapazas sobreviventes ao conflito bélico.

A súa obra componse, ademais dos xa citados, de Los muchachos de zinc. Voces soviéticas de la Guerra de Afganistán (1989); Cautivados por la muerte (1993), onde fala dos suicidios tras a caída do comunismo; Voces de Chernóbil. Crónica del futuro (1997); e o seu último libro, El fin del “Homo sovieticus” (2013), na que fai un retrato xeracional das persoas que viviron a caída do estado comunista soviético.

Enfrontada ao goberno e á censura do presidente de Belarús Alexander Lukashenko, abandonou o país no ano 2000 e estivo vivindo en París, Gotenburgo e Berlín. En 2011 puido regresar a Minsk. A súa obra está traducida a máis de 20 idiomas. É a primeira escritora de non ficción cun premio Nobel nun século e a décimo cuarta muller que o recibiu desde a súa creación en 1901.

El pasado se ha visto impotente ante Chernóbil; lo único que se ha salvado de nuestro saber es la sabiduría de que no sabemos.

Voces de Chernóbil, Svetlana Alexiévich (páx. 55, Debolsillo 2014)

Entre os temas da novela, destacouse:

  • Novela de voces. Como inflúe esa forma de contar sobre o lector ou lectora?
  • “Espírito soviético”. Relación co falado en Vi. Una mujer minúscula sobre a diferenza da “forma de ser” asiática e europea.

  • A Patria antes que o Individuo.

  • A bondade e a maldade humana. Somos bos ou malos por natureza? A relación cos animais contaminados.

chernobyl-cronograma-web

Espere… Quiero que sepa una cosa… Yo no temo a Dios. A mí lo que me da miedo son los hombres.

Voces de Chernóbil, Svetlana Alexiévich (páx. 101, Debolsillo 2014)

Foi unha sesión que deu pé a un instenso debate e que os e as asistentes ao club desfrutaron, aínda que a lectura lles pareceu triste e por momentos, moi dura.