Arquivo do blog

Fahrenheit 451 de Ray Bradbury

Imos falar da novela máis terrorífica para os amantes dos libros.

Nos anos 50 do século XX, o marco da guerra fría, con Stalin, McCarthy e a cacería de comunistas por EEUU, Ray Bradbury escribe unha novela na que se abordan temas como a censura, a paranoia social, as denuncias, a liberdade, a cultura e a desaparición dos libros.

Nesta obra, sen dúbida una das mellores de Bradbury, os bombeiros son o eixe maligno da historia, son o dictador dun futuro opresor, onde, irónicamente, traballan para provocar incendios no canto de apagalos. Porque a súa misión é buscar libros e queimalos. Si é necesario, ata as casas que os gardan coa persoa que hai dentro. Son pirómanos da cultura. Xa que os libros están prohibidos porque fan pensar, co cal impídennos a felicidade, nun mundo onde hai que ser feliz por forza.

Pero Farenheit 451 é, antes que crítica social, unha obra literaria, onde acompañamos ao bombeiro Guy Montag que, sen entender a razón e case sen darse conta, comeza a roubar algúns dos libros que debe queimar – porque é o modelo de ser humano que nace con curiosidade polas cousas – e os oculta na casa que comparte coa súa esposa Mildred, unha deprimida e consumista cidadá desa sociedade, xa incapaz de recordar como se coñeceron.

E a partir de aí, como xa imaxinan, comeza toda a aventura, que é inesquecible e aterradora. É aterradora porque sabemos que esta historia, desgraciadamente, existe, segue e seguirá existindo, porque cando o ser humano queda inerme, ser débil é a pose por natureza, e ser invadidos pola ignorancia é a única saída posible.

Pero sempre haberá persoas como Montag, que posúe interese polo que lle rodea e élle inevitable preguntarse polas cousas que sustentan a súa vida. Para el,  é imposible negarse a ir ata o fin do mundo para conseguir o que busca: a verdade, ou polo menos o seu parte de verdade. É o bombeiro que si quere pensar.

Bradbury acertou como un visionario nesta novela, onde a xente vive encerrada nas súas casas, onde hai enormes televisións que aportan só distracción básica e calquera cousa que distraia o pensamento e faga non pensar. Tamén nos fala co corazón nas mans, xestando esa gran ironía que é escribir precisamente o que para el mesmo sería o maior dos horrores: A destrución da escritura.

A idea final de Fahrenheit 451, que non lles vou a contar, é quizá a mellor demostración de amor entre lector e literatura que se escribiu no último século. Todo isto nunha estrutura clásica en tres actos, e con forma de aventura. Non se pode dar máis, hai que quitarse o chapeu e poñela entre as obras mestras.

Está dispoñible na túa biblioteca e tamén para préstamo virtual en GaliciaLe.

EL SOL DESNUDO, de Isaac Asimov

Nestes días de illamento entre persoas e onde pararse para falar na rúa soa a pecado, non hai nada como unha novela que nos presenta unha sociedade onde a xente ten noxo de estar en grupo, tocarse entre si e nin sequera desexa verse de preto… a menos que sexa por hologramas. Se ademais hai un asasinato por medio e unha estrutura semellante ás novelas de Agatha Christie, onde o lector recibe todos os datos nos primeiros capítulos para que teña a oportunidade de resolver o crime antes do final, entón temos unha ben amalgamada historia de misterio e estudo social.

Asimov pertence, e pódese dicir que lidera, á era clásica da Ciencia Ficción americana, que vai dos 50 aos 70, e esta é unha das súas novelas máis peculiares e entre as máis coñecidas na súa prolífica carreira, que pertence ás súas historias de robots, que xunto coa saga da Fundación son as súas obras máis destacables.

Todo empeza cando ocorre un asasinato no planeta Solaria, unha colonia humana onde só viven 20.000 persoas solitarias, afastadas unhas doutras por amplos espazos e servidas por un exército multitudinario de robots parcos en palabras, que fan as tarefas rutineiras, mentres os solarianos dedícanse nos seus enormes latifundios á enxeñería robótica, a arte abstracta e ao deseño dos seus descendentes, de maneira que non teñan que xuntarse para o asqueroso e repulsivo acto de reproducirse. Todos os solarianos desde que nacen son criados, educados e mantidos por solícitos robots. O contacto social con outros humanos é visto con profundo desprezo, tinguido dun silencioso medo que chega ao noxo.

Así que cando ocorre un asasinato, xorde unha verdadeira conmoción. Porque non puido ser un dos millóns de robots do planeta, xa que nunca infrinxen as tres leis da robótica, a primeira das cales prohibe matar humanos. Así que tivo que ser un solariano, por absurdo que pareza.

 

Para resolver este inconcibible misterio chegan desde a primitiva e promiscua nai Terra, chea de xente que se toca, fala de preto e ata se bica, o detective Elijah Baley e o seu compañeiro robot R. Daneel Olivaw, que comezarán unha ardua investigación entre os distantes e esquivos solarianos.

Pero o Sol Espido non é só unha novela de crime e misterio nun mundo futurista, ou máis ben, alternativo á Terra. Nesta novela, Asimov deixa ao carón a súa probada habilidade para ofrecer entretemento e aventura espacial, propio a Ciencia Ficción americana da súa época, e pásase ao estudo dunha sociedade humana tecnificada, ata o extremo de abandonar o contacto social e adorar o illamento autista dos seus membros como cume e meta da civilización.

Máis dunha vez o lector poderá facer inquietantes paralelos entre os illados solarianos e o noso momento actual, e non só me refiro á pandemia.

Pero á parte de todo isto, a novela tamén é unha historia de amor, única e orixinal na literatura, entre un personaxe agorafóbico, que non soporta os amplos exteriores de Solaria, e outro obsesivo-compulsivo, que non soporta ser tocado, os cales protagonizan unha das escenas finais máis logradas da historia da ciencia ficción.

Verán como é difícil de esquecer a frase que dá orixe ao título:

“Viu como os seus raios bañaban ata o último recuncho da cidade, os raios do sol espido”

A novela podédela atopar fisicamente nas nosas bibliotecas e tamén en formato dixital na plataforma de GaliciaLe.

 

Premios Hugo 2011

Este sábado pasado, aconteceu un dos actos máis importantes do ano para os apasionados da Ciencia-ficción e Fantasía, os Premios Hugo 2011 no marco da WorldCon, a convención mundial que reúne aos autores e seguidores desta temática.

 O nome do Premio, provén de Hugo Gernsback, quen foi o fundador da revista Amazing Stories (publicación pioneira do xénero que apareceu en 1926) e é, probablemente, o premio máis importante do xénero.

Entre os seus gañadores temos a prestixiosos autores de ambos os xéneros como Robert A. Heinlein, Isaac Asimov, Kurt Vonnegut, Arthur C. Clark, Usrula Lle Guin, Poul Anderson, Philip K. Dick, Neil Gaiman e moitos máis.
A continuación os gañadores deste ano: 

MELLOR NOVELA
Blackout/All Clear por Connie Willis (Ballantine Spectra)

MELLOR NOVELA CORTA
The Lifecycle of Software Objects por Ted Chiang (Subterranean)

MELLOR NOVELETTE
“The Emperor of Mars” por Allen M. Steele (Asimov’s, June 2010)

MELLOR HISTORIA CORTA
“For Want of a Nail” por Mary Robinette Kowal (Asimov’s, September 2010)

MELLOR TRABALLO RELACIONADO
Chicks Dig Time Lords: A Celebration of Doctor Who por The Women Who Love It, editado por Lynne M. Thomas e Tara O’Shea (Mad Norwegian)

MELLOR COMIC
Girl Genius, Volume 10: Agatha Heterodyne e the Guardian Muse, escrito  por Phil e Kaja Foglio; art por Phil Foglio; colors por Cheyenne Wright (Airship Entertainment)

MELLOR PRESENTACIÓN DRAMÁTICA, LARGA
Inception, escrito e dirixido por Christopher Nolan (Warner)

MELLOR PRESENTACIÓN DRAMÁTICA, CORTA
Doctor Who: “The Pandorica Opens/The Big Bang,” escrito  por StevenMoffat; directed por Topor Haynes (BBC Wales)

MELLOR EDITOR, CORTO
Sheila Williams

MELLOR EDITOR, PELÍCULA
Lou Anders

MELLOR ARTISTA PROFESIONAL
Shaun Tan

MELLOR SEMIPROZINE
Clarkesworld, editado por Neil Clarke, Cheryl Morgan, Sean Wallace;podcast diriXido por Kate Baker

MELLOR FANZINE
The Drink Tank, editado por Christopher J Garcia e James Bacon

MELLOR FAN WRITER
Claire Brialey

MELLOR FAN ARTIST
Brad W. Foster

JOHN W. CAMPBELL AWARD PARA MEJOR ESCRITOR NUEVO
Premio ao mellor novo escritor de ciencia ficción / fantasía de 2009 o 2010, con Dell Magazines como sponsor
Lev Grossman.

Nos queremos resaltar o premio á mellor novela, concedida a Connie Willis, da que temos as seguintes novelas nas Bibliotecas Municipais:

 

E tamén destacar o premio ao mellor debuxante, Shaun Tan, autor de obras como: