Arquivo do blog

Pregunte: as bibliotecas responden

PREGUNTE: As Bibliotecas responden é un servizo público de información a través de Internet que se ofrece gratuitamente e que ten como obxectivo satisfacer as necesidades e intereses informativos de todos os cidadáns.

Está xestionado de forma cooperativa por máis de 40 bibliotecas e atendido mediante un sistema de quendas. As Bibliotecas Municipais do Forum Metropolitano e Estudos Locais forman parte deste proxecto e son as encargadas de respostar dende a provincia de A Coruña.

Este 2020 cumpre o seu vixésimo aniversario. Constitúe un dos exemplos pioneiros e máis lonxevos de cooperación bibliotecaria no noso país. Desde o ano 2000, en que se puxo a disposición dos usuarios, respondeu a máis de 85.005 preguntas. A Biblioteca Municipal Forum Metropolitano incorporouse a este servizo dende outubro de 2001.

Permite aos usuarios realizar consultas ás bibliotecas participantes a través de dúas modalidades: correo electrónico e chat.

Este servizo atende preguntas sobre calquera materia de carácter xeral, ofrecemos orientación bibliográfica xeral e remitimos aos organismos ou entidades apropiadas.

No seu espazo web tamén se ofrecen ligazóns a recursos en liña para localizar información de interese sen a intermediación dun bibliotecario.

“Pregunte: as bibliotecas responden” impulsa o papel activo das bibliotecas públicas na sociedade da información como centros de información accesible para todos os cidadáns, promovendo con iso a prestación de servizos bibliotecarios mediante o uso das tecnoloxías da información e a comunicación.

CORREO ELECTRÓNICO

O servizo aténdese en calquera das linguas cooficiais do Estado. O tempo máximo de resposta da consulta será de dous días laborables desde o momento do seu envío e será remitida á dirección de correo electrónico que facilite.

Pode realizarse a pregunta en calquera horario, xa que se reciben consultas as 24 horas do día, os 365 días do ano.

CHAT

Esta modalidade permite comunicarse cun bibliotecario en tempo real dentro do horario de atención do servizo (de luns a venres laborables de 10 a 19 horas) e aténdese unicamente en castelán.

Pola dinámica do propio servizo é conveniente concretar a información que necesita. Se necesitamos dunha resposta máis elaborada ou de carácter máis amplo, pode realizarse unha consulta a través de correo electrónico.

Presentación da colección “Mulleres bravas da nosa historia”

O próximo mércores 1 de Febreiro ás 18:30 h. na Biblioteca Forum temos a presentación da colección “Mulleres bravas da nosa historia” de Urco Editora.

subir

 

Rosalía de Castro, María Victoria Moreno… Elas son as protagonistas dunha colección que pretende dar a coñecer a algunhas das mulleres exemplares da historia da Galicia aos máis pequenos.
Ademais de contar a biografía das protagonistas, os libros contarán con actividades para realizar coas nenas e nenos e cronoloxía, todo para axudar a valorar a achega das protagonistas á nosa cultura e ao noso país, ás veces ocultada polo feito de ser muller.
Todos os libros contarán coas ilustracións de Eva Agra e texto de diferentes autoras de renome, como María Lado, Eli Ríos, Elvira Ribeiro, Ledicia Costas, María Reimóndez,

Presentación do libro “Verdades creadas” de Rodrigo Costas

"Verdades creadas" de Rodrigo Costas

O próximo martes 20 de Decembro ás 19:00 h. temos na Biblioteca Municipal Forum Metropolitano a presentación do novo libro de Rodrigo Costas, “Verdades creadas”, publicado por Ediciones Oblicuas. Presenta o acto Alberto Trinidad, director da editorial.

Os catro textos que compoñen este libro (un relato que non é un relato, a historia dun personaxe atrapado nas súas palabras, a viaxe dun pai coas súas fillas e a autopsia dun proceso xudicial) e que o converten nun falso volume de relatos, comparten, ademais de numerosos motivos que se estenden e entrelazan duns a outros, tres trazos comúns: unha mesma e peculiar estrutura narrativa na que o tempo non xoga ningún papel; o feito de que todos eles aludan a outra obra, real ou ficticia; e que os catro abordan a cuestión do que entendemos por verdade e o seu engarce co real. O resultado é un volume formado por pezas autónomas que cobran todo o seu sentido como conxunto.

rodrigo-costasRODRIGO COSTAS FREIJEIRO:

Nacido en Vigo no 1977, publicou ata a data a novela “En las afueras” (Ediciones Oblicuas, 2015), o relato “Entre Palabras” (finalista do II Certame de Relatos de El Bistró de La Central del Callao, 2013), o poemario De Valera (accésit de poesía nos Premios Minerva, 1995) e numerosos post, artigos, recensións artísticas, crónicas de talleres editoriais e narracións curtas aos que se pode acceder a través da súa web.

Presentación do libro “O penalti de Djukic” de Carlos Taibo

carlos-taibo-o-penalti-de-djukic-publicado-por-atraves-editora

O próximo xoves 15 de Decembro ás 19:30 h. temos na Biblioteca Municipal Forum Metropolitano a presentación do novo libro de Carlos Taibo, “O penalti de Djukic”, publicado por Através Editora.

Estarán na presentación do libro o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro; o xornalista e director de “Galicia por diante“, na Radio Galega, Kiko Novoa; o editor de AGAL, Valentim Fagim; e o directivo do Deportivo, Enrique Calvete.

O penalti de Djukic, editado por Através Editora

Dous profesores, un lisboeta e outro galego-madrileño, afeccionados polo mesmo equipo: o Deportivo da Coruña. Pola súa correspondencia virtual repasan a historia do Deportivo, a condición dos seus afeccionados, as glorias e as miserias do club, a propia cidade da Coruña, a rivalidade co Celta ben como o fútbol na súa versión máis tranquila e sociable. Este libro é, antes de nada, un texto amable no que non falta o humor e a ironía.

CARLOS TAIBO

Profesor de Ciencia Política na Universidad Autónoma de Madrid, onde dirixiu no pasado o programa de estudos rusos. Traballou durante anos en cuestións vinculadas coas relacións internacionais e publicou monografias sobre a globalización, a hexemonía dos Estados Unidos, os movementos de resistencia ou o decrecemento.

Versos en movemento na Biblioteca Forum

Versos en Movemento

…que es la poesía. ¿Es poesía lo que me eriza los pelos en la nuca? ¿Lo que me produce ese escalofrío que me sube por la columna? ¿Un vuelco, en el estómago?¿El  rapto de un instante en el que la respiración y el tiempo desaparecen?¿Un vislumbre de la verdad?¿Los ojos girados hacia dentro y los párpados bajados como un denso telón para que nada pueda distorsionar la verdad súbitamente revelada? ¿Es la compañía perfecta? ¿Es un puñetazo en el alma?…

…La poesía es, así pues, un interruptor que enciende la luz interior, una oda cuya energía acciona un secreto resorte en la mente, activando una recepción en nuestro decimonónico sentido.

…¿Es la canción poesía?

 Unos dicen que sin la muleta de la música el texto de una canción no se aguanta por sí solo en una página en blanco, mientras otros sostienen que el elemento mágico de una canción es precisamente la poesía. Probablemente,  al igual que la poesía, que es más que la suma de sus partes, la canción también lo sea, es decir,  más que música y letras juntas. No queda más que leer el texto, precisamente,  para  sentenciar si participa del propósito y principio fundamental de la poesía, es decir, establecer una calidad de comunicación y albergar una verdad como pura experiencia personal

Alberto Manzano

Dende 13 de Xaneiro ao 31 de Marzo na Biblioteca Forum Metropolitano a Poesía será a protagonista das súas actividades.

“Mostra Bibliográfica”

Versos en Movemento

A  Música e a poesía son cómplices e amantes e constitúen o alimento da nosa alma, e por isto, nesta mostra bibliográfica imos nutrirnos dunha selección de poemas feitos cancións, cancións feitas con poesía e poemas que sen dúbida están cheos de melodía.

 

Grúa poéticaObradoiro: “Grúa poética”
Mércores, 27 de xaneiro ás 18:30 h

Inscrición previa dende o 20 de xaneiro na web: http://www.coruna.es/bibliotecas

Obradoiro dirixido a nenos e nenas de 7 a 12 anos, coa colaboración de Celia Parra, no que se unirá a arte de atopar as palabras para crear poemas, coa arte  do origami para confeccionar grúas de papel onde os nenos e nenas farán  voar os seus  versos. Deste xeito celebraremos todos xuntos o Día Internacional da non violencia e da Paz.

 

Recital de poesía: “Cocíñame”: poemario erótico-culinario

Mércores, 17 de febreiro ás 19:30 h.

Entrada libre ata completar capacidade

Celia Parra vainos presentar un recetario de poemas nos que o verbo amar e o verbo comer seguen a mesma conxugación. Un menú completo no que cada plato é unha invitación ao goce, a amar-comer cos ollos e coas mans.

Coñece este proxecto de poesía, cociña e fotografía que vai fervendo a lume lento.

 

Sin títuloRecital de poesía e música: “A forza da palabra no ritmo do silencio”

Luns, 21 de marzo ás 19:30 h.

Entrada libre ata completar capacidade

Xulio Valcárcel, Olga Patiño, Miguel Mato, Diana Varela, Xosé Taboada e Martín Marticorena invitánnos a  compartir  con eles a súa música verbal, o xogo de resonancias, en definitiva, o seu  xeito de percibir o mundo, de tentar expresar a fonda realidade humana.