Arquivo do blog

Ana María Matute recibe o Premio Cervantes

Matute: ” O que non inventa non vive”

A escritora e académica Ana María Matute (Barcelona, 1925), que recibiu onte o Premio Cervantes 2011, subliñou a súa “entrega total” á invención ao longo da súa vida. “San Juan dixo: ‘O que non ama está morto’ e eu atrévome a dicir: ‘O que non inventa, non vive”, indicou a autora. No seu discurso de recepción, poboado de referencias autobiográficas e que foi precedido por unhas palabras en recordo do poeta chileno recentemente falecido Gonzalo Rojas, a escritora centrouse nos seus primeiros contactos coa ficción, que comezaron con tan só cinco anos, pouco antes da guerra que partiu en dous a súa infancia. “O tempo en que eu inventaba era un tempo moi neno e moi fráxil, no que eu me sentía distinta: era tatexa, máis por medo que por defecto físico. A proba diso é que esa forma de falar desapareceu durante os bombardeos. Ou así o creo”, explicou a autora catalá.