Arquivo do blog

Libros en directo: Jorge Volpi

O ciclo de encontros con autores Libros en directo continúa a súa terceira tempada co escritor mexicano Jorge Volpi.

Jorge Volpi en libros en directo

O encontro, presentado como é habitual por Pedro Ramos, terá lugar este xoves 20 de novembro ás 20.00 horas no Centro Ágora. Volpi presentará a súa nova obra Memorial del engaño, recentemente publicada na editorial Alfaguara.

Jorge Volpi naceu o 10 de xullo de 1968 en Cidade de México. É licenciado en Dereito, mestre en Letras Mexicanas pola Universidade Nacional Autónoma de México (UNAM) e doutor en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Salamanca. Traballou como diplomático en Francia, colaborou en diversos medios culturais como o xornal El País e Reforma e foi director do Canal 22 no período comprendido entre 2007 e 2011. Cultivou principalmente xéneros como o ensaio e a novela.

Nas Bibliotecas Municipais da Coruña atoparedes as seguintes obras de Volpi:

Podedes consultar a dispoñibilidade destas obras no noso catálogo:

OPAC

 

E se queredes ver a Volpi en directo e descubrir máis detalles sobre a súa traxectoria e a súa última novela… lembrade, a cita este xoves 20 no Centro Ágora!!

Pablo Fidalgo no Centro Ágora

O escritor e creador escénico Pablo Fidalgo Lareo (Vigo, 1984) presenta este xoves 16 de outubro ás 20.30 h no Centro Ágora o seu libro de poemas Mis padres: Romeo y Julieta, unha especie de autobiografía familiar en verso que indaga especialmente na cuestión da herdanza moral e psicolóxica que se traspasa de proxenitores a descendentes.

Pablo Fidalgo en Agora

A esta obra lle preceden outras tres, entre as que destacan La educación física (2010), elixida por El Cultural como un dos cinco mellores libros de poesía publicados nese ano en España, e La retirada (2012), Premio Injuve de Poesía.

Ademais da presentación de Mis padres: Romeo y Julieta, teremos a oportunidade de ver a súa performance O estado salvaxe. Espanha 1939 o venres 17 de outubro ás 20.30 h, tamén no Centro Ágora.

O estado salvaxe  xurde a raíz de moitas conversacións coa súa avoa e forma parte dun proxecto de investigación co que Fidalgo Lareo busca recuperar a historia dos seus avós. A través de imaxes en Super 8, gravadas polo seu avó dende os anos 50 ata os 80, cóntanos a historia da familia e, ao mesmo tempo, a historia de España dende a Guerra Civil ata os nosos días.

Se queredes descubrir un chisquiño mais sobre Pablo, o seu proxecto e a súa historia, non deixedes de pasar polo Ágora este xoves 16 e venres 17.

Libros en Directo: Alejandro Gándara

ALEJRANDRO GÁNDARA

O ciclo Libros en Directo volta ó Centro Ágora cun novo encontro con autor logo da visita do recén nomeado Premio Nacional das Letras 2013, Luis Goytisolo o pasado mes de outubro. O escritor Alejandro Gándara será o invitado para a sesión do vindeiro xoves 28 de novembro ás 20:30.

Santanderino de nacemento, Gándara compaxina a sua faceta como escritor coa docencia. Fundou a Escola de Letras de Madrid en 1989 e foi columnista nos xornais El País, El Mundo y ABC. Na actualidade é profesor de Historia das Ideas na Facultad de Socioloxía da Universidad Complutense de Madrid e é director académico da Escola Contemporánea de Humanidades.

Publica un blog literario en elmundo.es, chamado El Escorpión

Las puertas de la noche

Na súa visita á nosa cidade, o autor falará de Las puertas de la noche , a novela que acaba de publicar con Alfaguara. O libro é unha unha reflexión que xira en torno á morte, á memoria e á creación literaria. A obra obtivo, en muy pouco tempo, o recoñecemento da crítica

Sinopsis

Un escritor e profesor, cumpridos os cincuenta, enfróntase nun só ano á morte de varios seres queridos.

As palabras e os libros aos que dedicou a súa vida, serven agora de algo? Todo o que escribiu, aprendido e mesmo o que ensinou deberá poñelo urxentemente ao servizo dun único obxectivo: descubrir se existe consolo para a dor, a tristura e a morte.

No nacemos solos, no morimos solos, no nos consolamos solos

 
Obras de Alejandro Gándara en Bibliotecas Municipais A Coruña:

  • Falso movimiento
  • Nunca seré como te quiero
  • Ciegas esperanzas
  • Últimas noticias de nuestro mundo
  • Un amor pequeño
  • Falso movimiento
  • Las primeras palabras de la creación
  • El diablo apuesta a todo
  • Las puertas de la noche

Consulta a súa dispoñibilidade no noso catálogo

catalogo1