Arquivo do blog

#LemosParaTi no 25N

Cada 25 de novembro celébrase a nivel internacional o Día da Eliminación da Violencia sobre as Mulleres co obxectivo de denunciar e erradicar a violencia que sofren mulleres e nenas en todas as partes do mundo. Violencia que, segundo datos da ONU, intensificouse nos últimos meses debido ás circunstancias actuais derivadas da crise sanitaria Covid-19, especialmente se falamos de violencia no ámbito doméstico.

Unha das imaxes da campaña de activismo contra a violencia de xénero da ONU, que estará activa ata o próximo 10 de decembro.

Con motivo desta efeméride, desde as Bibliotecas Municipais organizamos unha ampla programación que arrincou o pasado xoves 20 de novembro, sumándonos por un lado á campaña #TiDecides que puxo en marcha a Concellaría de Igualdade, Benestar Social e Participación do Concello da Coruña e, por outro lado, á iniciativa do Consello de Cooperación Bibliotecaria #BibliotecasSTOPViolencia, que nace este ano co obxectivo de dar visibilidade á labor fundamental das bibliotecas como axentes de cambio social e, concretamente, na loita contra a violencia de xénero.

Dentro desta programación, compartimos hoxe unha escolma de lecturas en voz alta que forman parte da proposta #LemosParaTi, que podedes escoitar a continuación nesta mesma entrada e tamén nos nosos perfís corporativos de Ivoox e Spotify.

Seique (Através, 2015)

Fragmento de lectura da obra “Seique” de Susana Sánchez Arins (Vilagarcía, 1974) na que a autora nos achega unha historia de violencias a través da reconstrución do pasado familiar, contextualizada na época da represión franquista.

Este libro, publicado orixinalmente no ano 2015 en Através Editora, foi galardonado co Premio de Narrativa na V Gala do Libro Galego (2020) na súa 2ª edición (revisada e ampliada). Forma parte do catálogo de lecturas dos Clubs de Lectura da Biblioteca Ágora e pódese ampliar información sobre o mesmo no dossier de lectura dispoñible en Calameo.

Ir a descargar

A cabeza de Medusa (Xerais, 2008)

Fragmento de lectura da novela de literatura xuvenil “A cabeza de Medusa”, da escritora, tradutora, profesora de Didáctica das Ciencias na USC e académica de número na Real Academia Galega, Marilar Aleixandre (Madrid, 1947).

A obra, publicada en Xerais, foi recoñecida cos seguintes galardóns: Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil 2008, Premio The White Ravens 2009 e Premio Frei Martín Sarmiento 2010 (categorías 3º ESO a Bacharelato). Forma parte das lecturas do Club de Lectura Fórum e pódese ampliar información sobre a mesma no dossier dispoñible en Calameo.

Ir a descargar

La memoria del aire (Tránsito, 2019)

Fragmento de lectura da novela de carácter autobiográfico “La memoria del aire” da poeta e novelista belga Caroline Lamarche (Liège, 1955).

Nesta obra, publicada orixinalmente en francés no ano 2014 e traducida ao español por Raquel Vicedo para a editorial Tránsito (1ª edición no ano 2018), Lamarche aborda as relacións de poder que forman a dependencia afectiva así como tamén a violencia física e psicolóxica que, por desgraza, tan a miúdo está presente nas relacións de parella.

Ir a descargar

Senlleiras (Galaxia, 2018)

Fragmento de lectura da novela “Senlleiras”, da escritora Antía Yáñez (Burela, 1991).

A obra, publicada en Xerais no ano 2018, aborda o tema da violencia de xénero pasada e presente a través de mulleres que rachan co silencio. Galardoada co Premio Illa Nova de Narrativa.

Esta novela forma parte do catálogo de lecturas que realizaron no club de lectura da Biblioteca de Estudos Locais e da Biblioteca de Monte Alto, sobre a que podedes ampliar información nesta entrada.

Ir a descargar

Cometierra (Sigilo, 2019)

Fragmento de lectura do libro de denuncia social e política “Cometierra” da docente, feminista e activista arxentina Dolores Reyes (Buenos Aires, 1978).

Publicada na editorial Sigilo no ano 2019 e dedicada a Melina Romero e Araceli Ramos (vítimas de feminicidio en Pablo Podestá), esta obra é a súa primeira novela na que a escritora aborda unha serie de feminicidios da man da súa protagonista, unha adolescente vidente capaz de escoitar ás vítimas.

Ir a descargar

Machismo: 8 pasos para quitártelo de encima (Roca, 2017)

Fragmento de lectura do libro “Machismo: 8 pasos para quitártelo de encima” da escritora, tuitera e columnista Barbijaputa, que publica baixo este pseudónimo.

A obra, publicada na editorial Roca no ano 2017, constitúe unha guía para acabar co machismo escrita con ton sarcástico e estruturada en dez capítulos que comezan cunha frase típica de escusa machista.

Ir a descargar

Alguien bajo los párpados (Anagrama, 2017)

Fragmento de lectura da novela “Alguien bajo los párpados” da escritora, crítica literaria e tradutora Cristina Sánchez-Andrade (Santiago de Compostela, 1968).

A obra, publicada na editorial Anagrama no ano 2017, narra a historia de dúas mulleres anciás -Olvido e Bruna- que deciden emprender unha última viaxe nun vello Volkswagen.

Este libro forma parte do catálogo de lecturas realizadas polos grupos de Café con Libros da Biblioteca Os Rosales e pódese ampliar información nesta entrada.

Ir a descargar

Con #LemosParaTi remata a nosa programación para este 25N, mais o que non finaliza é o compromiso das bibliotecas como axentes de transformación social. Lembrámosvos que podedes atopar estes títulos no noso catálogo, así como tamén os incluídos na guía de lectura elaborada especificamente para esta campaña.

El encaje roto (Emilia Pardo Bazán) e Senlleiras (Antía Yáñez) para celebrar o 25N

Durante as últimas semanas, nos clubs de lectura das bibliotecas de Monte Alto e Estudos Locais puidemos ler dúas das obras recomendadas na guía de lectura #Tidecides: El encaje roto, de Emilia Pardo Bazán, e Senlleiras, de Antía Yáñez.

El encaje roto, Emilia Pardo Bazán

El encaje roto é unha escolma de relatos da coruñesa onde o fío condutor é a violencia contra as mulleres en todas as súas formas: de pais a fillas, de prometidos a prometidas, de marido a muller, desde a propia sociedade… Foi unha lectura que impactou moito ás lectoras e lectores, xa que non coñecían esa vertente feminista e reivindicativa de Pardo Bazán. Dixeron dela:

La violencia, venga de donde venga, es lo peor del ser humano. Pero cuando es de padres a hijas/os es una aberración. Al leer este libro pensé que seguimos igual que en tiempos de doña Emilia Pardo Bazán. Sólo hay que mirar lo que ocurre a nuestro alrededor.

Marta López Castro, asistente ao club de lectura de Monte Alto.

Mientras que la cultura albergue, una enseñanza privilegiada masculina, la mujer seguira siendo “carnada” de esta.

Elena Seisdedos, asistente ao club de lectura de Monte Alto.
Tapiz de Elena Seisdedos sobre unha ilustración de Laxeiro.

O libro deu pé para a reflexión sobre a forma en que se ensinan os clásicos da literatura na escola, xa que nunca nos falaron do feminismo de Pardo Bazán, unha adiantada que en 1909 xa escribira un relato titulado, precisamente, La feminista. Ademais, tamén puidemos debater sobre se, tal e como se afirma ultimamente, as novas xeracións veñen máis machistas que antano. Aquí podedes descargar e ler o “I Informe Jóvenes y Género. La (in)consciencia de equidad de la población joven en España”, realizado polo Centro Reina Sofía sobre Adolescencia y Juventud de Fad, Banco Santander e Telefónica. Nel aparecen cifras como que o 56% das persas novas, sobre todo varóns, resístense a recoñecer a desigualdade, fronte a un 44% que se amosa militante fronte ao machismo (extracto de La Vanguardia).

Senlleiras, Antía Yáñez

A pesar do visto ata agora, a experiencia da autora de Senlleiras é outra. Nas súas visitas polos centros de ensinanza galegos grazas á súa obra, atopa que as novas xeracións están moito máis concienciadas hoxe en día sobre esta problemática que hai anos. Quizais a cuestión sexa que aínda non se fai todo o fincapé necesario na violencia psicolóxica, centrándonos case sempre na física, visible a simple vista. Ademais, as novas tecnoloxías fixeron agromar situacións machistas que antes non existían e das que aínda non se falou o suficiente.

En Senlleiras conflúe a vida de dúas mulleres de dúas épocas moi diferentes, Alana, comezos do s. XX, e Alda, influencer. Ambas son vítimas da violencia machista, e ao longo do libro podemos observar como esta se desenvolve, sen esquecer ese punto de misterio que é común na obra da autora burelá.

Pero, quen mellor que os e as asistentes aos clubs de lectura para falarnos deste libro?:

Compré Senlleiras este pasado Agosto en la feria del libro recomendado por el librero de la caseta, ya le había comprado en ediciones anteriores y siempre acertó al aconsejarme. Con Senlleiras dijo “é de unha autora nova”. Compré y leí el libro sin saber que conocía a la autora. Meses más tarde, Antía nos habló de su libro y quedé sorprendida por cómo una mujer tan joven,describe con tanto acierto (tristemente) el maltrato. Cómo puede ser que dos vidas del pasado y del presente tengan tanta semejanza. Las historias son bonitas a pesar de la dureza, el amor, la ignorancia, el clasismo, todos muy bien reflejados. Es muy gratificante reconocer nuestra Coruña en estas páginas y a la vez asombrarse por esos hechos desconocidos para muchas coruñesas como yo. Senlleiras es un libro ágil, ameno y que te deja un amargo sabor cuando lo terminas, quizás por el tema tratado y por la reflexión que se hace, “que poco hemos avanzado”, quizás por la pena de terminar un libro que te ha encantado.

Ángeles Massa, asistente ao club de lectura de Estudos Locais.
Imaxe de Ángeles Massa.

Senlleiras é una novela intensa, valente, e reivindicativa. Nembargantes, amena e de lectura fácil.

Marcial Fraga, asistente ao club de lectura de Estudos Locais.
Imaxe de Marcial Fraga co libro Senlleiras.

Es una novela  ágil  y fácil de leer, hecho que contribuye a que su lectura se haga, a veces, compulsiva. 
Aunque el hilo conductor es la violencia de género pone de manifiesto muchas experiencias y emociones de los personajes tan bien definidos: los silencios, la soledad, los secretos, la amistad, las diferencias de clases, el amor por la naturaleza, la frialdad en algunas relaciones… Y todo dentro de un marco especial: Galicia.
Entrelaza perfectamente realidad con ficción; siglo XX con siglo XXI. Cada pieza encaja perfectamente en su lugar y pone en marcha un relato- puzle misterioso extraordinario.
Es una novela que precisó de mucha investigación y trabajo. Un lenguaje rico y perfecto, respetando el gallego de cada época.
Se la recomiendo a todo el mundo, lo pasas bien y a veces, mal. Te hace pensar.

Asun Vivanco, asistente ao club de lectura de Estudos Locais.
Opinión sobre Senlleiras de Ana Roseo, asistente ao club de lectura de Estudos Locais.

Na obra tamén se intenta rescatar do esquecemento figuras feministas importantes da nosa historia coma a de Corona González, muller da que case nada se sabe máis alá dos artigos que escribiu para Céltiga ou A Nosa Terra, entre outros. Nesta última escribe sobre dous temas predominantes: a emigración e saudade de Galicia e a necesidade de educación das mulleres. Ademais, cabe salientar que na época eran moi poucas as mulleres que escribían en xornais e revistas, non digamos xa se o facían en galego. A teoría máis estendida era a de que Corona González fora a viúva de Ramón González, tal e como se afirma no libro, escrito no 2017. Non obstante, no ano 2018 o blog Biosbardia fálanos de que en realidade existiron dúas Coronzas González coetáneas, Corona González Estévez (xornalista) e Corona González Santos (viúva de Ramón González).


Corona González Estévez, foto de Aurelio Blanco Trincado en Somos Comarca

Corona González Santos e Ramón González. Colección particular, sacado de Corona González Santos e Ramón González: un matrimonio de mecenas, de Celia Castro.

Pero, igual que había persoas que defendían a educación e a cultura das mulleres nesa época, tamén había outras que avogaban por todo o contrario. É o caso de Nóvoa Santos, cuxo nome leva unha rúa da Coruña. Foi un afamado médico galego, renovador da patoloxía xeral do país grazas ao seu libro Manual de patología general. Porén, e a pesar da súa ideoloxía progresista, formou parte do conxunto de médicos positivistas que defendían posicións antifeministas “con base científica”, publicando obras como La Indigencia espiritual del sexo feminino. Las pruebas anatómicas, fisiológicas y psicológicas de la pobreza mental de la mujer. Su explicación biológica (1908), que podedes consultar aquí na súa totalidade, e La mujer, nuestro sexto sentido y otros esbozos (1929). En ambas pretende xustificar con razóns biolóxicas a inferioridade da muller. Non foi o único: persoeiros como José Gómez Ocaña ou Gregorio Marañón tamén defenderon estes postulados. Ademais, foi elixido deputado na II República pola Federación Republicana Gallega, chegando a defender nas Cortes que non debía concedérselle o voto á muller nos seguintes termos:

¿Por qué hemos de conceder a la mujer los mismos títulos y los mismos derechos políticos que al hombre? ¿Son por ventura ecuación? ¿Son organismos igualmente capacitados? (…) La mujer es toda pasión, toda figura de emoción, es todo sensibilidad; no es, en cambio, reflexión, no es espíritu crítico, no es ponderación. (…) Es posible o seguro que hoy la mujer española, lo mismo la mujer campesina que la mujer urbana, está bajo la presión de las Instituciones religiosas; (…) Y yo pregunto: ¿Cuál sería el destino de la República si en un futuro próximo, muy próximo, hubiésemos de conceder el voto a las mujeres? Seguramente una reversión, un salto atrás. Y es que a la mujer no la domina la reflexión y el espíritu crítico; la mujer se deja llevar siempre de la emoción, de todo aquello que habla a sus sentimientos, pero en poca escala en una mínima escala de la verdadera reflexión crítica. Por eso y creo que, en cierto modo, no le faltaba razón a mi amigo D. Basilio Alvarez al afirmar que se haría del histerismo ley. El histerismo no es una enfermedad, es la propia estructura de la mujer; la mujer es eso: histerismo y por ello es voluble, versátil, es sensibilidad de espíritu y emoción. Esto es la mujer. Y yo pregunto: ¿en qué despeñadero nos hubiéramos metido si en un momento próximo hubiéramos concedido el voto a la mujer? (…) ¿Nos sumergiríamos en el nuevo régimen electoral, expuestos los hombres a ser gobernados en un nuevo régimen matriarcal, tras del cual habría de estar siempre expectante la Iglesia católica española?

Discurso de Nóvoa Santos no debate sobre o voto feminino en España. Extraído de Wikipedia.

Non obstante, no seu equipo médico traballou con mulleres coma Elisa e Jimena Fernández de la Vega e mesmo fomentou as súas carreiras científicas, polo que a súa misoxinia é canto menos incoherente.

Afortunadamente, o movemento feminista e a loita contra a violencia machista experimentou un gran avance nos últimos anos, aínda que queda moito por facer.

Para María Jesús, asistente ao club de lectura de Monte Alto, estes dous libros son:

Una muestra de lo que puede causar el afán de dominar a otra persona hasta anularla como ser humano y los recursos que aún hoy la sociedad le brinda para seguir haciendo

María Jesús Carril.

Desde os clubs de lectura de Monte Alto e Estudos Locais, o noso desexo é que o 25N deixe de celebrarse pronto, pois isto significaría a erradicación total da violencia contras as mulleres do mundo.

Reflexión final de Maica Ruiz Díez, asistente ao club de lectura de Monte Alto.