Category Archives: ElClú
Os nenos da varíola: dous clubes, unha lectura.
Por vez primeira na historia dos clubs de lectura das Bibliotecas Municipais da Coruña, dous clubs de diferentes idades dimos en escoller a mesma lectura. Así, na Biblioteca Infantil e Xuvenil de Durán Loriga ElClú (xuvenil) e o ClubDL (adultxs) compartimos a lectura da novela de María Solar Os nenos da variola.
Dous clubs de lectura, dous tipos de lectores e unha lectura en común, imáxinades como puido ser a experiencia?
A autora desta novela, María Solar, compostelana, é escritora e xornalista, presentadora na TVG e na Radio Galega. As súas obras están dirixidas a todos os públicos, en especial ao infantil e xuvenil, e leva recibido destacados galardóns, como o Premio Lazarillo, o Frei Martin Sarmiento ademáis de entrar na prestixiosa lista White Ravens dos mejores libros do mundo.
A obra, “Os nenos da varíola” editado en galego por Galaxia e en castelán por Anaya, baseáse nunha historia real, a da campaña contra a varíola levada a cabo polo Imperio Español, a chamada ‘Real Expedición Filantrópica da Vacina’. Eso sí, narrada dende unha nova perspectiva, non só a de aqueles que estudaron, investigaron, e crearon esta campaña, se non tamén dende a visión de 22 rapaces, de entre 3 e 9 anos, que fixeron posible que a vacina, á que acababan de bautizar como tal, chegase ao outro lado do Atlántico nunha cadea humana ‘brazo a brazo’ dende un hospicio sito nun pequeno recuncho de A Coruña.
Gracias á labor destes nenos a OMS en 1980 declarou o planeta zona libre de varíola, sendo a única enfermidade erradicada no mundo por unha vacina.
En ambolos dous clubes contamos coa presenza de Antonio López Mariño, periodista e investigador, principal artífice de que a historia recoñecese, con dous séculos de atraso, a figura de Isabel Zendal Gómez como primeira enfermeira da sanidade pública (primeira enfermeira da historia en misión internacional segundo a OMS).
Antonio descubriunos moitísimas curiosidades sobre a varíola e sobre os protagonistas da novela e da expedición. Por exemplo, que na Casa do home, na Domus, hai 22 placas cos nomes e idades dos rapaces, os dos doutores, Francisco Javier Balmis e José Salvany, e como non, o de Isabel Zendal rectora da Casa de Expósitos de A Coruña, que partiron o 30 de novembro de 1803 a bordo da corbeta María Pita con rumbo a América.
No momento no que o club de adultos clubDL estaba a facer a lectura do libro, tivemos a gran sorte de que se inaugurara a rúa ‘Isabel Zendal’ (antes rúa Isabel López Gandalia). Así que Antonio convidounos ao evento. Ese mesmo día puidemos asistir tamén á representación teatral que os escolares de 6º de primaria do CEIP de Baio fixeron da expedición Balmis no Paraninfo da UDC. Unha actividade realizada en colaboración cos alumnos de 3º curso do grado Educación Primaria da UDC e os alumnos de 2º curso do IES de Zalaeta (antiguo hospicio).
Se te contaxiache coa apasionante historia que protagonizaron estos nenos orfos podes atopar máis información nas Bibliotecas Municipais da rede. Tendes tanto libros de materias como: “A Coruña en la historia de la viruela”, “La vuelta al mundo de la expedición de la vacuna”, “La Real Expedición Filantrópica de la Vacuna” entre outros moitos que atoparedes na biblioteca especializada de Estudos Locais, novelas baseadas nesta historia, como “La soledad de Balmis” de Enrique V. García; e por suposto “Isabel Zendal Gómez. Nos Arquivos de Galicia” de Antonio López Mariño ; “Ángeles Custodios” de Almudena de Arteaga ou “A flor de piel” de Javier del Moro ata o telefilme 22 ángeles, dirixida por Miguel Bardem.
Con esta lectura, comprobamos unha vez máis como é posible que persoas de diferentes idades desfruten dun mesmo libro e coñezan un feito histórico importantísimo que tivo lugar na nosa cidade. O resultado foi tan satisfactorio que coidamos de seguir compartindo lecturas.
E que o ler non ten idade!!
O verán que se foi
Sabiades que este foi un verán especial para ‘ElClú’? Xa levabamos un par de aniños facendo quedadas informais, algunha actividade… pero este ano, por fin, decidimos darlle forma e nome as reunións realizadas en tempo de estío, e inauguramos os ‘Veráns con ElClú’.

Cartel ‘Veráns con ElClú’
Parecíanos interesante que toda a rapazada que quixese puidese coñecer o que facemos no noso club, axs clubeirxs, e outras formas de pasar o verán que lles podían resultar ben interesantes.
Qué fixemos? Pois programamos 3 quedadas, unha por mes:
En xullo puxémonos moi literarias, e ocorréusenos ir de librarías!
Primeiro a Moito Conto, onde nos recibiu Esther, que nos explicou un feixe de cousas sobre as librarías independentes, falamos dos libros que máis nos gustaban, esculcamos polos recunchos da libraría… desfrutamos moito. Ademáis Esther nos tiña preparada unha selección de libros xuvenís marabillosos.
Logo, e como sabemos que xs amigxs de ElClú son bos lectores de banda deseña, qué mellor que acercarnos a unha libraría especializada neste tipo de documentos. Sabedes de cal falamos? Claro! Non podía ser outra!
En Alita Cómics Coruña estaba Toño a esperarnos para contarnos moitísimas curiosidades sobre cómics, autorxs dos mesmos, as historias que hai tras eles…

Foto de grupo en Alita Cómics con Toño, o seu libreiro
Foi unha mañá moi agradable, e levamos para casa moreas de información destes grandes profesionais libreiros.
En agosto, e para que a rapazada coñecera outros clubs, pensamos en ir a un co que de seguro iamos atinar, O Club de lectura de cómics da Biblioteca do Fórum Metropolitano. O compañeiro Iván tiña preparada unha sesión ben completa para que as rapazas e rapaces desfrutasen aprendendo. Debuxamos, estudamos as ilustracións, metémonos en materia cos tipos de cómics… e… armouse a festa: concursos de mazás, disfraces… As/os clubeiras/os viñeron encantadas/os. Ademáis Iván preparou unha recopilación de banda deseñada xuvenil, e nos ensinou algún dos títulos que se leran xa no club de cómic.
En setembro, quedamos na biblioteca, para coñecernos mellor, falar e rememorar as saídas anteriores, e tamén, como non podía ser doutro xeito, comer biscoito!
Ademais, nas anteriores quedadas propuxémoslle á rapazada que fixesen unha foto dunha lectura de verán que lles deixase bo sabor de boca. Co resultado, creamos unha mostra das recomendacións dos ‘amigos de ElClú‘ no panel de entrada da biblioteca.
E isto foi todo o que deixou tras de si os ‘Veráns con ElClú 2017’. Queremos agradecer sinceramente ás librarías Moito Conto e Alita Cómics pola cálida acollida, por facilitarnos en todo momento a irrupción no seu traballo, polo trato, e porque fan unha labor literaria esencial nesta cidade. Longa vida ás librarías!
Por suposto, mil grazas á Biblioteca do Fórum por cedernos o espazo, e as compañeiras e compañeiros, especialmente ao biblioclubeiro Iván, por facernos partícipes de todo o seu saber e por conseguir que gozásemos duns momentos divertidísimos e cheos de sorpresas. Es un fenómeno compañeiro!
E como non podía ser doutro xeito, graciñas tamén ás nais e pais destas rapazas e rapaces estupendas/os por deixar que as amigas e amigos de ElClú formasen parte dunha experiencia coma esta. Para eles e para todos vós, aquí queda un vídeo resumo deste verán clubeiro excepcional.
Agora só nos queda convidar a toda a rapazada de entre 12 e 16 anos a embarcarse nesta aventura clubeira. O prazo de inscrición está aberto na páxina web das Bibliotecas, e agardamos con emoción a intrépidos novxs clubeirxs dispostxs a desfrutar de lecturas, compañía e moita maxia neste próximo curso 2017-18. Vémonos os xoves cada 15 días de 18,30 a 20 h. Esperámosvos!
P.D.: E, por certo, se vedes que xa só quedan prazas libres na lista de agarda, anotádevos igualmente, nunca se sabe o que ElClú está a maquinar…
Estamos de volta!
Despois dun longo e merecido descanso estival no que recargamos as pilas, chegou o outono e con el os clubs da BIX se poñen en marcha. Canto votabamos en falta á rapazada!
E aínda que no verán fixemos algunha actividade como a de Agosto Creativo, todas as compis biblioclubeiras estabamos desexando xa poñernos máns á obra cos clubs de lectura, ver aos nosos/as clubeiros/as (porque un pouquiño nosos/as si que son), e, como non, coñecer a novos rapaces/as dispostos/as a unirse á aventura.
Así que xa sabedes, temos todo preparado, estamos cheas de enerxía para pasalo en grande compartindo lecturas, bos momentos, encontros con autores, saídas pola cidade… e esa maxia que se crea nos grupos e que fai que os nosos clubs sexan únicos. Agora só nos faltades vos para dar comezo da andadura.
Se tendes entre 9 e 11 anos podedes anotarvos no Club Miúdo que dará comezo o próximo 3 de novembro. E se a vosa idade está entre os 12 e 16 anos o voso club e ElClú que arrancará o vindeiro 10 do mesmo mes.
Agardámosvos!
ElClú recomenda
En ElClú decidimos, que xa que lemos unha morea de libros, vemos moitísimas pelis e escoitamos música sempre que podemos, sería unha boa idea compartir as nosas opinións sobre eles con tod@s vós. Así que nos puxemos á tarefa da recomendación.
Creamos unhas tarxetas molonas, personalizámolas un pouco para os nosos clubeiros e ¡TACHÁNNNNNN! Que vos parecen?, A que nos quedaron chulas?
Pois o mellor é o contido! unha chea de recomendacións dos nosos rapaces, aos que lles encantou a idea e non paran de recomendar.
Comezamos a nosa proba piloto hai xa algúns meses sacando unha pequena mostra de “ElClú recomenda”, e, para a nosa sorpresa, os libros prestáronse moitísimo, así que pensamos que podiamos colgar tamén as recos dos rapaces na rede, e que mellor maneira que mediante pínterest, que ademais nos permitía poñer a foto do libro que nos estaban recomendando. Aquí vos deixamos a ligazón das primeiras recomendacións no Pinterest.
Neles Martín recomendounos a saga de manga One Piece, de Eiichiro Oda porque lle resultaba moi divertido. Itziar decantouse por El coleccionista de relojes extraordinarios, de Laura Gallego pola intriga que lle causou. Simón elixiu Maus, de Art Spiegelman pola historia de supervivencia que narra. Mariña, decidiuse por O neno can, de Francisco Castro e Fina Casalderrey porque coñeceu con el outras culturas (lebrades que Fina e Francisco nos viñeron a visitar hai un tempo?). Clara enganchouse á saga de Enid Blyton Torres de Malory pola súa protagonista. Lucía tamén elixiu para a súa primeira recomendación un libro de Laura Gallego, neste caso a triloxía de Memorias de Idhún pola súa orixinalidade. E finalmente nosotrxs, decidimos que recomendariamos La invención de Hugo Cabret de Brian Selznick por ser un dos primeiros libros que leimos en ElClú, polas súas fantásticas ilustracións e porque a todos os nosos chic@s encantáralles.
E como isto promete, imos a seguir publicando recomendacións tanto no noso recunchiño de ElClú recomenda, como no noso taboleiro de Pinterest. Esperamos as vosas visitas!
Recordade que tendes todos os libros, pelis, etc. nas nosas bibliotecas!
CONCURSO #MeuLibro
– Que si, un lote completo!!!
– Nas biblios?
– Claro, o día 23 é o Día do Libro e dende ElClú pensamos que qué mellor xeito de celebralo que compartir as nosas lecturas participando no concurso que facemos.
– Que boa idea! E que dis que hai que facer?
– Fácil! Empregas o hashtag #meulibro e compártelo nas redes.
– E que teño que dicir?
– Pois o libro que esteas a ler, o que máis che gustou ou que recomendarías…
– Vale, e que dis que hai que poñer?
– #meulibro
– Ah! Pois voulle sacar unha foto e compartilo agora mesmo no Instagram das Biblios!
Xa vedes, na Biblioteca Infantil e Xuvenil de Durán Loriga, ElClú celebra o#DíadoLibro cun concurso para conseguir un lote sorpresa de libros e materiais multimedia a través das redes das Bibliotecas Municipais (Facebook, Instagram, Twitter…) indicando cal é o #meulibro. Só tedes que subir o título ou portada do libro que queirades entre hoxe 21 ata o xoves 29 de abril. O venres 30 de abril farase o sorteo e publicarase o nome d# afortunad#
E se tedes dúbidas de cal escoller (sabemos que non é doado) na Biblioteca Infantil e xuvenil (Durán Loriga) temos unha mostra celebrando os aniversarios de Cervantes e Shakespeare que poden dar pistas!!!
O noso tempo é noso!
O tempo, o seu paso, o aproveitamento do mesmo, foi o tema central da nosa primeira lectura deste curso, da man dun clásico da literatura xuvenil, Momo de Michael Ende.
Momo é unha rapariga orfa que ten un don moi especial, o de saber escoitar. Da man dos seus mellores amigos, Beppo e Gigi, xunto cos nenos do pobo, tentará facer fronte aos ladróns do tempo, os homes grises. Contará ademais coa axuda inestimable de Casiopea, unha tartaruga ben singular, e o mestre Hora, gardián do tempo.
Trátase dunha invitación á reflexión sobre o noso ritmo de vida e o verdadeiro valor do tempo, mesturada coa crítica á sociedade capitalista que ameaza o desenvolvemento das relacións entre as persoas.
Durante as sesións do club coñecemos moitas curiosidades de Michael Ende, como que era fillo dun pintor, que foi mensaxeiro dunha organización anti-nazi, ou que uns anos mais tarde de que morrese un gran amigo, Ende reviviríao como o protagonista de ‘La historia interminable‘.
Tamén visionamos algúns anacos de duas versións cinematográficas do libro, unha producción alemana ‘Momo‘ (1996) do director Johannes Shaaf, e o filme dirixido polo italiano Enzo D’Alò no 2001 ‘Momo, una aventura contrarreloj‘ .
Entre sesión e sesión, ademais de ler e comentar o libro, tivemos tempo para facer outras actividades.
Así, coindindo co mes das Culturas Orientais na Biblioteca Infantil e Xuvenil, desfrutamos da película ‘Colorful’ baseada na obra ‘Flipando en colores’ da autora xaponesa Eto Mori.
E o pasado 17 de decembro, ademais da nosa sesión biscoito, que xa se está a converter nun clásico navideño de ElClú, decidimos rematar o ano asistindo a un dos encontros de ‘Libros en directo’, presentado por Pedro Ramos. A nosa intención era únicamente deleitarnos coa entrevista que Pedro lle faría a Jordi Sierra i Fabra.
Cal non sería a nosa sorpresa, cando vemos aparecer pola porta da biblio, en medio da sesión biscoito, a Pedro Ramos co mesmísimo Jordi! Temos que agradecerlle moitísimo e mais a Pedro o detallazo de traer a Jordi ao club, e a Jordi os momentos que compartiu con nos. Vaia día mais estupendo que pasamos! As nosas caras o din todo!
E despois do parón das festas, e hora de retomar ElClú con novas lecturas e, a saber que nos deparará o 2016! Seguramente moi boas experiencias e algunha que outra sorpresa.
De momento, como mostra, deixámosvos a curta que gravamos este verán para animar á rapazada a participar no noso club. E xa sabedes, estades a tempo de embarcarvos nesta aventura clubeira, esperámosvos na BIX!