Arquivo do blog

Recomendacións do Club dos Luns de Fórum

Xa comezamos o segundo trimestre do 2019 e no Club dos Luns de Fórum estamos metidos de cheo en novas lecturas. Aproveitamos este breve periodo vacacional para as nosas recomendacións que non queremos deixar de compartir convosco.

Estreamos o ano con El vestido azul (2004) unha obra sobre a escultora Camille Claudel (1864-1963), máis coñecida por ser a amante do seu mestre, Auguste Rodin (1840-1917), e a irmá do poeta Paul Claudel (1868-1955). Unha gran muller relegada á sombra dos homes, co morbo engadido do transtorno mental e a reclusión nun manicomio os últimos 30 anos da súa vida. Sen dúbida a historia non foi xusta con Camille e Desbordes ponse na súa pel para darlle outras palabras. Desbordes fai boa literatura, esixente e sen concisións. El vestido azul é un retrato de interiores, unha viaxe pola vida dunha muller dende os seus momentos álxidos como escultora e amante ata a súa decadencia.

O noso compañeiro Enrique, recentemente publicou un post máis extenso sobre a obra, que vos recomendamos que consultedes.

 

 

O cambio de temática foi notorio coa lectura das cartas de Querido Eduardo: cartas de Suárez Picallo a Blanco Amor.

A editora Chan da Pólvora recupera neste libro con introducción e notas de Antón Lopo as históricas cartas entre o de Sada e o de Ourense. Unha correspondencia extraordinaria de dous homes extraordinarios. Cartas que percorren os grandes escenarios da política galega do século XX: a República, o Estatuto de Autonomía, a Guerra Civil e o Exilio.

A maioría das cartas do exilio teñen como orixe Santiago de Chile, aínda que as dúas primeiras proceden da República Dominicana, a onde Suárez Picallo chegou tras un breve paso por Nova York. As dificultades económicas, o desarraigo e a dor pola perda dos seus familiares (especialmente o seu irmán Antón) son as características que máis nos impresionan neste conxunto de cartas. Xunto a estas peculiaridades, nestes textos apreciamos o seu visceral anticomunismo, teima que lle quedara desde que nos días da Guerra Civil tivera que defender como avogado a dirixentes anarquistas encarcerados polos comunistas. Esta fixación contra os comunistas españois afectará tamén á súa relación con outros líderes galeguistas, caso de Castelao, a quen lle afea a súa subordinación ao PCE.

Feito destacable é que sexa porque se trata de documentos persoais, sexa pola decisión do editor destas cartas, o certo é que neste libro abórdase con valentía e sen prexuízos a homosexualidade de ambos protagonistas. Este é un tema que, a pesar de ser coñecido, na maioría da bibliografía omítese deliberadamente, sobre todo no caso de Ramón Suárez Picallo. En efecto, nese senso Lopo teno claro: “A homosexualidade reforzaba a súa unión fronte a unha contorna agresiva e «facíaos máis íntimos»…” (p. 19).

Continuamos as nosas lecturas cun libro breve pero que abarca un mundo complexo, a vida dunha muller entre dúas culturas a vietnamita de nacemento e a norteamericana que lle abre as portas pero con reservas. Estamos a falar de Vi, una mujer minúscula. Vi é unha historia de búsqueda, de aprendizaxe, de desarraigo. para a súa lectura consultade máis neste outro post do noso compañeiro Enrique do Club dos Martes.

 

Con motivo do ciclo temático “ MULLER” que se desenvolveu na biblioteca do  Fórum durante o primeiro trimestre do ano, aproveitamos a ocasión para ler a  Chimamanda nome clave do  Feminismo mundial.

A flor púrpura, primeira novela da nixeriana  Chimamanda  Ngozi  Adichie, está contada coa voz de  Kambili, unha moza de 15 anos de idade que forma parte dunha familia adiñeirada de Nixeria. Vive cos seus papás e o seu irmán maior,  Jaja, nunha casa espazosa e cómoda. Asiste a unha boa escola privada. Ten persoas ao seu servizo e come o que se lle antolla. Pero a súa vida dista moito de ser feliz: o seu papá, un home de negocios moi exitoso, é un fanático católico que se empeña en ter unha familia perfecta. Para logralo, recorre a todo tipo de violencia, contra os seus fillos e contra a súa esposa. O terror imponse todos os días.

Esta é unha novela dura e conmovedora que nos narra a vida dunha familia nixeriana no momento xusto en que os dous fillos perden a inocencia e danse conta de que o mundo non ten por que ser tan escuro como aquel en o que viviron ata entón. Como pano de fondo o país vive unha conflitiva situación política e eles crecerán como persoas e por fin serán capaces de emanciparse dun pai controlador que ata o momento non lles deixaba ser eles mesmos.

O argumento en si mesmo xa é chamativo pero  a eso hai que sumarlle unhas descricións deliciosas de sabores, cheiros e tonalidades, que axudan a mergullarse no universo da obra. Dende o Club dos Luns recomendávosvos que non deixedes pasar a súa lectura.

E pechamos as nosas lecturas recomendadas con Desoriental de Négar Djavadi. É a primeira novela da autora nada en Irán en 1969 e criada nunha familia de intelectuais opostos ao réxime do Sah tanto como ao do aiatolá Jomeini e chegada a Francia aos once anos presenta unha muller que quere ter un fillo e non pode. Repasa o seu pasado familiar en Irán para darse conta da rebeldía  que leva nos xenes e asentar a súa personalidade, arraigada ás tribos urbanas dunha cidade grande e cosmopolita como París.

Por las noches, Kimiâ pincha rock alternativo. Durante el día, sigue un tratamiento de inseminación artificial para poder tener un hijo con su novia Anna. Kimiâ, nacida en Teherán en 1971, se exilió a Francia con su familia, y para poder disfrutar de su libertad, mantuvo las distancias con su cultura de origen. Sin embargo, mientras espera en el hospital, yendo de consulta en consulta, los recuerdos del pasado la invaden.

Desoriental é unha historia con moito poder narrativo, un relato que aborda o conflito cultural e social que existe actualmente en Europa. A familia de  Kimiâ tivo que exiliarse e a historia de tres xeracións queda detallada nunha novela que aborda a realidade dos exiliados.

Cunha prosa directa e sen adornos, non pasa desapercibido o feito de que Djavadi se formou no Instituto Nacional Superior de Artes Escénicas ( INSAS) de Bruxelas e que pasou dez anos detrás da cámara antes de escribir guións. Este feito refléxase na novela con técnicas cinematográficas, con altos no tempo e  alucións directas a planos e movementos de cámara. Frecuente tamén é atopar no libro notas ao pé de páxina onde vai a Wikipedia para desenvolver ou aclarar algún feito histórico. Notas necesarias para axudar a comprender a historia de Irán e a que o lector non se perda e poida visualizar a xeografía ou coñecer os detalles defíciles de integrar no texto. Segundo a propia autora recoñece, estas notas foron ademais, “un xogo co lector, un xeito de entrar en maior complicidade”.

 

Agardamos que entre as nosas recomendacións poidades atopar a lectura que vos acompañe durante estas vacacións, lembrade consultar a súa dispoñibilidade no noso catálogo.

Lo que callan los muertos

No Club de Lectura dos Luns da Biblioteca Fórum Metropolitano xa desfrutamos da obra Lo que callan los muertos de Ana Lena Rivera, Premio Torrente Ballester de narrativa en lingua castelá 2017,grazas á xenerosa doazón dos exemplares por parte da editorial Maeva.

Foi unha lectura programada para poder asistir á presentación oficial do libro que organiza a Deputación da Coruña este xoves 7 de febreiro ás 19:00 h. O acto terá lugar na Biblioteca da propia Deputación e acompañarán á autora Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación da Coruña, e Ramón Rozas Domínguez, xornalista e membro do xurado.

 

Lo que callan los muertos é unha novela de misterio ambientada en Oviedo e protagonizada por unha investigadora de fraudes que por unanimidade espertou a simpatía das nosas lectoras. Unha lectura moi entretida con segredos familiares, intriga e un toque de humor. O propio xurado destaca dela

Una obra en la que destaca la trama mientras exhibe un lenguaje fresco y contemporáneo, además de una gran habilidad a la hora de construir espacios cotidianos  

 Lo que callan los muertos é a primeira entrega dunha serie protagonizada pola investigadora Gracia San Sebastián pero que continuará, segundo afirma a propia autora, con tantas entregas como desexen os lectores.

 

Gracia San Sebastián ha renunciado a una exitosa carrera laboral en Nueva York y ha regresado junto a su marido Jorge a su Oviedo natal para ejercer de investigadora de fraudes a la Seguridad Social. Su nuevo caso está relacionada con el cobro de la pensión de un militar franquista que sobrepasa los ciento doce años, cifra a todas luces sospechosa.
Mientras su vida personal avanza por sendas imprevistas, Gracia se encontrará con ramificaciones del caso que la llevarán a  investigar el suicidio de una vecina de su madre. De vez en cuando pide consejo a una buena amiga de la familia, la monja dominica sor Florencia

 

Asturiana de nacemento e corazón, Ana Lena leva moitos anos vivindo en Madrid. Estudou Dereito e Administración e Dirección de Empresas porque era o que se esperaba dela, aínda que Ana soñaba con ser científica, criminóloga ou piloto de aviación. De directiva dunha multinacional pasou a ser escritora. Foron as súas dúas paixóns, o seu fillo e a escritura, as que fixeron que un bo día espertara e decidira deixalo todo para adicarse ao que máis lle enchía, a escritura. Un dato curioso é o que apunta a propia autora

 

Mi madre nunca quiso comprarme libros, le preocupaba que pasara tanto tiempo leyendo, así que tenía que leer lo que había en casa

 

Tedes máis información da autora e da obra na páxina da propia Ana Lena Rivera. Dende o noso Club de Lectura dos Luns queda máis que recomendada a súa lectura e se tedes a oportunidade non deixedes de acudir á presentación porque sempre é unha oportunidade poder charlar e intercambiar opinións de ti a ti cos autores que previamente lemos e desfrutamos coas súas obras.