Arquivo do blog
A Biblioteca Forum presenta: Ponte en escena
Coincidindo co Día Mundial do Teatro o 27 de marzo na Biblioteca Forum Metropolitano organizamos unha mostra bibliográfica adicada a esta arte e ao mundo da escena en xeral. A mostra estará dispoñible do 1 de febreiro ao 31 de abril na sala de adultos e na infantil da Biblioteca Forum Metropolitano.
Quixemos ir máis aló e a selección bibliográfica abarca dende libros informativos ata novelas e material sonoro e audiovisual. Entre o material seleccionado atoparás os diferentes xéneros do teatro: a obra musical, a comedia, a farsa, a pantomima, a comedia romántica, a traxedia, a fantasía, a ópera, o teatro do absurdo, e moitas outras formas, tanto tradicionais coma experimentais. Así como obras narrativas que posteriormente foron levadas ás táboas sendo todo un éxito.
O teatro é a rama da arte escénica relacionada coa actuación que representa historias fronte a unha audiencia usando unha combinación de discurso, xestos, escenografía, música, son e espectáculo. É tamén o xénero literario que comprende as obras concebidas para un escenario ante un público.
Queremos darlle protagonismo porque o teatro forma parte da cultura e polo tanto non pode permanecer distante dos movementos estéticos, artísticos, poéticos e culturais dos países por onde a súa influencia e memoria camiñan.
Dende as Bibliotecas Municipais da Coruña propoñémosvos así achegarvos ao xénero do teatro e da escena. Podedes coñecer os fondos que integran a mostra no seguinte wiki “Ponte en escena”, na Guía de lectura da mostra. E acceder á galería fotográfica do flickr.
Ademáis da mostra poderás desfrutar das seguintes actividades:
Papiroflexias: Montaxe de teatro musical infantil
Cando: 25 de febreiro ás 18:30
Sala Infantil Biblioteca Forum Metropolitano
25 prazas para nenos e nenas de 6 a 12 anos. Inscrición previa mediante formulario na páxina web das Bibliotecas Municipais a partir do 11 de febreiro ás 10 h.
Da man de Nelson Quinteiro e inspirado no libro “O Principiño” de Antonie Saint-Exùpery chega “Papiroflexias”, unha montaxe de teatro musical infantil e con música ao vivo no que a conciencia ecolóxica, o teatro de obxectos, a danza con pinceladas de baile tradicional galego e a papiroflexia mestúranse. As bolas, paxariñas, canóns de confetti, avións de papel ou comecocos xigantes dan ritmo e narración a un relato de transfondo ecolóxico.
A morte é a túa voz ausente: peza teatral inspirada nas últimas horas do autor italiano Cesare Pavese. É unha obra da escritora e avogada Diana Varela na que o actor Juan Vázquez interpreta ao escritor Cesare Pavese.
Cando: 11 de marzo ás 20 h. na sala de adultos da Biblioteca Forum. Entrada libre ata completar aforo.
Cesare Pavese, antes de morrer, deixou unha nota de despedida. “Perdoo a todos e a todos pido perdón. De acordo? Non murmuredes moito”. Estas últimas horas da vida da vida do escritor serven como inspiración a Diana Puñal para escribir a peza teatral A morte é a túa voz ausente. Vítima de represións polo seu posicionamiento antifascista, suicidouse o 27 de agosto de 1950 nun hotel de Turín, despois de facer varias chamadas de teléfono…sen que ninguén collera ao outro lado.
Habitante: performance de interacción escénica a cargo do artista Nelson Quinteiro
Cando: 18 de marzo na sala de adultos da Biblioteca Forum. 12 h. instalación, 17 h. interacción, 19 h. representación final. A entrada será libre ata completar aforo.
A obra desenvolverase a partir das 12 da mañá ata as 9 da noite. O artista irá creando os espazos nos que interactuará co espectador ao longo do día. Haberá unha representación final ás 7 da tarde de todas as micropezas de teatro que se desenvolvan ao longo do día. O proxecto #habitante é un exercicio de creación plástica e escénica, ao mesmo tempo que unha actividade performática que leva consigo a composición, instalación, residencia, conversación co espectador/a e posta en escena de micro-pezas asociadas aos espazos escénicos.
Outra historia do cinema na Biblioteca Forum
Ao longo do mes de outubro a Biblioteca do Forum Metropolitano celebra o cinema na súa diversidade, o seu glorioso pasado e o seu presente igualmente luminoso.
- Mostra Bibliográfica: OUTRA HISTORIA DO CINEMA
Do 1 ao 31 de Outubro
A historia do cinema, tal e como nola contaron sempre, tende a ser lineal, masculino e occidental. A cada etapa sucédelle outra, coma se fosen chanzos dunha escaleira de sentido único; non parece haber máis cine que o americano e europeo de tramas claramente novelescas, con algún toque exótico oriental; e os directores, guionistas e produtores adoitan ser homes (por suposto brancos). Pero a verdadeira historia é outra: está inzada de mulleres que crearon obras indispensables, ábrese dende a súa mesma orixe a formas non narrativas e ramifícase por todo o planeta para alimentarse de culturas, linguas, paisaxes e maneiras de entender o mundo moi diferentes. O cine é un e moitos á vez.
Na Biblioteca do Forum Metropolitano preparamos unha mostra bibliográfica con materiais diversos, que podes consultar na seguinte wiki: Outra Historia do Cinema
- Visita guiada de Martin Pawley: Paseo das estrelas
7 de Outubro ás 19:00 h.
Visita guiada de Martin Pawley (Programador, crítico e productor de cine).
A Biblioteca converténse durante o mes de outubro nun auténtico “paseo das estrelas” ao máis puro estilo hollywodiense, onde as protagonistas son Elas (directoras, guionistas, actrices …) as mulleres máis destacadas no mundo do cine ao longo da historia.
- Mesa Redonda:
A historia do cinema sempre tende a ser lineal, masculino e occidental, pero a verdadeira historia é outra. Participa con nós e coñece outra historia do cinema:
21 de outubro ás 19:00 h.
Participantes:
Martin Pawley (Programador, crítico e produtor de cine)
José Manuel Sande (Programador do CGAI, crítico e historiador de cine, guionista e produtor de ARRAIANOS)
Xabier P. Docampo (Escritor e cinéfilo)
Uxía Villarino (Profesora e cinéfila)
TO THE WONDER , de Terrence Malik.
* Festival de Venecia 2012: Premio SIGNIS.
Formato: 35 mm
02, 03 e 04 de outubro
Neil deixou Estados Unidos buscando unha vida mellor, deixando atrás unha serie de feitos dolorosos. Mirando a Mariña aos ollos, Neil está seguro de que atopou á muller que pode amar con dedicación. Pero cando anos máis tarde, unha serie de circunstancias persoais e profesionais rachan a súa relación, outra muller aparece na vida de Neil, con igual ou mesmo maior forza: Jane. Logrará este home manterse fiel á súa promesa inicial ou aproveitará para cambiar a súa vida cara ao futuro que sempre anhelou?
UN CHÂTEAU EN ITALIE, de Valeria Bruni Tedeschi
Formato: DVD
09, 10 e 11 de outubro
É a familia de Louise. Pero, cando ela coñece a Nathan, os seus soños de felicidade rexorden.
É tamén a historia do seu irmán enfermo e o destino dunha familia italiana, obrigada a desfacerse do seu patrimonio e parte dos seus recordos. Un mundo que acaba e un amor que dá comezo.
LES SALAUDS, de Claire Denis
Formato: 35 mm
16, 17 e 18 de outubro
O seu cuñado acaba de suicidarse, a fábrica familiar está ao bordo da quebra e a súa sobriña está ingresada nun hospital psiquiátrico. Sandra acusa a Edouard Laporte de ser o responsable de todos os seus males. Decidido a vingar o dano que causou á súa familia, Marco se muda ao mesmo edificio onde vive a amante de Laporte. Pero Marco non contaba cos segredos que a súa irmá non lle desvelou.
L’IMAGE MANQUANTE, de Rithy Panh
* Festival de Cannes 2013: Mellor película
Formato: 35 mm
23, 24 e 25 de outubro
Os cidadáns foron enviados a campos de traballo e coa clara intención de eliminar as divisións de clase, todos os efectos persoais foron confiscados e os individuos substituídos por números. As torturas e execucións convertéronse en moeda de cambio á menor infracción.
Nun audaz salto imaxinativo, a historia é representada mediante figuras de arxila superpuestas na narración.
- Mapamundi con referencias a cineastas: Cineastas do mundo
A través dun Mapamundi o “espectador” poderá ver e ser partícipe da diversidade fílmica existente ao longo dos 5 continentes. A modo de panel interactivo será o “espectador” quen descubra, coa axuda dunhas pequenas pinceladas biográficas, a identidade nacional dos cineastas.
- Caixa dos desexos
Farémonos eco dos teus desexos máis cinéfilos. Poderasnos deixar por escrito as suxerencias de todos aqueles filmes que che gustaría ver ou que tivésemos na biblioteca.
- “3 Minutos: Taller de edición de curtametraxes”
Cando: 13, 20 e 27 de outubro, ás 19.00h
Público: de 12 a 16 anos
Inscrición (15 prazas) : do 29 de setembro ao 10 de outubro, na biblioteca, no teléfono 981 184 298 ou enviando un mail a bforum@coruna.es.
Rodaranse curtas suxeridas a partir de personaxes literarias adaptando así os seus aspectos característicos á biblioteca. Usaranse diversas técnicas ademais da imaxe real: debuxo, Stop Motion…
Os nenos aprenderán todo o proceso de montaxe e edición de vídeo, os procesos de efectos sonoros e voces así como a gravación de música. Ao finalizar cada participante terá a súa copia en formato dixital.
#LeConOrgullo nos clubs de lectura
O 28 de xuño é o Día do Orgullo LGBT (lesbiana, gai, bisexual e transexual), tamén coñecido como Día do Orgullo Gai, é unha serie de eventos que cada ano os colectivos LGBT celebran de forma pública para instar pola tolerancia e a igualdade dos gais, lesbianas, bisexuais e transexuais.
Dende xa hai uns anos as Bibliotecas Municipais da Coruña vólcanse nunha serie de actividades que esta semana iremos adiantando.
AS MUNICIPAIS ENTENDEN:
Os fondos das bibliotecas son (e deben ser) un fiel reflexo da sociedade e moi especialmente das comunidades ás que prestan servizo de proximidade. Como bibliotecas, e como bibliotecarixs, debemos ser partícipes, e mesmo impulsorxs, dos procesos de erradicación de toda manifestación excluínte, optando sempre por unha vía integradora da diversidade.
Calquera persoa que se achegue a unha biblioteca pública buscando información sobre o feito homosexual, bisexual e transexual require de nós unha resposta eficiente. Esta resposta debe traducirse nunha integración total de materiais que toquen a temática LGTB nas nosas estanterías e, ademais, no ciberespazo.
É por isto último que nace esta wiki de cores: para contribuír e apoiar á comunidade LGTB na súa loita polo respecto.
OS CLUBS DE LECTURA:
Son moitas as persoas que participan nos clubs de lectura das Bibliotecas Municipais, moitas e con moi diversos intereses. E precisamente por esa diversidade, a experiencia resulta enriquecedora e satisfactoria. Intercambio de opinións, vivencias, puntos de vista en torno ás vidas ficticias de personaxes que salen do papel e viven fora da ficción, e que no fondo son reflexos ficcionais de personaxes que, en maior ou menor medida, crúzanse nas nosas vidas no día a día.
Dende as Bibliotecas Municipais queremos invitarvos a participar dunha sesión especial do Clubs de Lectura o mércores 25 de xuño na Biblioteca Forum Metropolitano da Coruña, a obra elexida para a ocasión será El azul es un color cálido de Julie Maroh, editado en España por Dibbuks:
El azul es un color cálido, Julie Maroh:
Clementine é unha adolescente sen problemas. Chega do campo para integrarse nun instituto no que sente a gusto. Un día crúzase na rúa cunha parella de mozas. Unha leva o pelo tinguido de azul, e sorrille, mentres Clementine baixa a vista. A partir deste preciso momento todo vai cambiar para ela: a súa relación cos seus novos amigos, o seu sitio na familia, as súas prioridades? e sobre todo a súa sexualidade. É difícil saber que aspecto ten o amor. Ás veces doe e sempre hai obstáculos no camiño. Pero unha calor inabarcable instálase no estomago, que che fai vibrar e empúxache a superarche.
A autora conseguiu cativar ao público e á crítica, conseguindo varios premios como os de Mellor Obra por votación popular e Autor Novel no Festival de Angoulême e o de Mellor Autor Novel no Salón do Cómic e das Artes Gráficas de Roubaix, (Francia).
No noso blog especializado en Cómics, Fancomic.es, temos una reseña propia.
Para participar na sesión especial dos Clubs de Lectura o mércores 25 de xuño na Biblioteca Forum Metropolitano da Coruña, tes que confirmar asistencia antes do venres 20 de xuño, no email bforum@coruna.es
Mostra: O pasado é futuro, na Biblioteca Forum
A Historia permite aprender os feitos do pasado para así comprender o presente e albiscar o futuro. Existen varias razóns polas que coñecer a Historia é moi enriquecedor. Para entender a sociedade actual, é necesario saber a historia do teu propio país e a do teu continente. Ademais, o estudo e a paixon por esta disciplina achega ao historiador, un método de análise fundamental. Por iso, temos que coñecer a historia para poder comprender os acontecementos actuais e evitar no posible volver cometelos, pois como di o refrán “Quen non coñece a súa historia está condenado a repetir os seus erros”.
A Biblioteca Forum Metropolitano fai unha selección, de entre os seus fondos, da mellor novela histórica e as súas mellores obras de divulgación histórica.
Accede á Galería fotográfica da mostra O pasado é futuro no Flickr de Bibliotecas Municipais
Podes coñecer os fondos que integran a mostra no seguinte Wiki – Mostra Bibliográfica O pasado é futuro, e tamén a Guía de lectura da mostra O pasado é futuro:
Ademáis conmemoramos o comezo da Primeira Guerra Mundial cunha minimostra especial dentro da propia mostra “O pasado é futuro”. Este 2014 cúmprense cen anos do comezo da Primeira Guerra Mundial, tamén coñecida como “A Gran Guerra”. Foi este un conflito que tivo enormes consecuencias para a sociedade da súa época e que marcou un antes e un despois na Historia da humanidade. A bibliografía das Bibliotecas Municipais da Coruña, relacionada directamente con esta efeméride, podémola consultar no seguinte Wiki.
As nosas recomendacions especiais son:
1914: De la Paz a la guerra / Margaret MacMillan (Turner, 2013)
O relato definitivo das forzas políticas, culturais, militares e persoais que levaron a Europa cara á Gran Guerra.A Primeira Guerra Mundial puxo fin a un longo período de paz sostida en Europa: unha época na que se falaba confiadamente de prosperidade, de progreso e de esperanza.
Manfred von Richthofen : El Barón Rojo / J. Eduardo Caamaño (Almuzara, 2014)
Escrito cun estilo fluído e de amena lectura, este libro biográfico tamén detalla anécdotas da súa vida, curiosidades do conflito, e fai unha reconstrución dos seus soados combates, ademais dunha interesante análise acerca da polémica creada ao redor da súa morte.
De París a Monastir / Gaziel ( Libros del Asteroide, 2014)
Gaziel reuniu algo máis da metade das súas colaboracións bélicas no xornal “La Vanguardia” e publicounas en varios libros. De todos eles o máis impactante e logrado, seguramente, é De París a Monastir. Publicado por primeira vez en 1917, considerado como un libro fundamental do xornalismo español do século XX.
Nas Bibliotecas Municipais da Coruña podes encontrar estas obras, consulta a súa dispoñibilidade no Catálogo.
Libros en Directo con Javier Sierra
O ciclo Libros en Directo volta ó Centro Ágora este xoves, 12 de decembro, ás 20:30 horas e pecha o último encontro con autor deste ano coa visita do escritor e contertulio televisivo e radiofónico Javier Sierra.
Como é de costume os membros dos nosos Clubs de Lectura estarán presentes nesta nova cita con Libros en Directo: encontros con autor para compartir con Sierra as impresión da súa última novela, lida e comentada nas tertulias semanais dos clubes. A entrada é libre e gratuita.
Javier Sierra: periodista, escritor e investigador
A actividade profesional deste turolense de nacemento e xornalista de formación está ligada á comunicación, á escritura e á investigación.
Escritor
Como escritor Sierra plantexa que as súas novelas teñan como propósito común resolver misterios históricos, baseándose en documentación e investigación de campo, centrándose en misterios da Historia que, segundo él, levan agardando séculos a ser desvelados.
Xornalista
Desde moi cedo sentiuse atraído polo mundo da comunicación. Deste xeito, coñecemos o seu lado máis popular por su participación en diversos espacios radiofónicos y televisitos como el programa de Cuatro Cuatro Milenio y en la Cadena Ser con Milenio3 presentando la sección El hombre de los libro.
Javier Sierra é o primeiro escritor español que entrou no Top Ten da lista dos máis vendidos de Estados Unidos, elaborada por The New York Times. Conseguiuno en marzo de 2006 coa súa obra The Secret Supper, La Cena Secreta, alcanzando o número 6.
Esta novela editouse en 42 países e leva vendidos máis de tres millóns de exemplares, colocando o escritor como o segundo escritor español contemporáneo máis traducido, tras Carlos Ruiz Zafón e por diante de Juan Gómez-Jurado Varias produtoras estadounidenses mostráronse interesadas en levar a novela ao cine.
Gañou tres Latino Book Awards otorgados á mellor novela histórica d0 2007 por La dama azul, e á mellor novela de aventuras en 2011 en inglés e español, por El ángel perdido.
El Maestro del Padro
Este xoves, no Centro Ágora, Javier Sierra comentará a súa última obra.
El Maestro del Prado presenta un apaixonante percorrido polas historias máis descoñecidas e secretas dunha das pinacotecas máis importantes do mundo, o Museo del Prado, ó máis puro estilo dos relatos de enigmas. Como o propio Sierra recolle en súa páxina web, El Maestro del Prado é:
Una aventura que cambiará para siempre nuestra percepción del arte y nos ayudará a comprender su función íntima y su sentido
Os integrandes do Club de Lectura de Forum mañas da Biblioteca de Forum Metropolitano e do Café con Libros da Biblioteca de Os Rosales compartiron impresións tras a lectura desta última obra. Os coordinadores de ambos clubs, Enrique Pereira e Anabel Cardiel presentáronnos e analizaron en post anteriores ás reflexiones da obra.
Obras de Javier Sierra en Bibliotecas Municipais A Coruña:
- En busca de la Edad de Oro : los tesoros ocultos de las civilizaciones perdidas
- La cena secreta
- La dama azul
- Las puertas templarias : libro de pistas gráficas
- La ruta prohibida y otros enigmas de la historia
- El ángel perdido
- El secreto egipcio de Napoleón
- El maestro del Prado y las pinturas proféticas
Consulta a súa dispoñibilidade no noso catálogo
Comeza a tempada dos clubs de lectura
Rematado o verán e o período de vacacións os nosos clubs de lectura voltan ó curso e retoman a sùa actividade neste mes setembro e comezo de outubro.
¿Que son os clubes de lectura?
Os clubs de lectura das Bibliotecas Municipais da Coruña son grupos de persoas afeccionadas á lectura que se reúnen periodicamente para comentar e valorar un libro proporcionado polas Bibliotecas Municipais da Coruña coa axuda dun coordinador.
¿Quen pode participar?
Non fai falta ser un experto lector, o club de lectura está pensado para persoas con inquietudes culturais, gañas de ler, facer amigos e intercambiar opinións con outras persoas. En realidade, o libro só é un punto de partida. Pode participar calquera persoa que queira, ata o máximo de persoas establecidas por clube.
Bibliotecas Municipais adquire a cantidade suficiente de exemplares dos títulos dos libros elexidos para que cada participante teña o seu durante o tempo necesario. A lectura faise cada un na súa casa e o ritmo é o marcado polo club.
O coordinador encárgase de moderar as reunións semanais para comentar o que se leu ó longo da semana. Os debates adquiren sempre un carácter sempre amigable e desenfadado. O que sí , é necesario respetar os turnos de palabra e axustar os tempos de intervención. O persoal bibliotecario presta apoio a todo o que axude a contribuir a enriquecer a lectura, asesorando e facilitando aos lectores o acceso a toda a información.
¿Cando se celebran as reunións?
Semanal, quincenal ou mensualmente dependendo do club e da biblioteca.
En que bibliotecas se desenvolve a actividade
Na actualidade Bibliotecas Municipais de A Coruña conta con un total de 11 clubs:
- Biblioteca Ágora: Martes 19.00 h, 15 prazas, público adulto, Semanal. Completo
- Biblioteca Castrillón: Mércores, 18.30 h, 17 prazas, público adulto, Semanal. Prazas libres
- Biblioteca Forum : Luns 11.30 h, 20 prazas, público adulto, Semanal. Prazas libres
- Biblioteca Forum : Martes 10.30 h, 20 prazas, público adulto. Completo
- Bibiblioteca Forum : Mércores 18.30 h, 20 prazas, público adulto, Semanal.Prazas libres
- Biblioteca Forum – Cómics:Último mércores de cada mes, 18.30 h, 10 prazas. Prazas libres
- Biblioteca Infantil e Xuvenil: Xoves 18.30 h e Sábados 11.30, 12 prazas, público xuvenil 12 a 16 anos. Prazas libres
- Biblioteca Monte Alto: Martes 18.00 h, 20 prazas, público adulto. Completo
- Biblioteca Monte Alto: Venres 19.00 h , 15 prazas, público xuvenil 10 a 15 anos. Prazas libres
- Biblioteca Sagrada Familia: Lunes 10.30 h, 12 prazas, público adulto. Prazas libres
- Biblioteca Os Rosales: Lunes, 18.30 h, 14 prazas, público adulto. Completo
- Biblioteca Os Rosales: Mércores: 18.30, 14 prazas, público adulto. Completo
Para máis información ou apuntarte como reserva nos clubes que están completos podedes acudir as nosas bibliotecas ou chamar por teléfono
Bibliotecas Municipais de A Coruña conta cun Club de Lectura Virtual na que os membros non se reúnen físicamente, senón que utilizan o blog para intercambiar as impresións sobre o lido. Se estarás interesado e queres máis información. Visita o Ciber Club
Faite socio das Bibliotecas Municipais
Se queres facerte socio das nosas bibliotecas e ter o carné podes facelo de dous xeitos:
- Persoalmente, acudindo a unha das nosas oito bibliotecas cubrindo a solicitude
- Electrónicamente, a través da nosa páxina web, cubrindo o formulario
Leo, leo, ti que les ?
Decía Borges que “Dos diversos instrumentos inventados polo home, o máis asombroso é o libro; todos os demáis son extensión do seu corpo… Só o libro é unha extensión da imaxinación e da memoria”
Lemos todos os días. A todas horas. Inconscientemente: a información nutricional da caixa de cereais, a factura da electricidade, as vallas publicitarias. Conscientemente: unha novela de Anxos Sumai, o xornal, o Facebook. Realmente somos máis lectores que nunca.
Tanto pequenos como adultos cando lemos e nos deprendemos non nos facemos necesariamente máis sabios, pero sí máis listos: descubrimos o que aínda descoñecemos, confirmamos o que non sabemos
Recomendar un libro
A lectura é sin duda unha tarea de gran proveito público. Non requiere enormes desembolsos nin exixe fortísimas inversións. É máis, resulta unha labor de desprendemento, que fomenta o intermabio, o feito de que aquelo que les, acábalo repartíndolo a mans cheas. Cando tes un amigo sempre acabas contándolle ese libro que acabas de ler e o que che pareceu. O normal é que o destinatario non se conforme e acabe lendo o libro para comprobalo por el mesmo.
Dende as nosas Bibliotecas Municipais ofrecemos para o noso público adulto recomendacións de lecturas para este verán e mostras bibliográficas temáticas para poder poñer en práctica todos eses beneficios que nos aporta a lectura
Adultos
- A obra de Pablo Ruiz Picasso na Biblioteca Estudos Locais: Mostra que conmemora os 40 anos do falecemento, Pablo Ruiz Picasso, o xenio da pintura que viviu na nosa cidade ocorrida entre 1891 e 1895, dende que o pintor tivo 10 anos e ata que cumpriu 14. Máis información
- Mostra de Viaxes Biblioteca do Fórum Metropolitano: Trátase dunha ampla selección de recomendacións en formato bolsa-pack de libros,música, dvds organizada conxuntamente co CMIX que nos permite poder facer unha viaxe á medida, introducirsnos nos ambientes máis exóticos ou embarcarnos nun cheo de aventura con libros de gastronomía, guías de viaxes, novelas …. Máis información
- Faino ti mesmo na Biblioteca do Castrillón: Selección de libros, revistas, dvd explicativos para que poidas desenvolver por ti mesmo traballos manuais nos que se poida dar renda solta á imaxinación, ao enxeño e á orixinalidade. Máis información
- Recomendacións para o tempo libre da xuventude na Biblioteca do Castrillón: Selección de recomendacións dirixida á mocidade de máis de 14 anos
- Mostra Xeografía do Crimen na Biblioteca de Monte Alto: Mostra bibliográfica sobre novela de intriga de autores europeos, españois e galegos. Máis información
- Imos a…na Biblioteca de Os Rosales: Mostra documental de guías turísticas, dvds e novidades ambientadas nas mellores cidades do mundo. Máis información
- Divertímonos Xogando na Biblioteca de Ágora: Selección de materiais relacionados coa chegada das vacacións escolares e a posibilidade de gozar durante moito tempo de xogos e exercicios nun momento en que o lecer é o protagonista do verán dirixidos ó publico adulto para desfrutar cos pequenos. Máis información
Este é, sen dúbida, un dos homenaxes máis bonitos e representativos feito ao libro e a lectura. The Fantastic Flying Books of Mr. Morris Lessmore foi a curtametraxe elexida como gañadora nos Premios Óscar na categoría de Mellor Curtometraxe en 2012.
Ven a visitar as nosas bibliotecas e leva en préstamo a nosas recomendacións. Podes consultar o noso catálogo para ver a disponibilidad dos libros, revistas, cd, dvd, …
Encienden las palabras… erotismo y literatura
Encienden las palabras… este es el título de la muestra bibliográfica que ocupa estas semanas el escaparate de la Biblioteca Forum y que contiene una selección de libros que rezuman erotismo en cada una de sus páginas…
…Lo erótico consiste en dotar al acto sexual de un decorado, de una teatralidad para, sin escamotear el placer y el sexo, añadirle una dimensión artística…
…Digámoslo desde el principio: no hay gran literatura erótica, lo que hay es erotismo en grandes obras literarias. Una literatura especializada en erotismo y que no integre lo erótico dentro de un contexto vital es una literatura muy pobre….Mario Vargas Llosa
Y es que, aunque la literatura erótica estuvo durante mucho tiempo relegada a los rincones más escondidos de las bibliotecas públicas y particulares, el reciente bombazo literario del verano de “Cincuenta sombra de Grey” ha encendido el imaginario sexual de muchos lectores, que con sus críticas y alabanzas han puesto de moda este denostado género literario y cuyos inicios se remonta a los primeros escritos del Antiguo Egipto y que en el siglo XX volvió a cobrar cierta importancia con la polémica obra de D.H. Lawrence publicada en 1928 “El amante de Lady Chatterley“.
Así que tanto si te han parecido intragables las historietas de Anastasia y el Señor Grey, como si la trilogía te ha dejado con ganas de leer más de este género, pásate por la Biblioteca del Forum y atrévete a llevarte alguno de los libros que hemos seleccionado para vosotros y que están pidiendo a gritos que te los lleves a tu mesilla de noche.
En la a relación de títulos destacados que podéis encontrar en la Wiki creada ad hoc, seguro que descubrís alguna sorpresa o detectáis alguna ausencia, colaborad enriqueciendo nuestra selección con aquellos libros que en algún momento os han encendido…