Arquivo do blog

Encontro 100 anos de Cunqueiro

ENCONTRO:

CEN ANOS DE CUNQUEIRO

A Coruña, do 13 ao 15 de xullo de 2011

Fundación Luis Seoane

Director: Carlos González Reigosa

Programa

 

Fai cen anos que naceu en Mondoñedo (Lugo) o escritor Álvaro Cunqueiro, autor dunha obra que retrata con incomparable riqueza toda a maxia e a realidade da súa terra e, á vez, do Occidente que a contén. Ningún outro escritor soubo mostrar como el, en creacións certeiras e case sempre poéticas, a alma de Galicia, mediante un xogo de espellos culturais que, paradoxalmente, acertan a reflectir o menos visible e, á vez, o máis profundo do noso ser. Os seus poemas, novelas, pezas dramáticas e artigos teñen en común unha visión poliédrica que, literariamente ensamblada, ofrécenos un “mundo propio” paradoxalmente moito máis verdadeiro e completo -e tamén máis revelador e máis desvelado- que o que comunmente temos por real.