Category Archives: Club Xuvenil Monte Alto
Comeza a tempada dos clubs de lectura
Rematado o verán e o período de vacacións os nosos clubs de lectura voltan ó curso e retoman a sùa actividade neste mes setembro e comezo de outubro.
¿Que son os clubes de lectura?
Os clubs de lectura das Bibliotecas Municipais da Coruña son grupos de persoas afeccionadas á lectura que se reúnen periodicamente para comentar e valorar un libro proporcionado polas Bibliotecas Municipais da Coruña coa axuda dun coordinador.
¿Quen pode participar?
Non fai falta ser un experto lector, o club de lectura está pensado para persoas con inquietudes culturais, gañas de ler, facer amigos e intercambiar opinións con outras persoas. En realidade, o libro só é un punto de partida. Pode participar calquera persoa que queira, ata o máximo de persoas establecidas por clube.
Bibliotecas Municipais adquire a cantidade suficiente de exemplares dos títulos dos libros elexidos para que cada participante teña o seu durante o tempo necesario. A lectura faise cada un na súa casa e o ritmo é o marcado polo club.
O coordinador encárgase de moderar as reunións semanais para comentar o que se leu ó longo da semana. Os debates adquiren sempre un carácter sempre amigable e desenfadado. O que sí , é necesario respetar os turnos de palabra e axustar os tempos de intervención. O persoal bibliotecario presta apoio a todo o que axude a contribuir a enriquecer a lectura, asesorando e facilitando aos lectores o acceso a toda a información.
¿Cando se celebran as reunións?
Semanal, quincenal ou mensualmente dependendo do club e da biblioteca.
En que bibliotecas se desenvolve a actividade
Na actualidade Bibliotecas Municipais de A Coruña conta con un total de 11 clubs:
- Biblioteca Ágora: Martes 19.00 h, 15 prazas, público adulto, Semanal. Completo
- Biblioteca Castrillón: Mércores, 18.30 h, 17 prazas, público adulto, Semanal. Prazas libres
- Biblioteca Forum : Luns 11.30 h, 20 prazas, público adulto, Semanal. Prazas libres
- Biblioteca Forum : Martes 10.30 h, 20 prazas, público adulto. Completo
- Bibiblioteca Forum : Mércores 18.30 h, 20 prazas, público adulto, Semanal.Prazas libres
- Biblioteca Forum – Cómics:Último mércores de cada mes, 18.30 h, 10 prazas. Prazas libres
- Biblioteca Infantil e Xuvenil: Xoves 18.30 h e Sábados 11.30, 12 prazas, público xuvenil 12 a 16 anos. Prazas libres
- Biblioteca Monte Alto: Martes 18.00 h, 20 prazas, público adulto. Completo
- Biblioteca Monte Alto: Venres 19.00 h , 15 prazas, público xuvenil 10 a 15 anos. Prazas libres
- Biblioteca Sagrada Familia: Lunes 10.30 h, 12 prazas, público adulto. Prazas libres
- Biblioteca Os Rosales: Lunes, 18.30 h, 14 prazas, público adulto. Completo
- Biblioteca Os Rosales: Mércores: 18.30, 14 prazas, público adulto. Completo
Para máis información ou apuntarte como reserva nos clubes que están completos podedes acudir as nosas bibliotecas ou chamar por teléfono
Bibliotecas Municipais de A Coruña conta cun Club de Lectura Virtual na que os membros non se reúnen físicamente, senón que utilizan o blog para intercambiar as impresións sobre o lido. Se estarás interesado e queres máis información. Visita o Ciber Club
Faite socio das Bibliotecas Municipais
Se queres facerte socio das nosas bibliotecas e ter o carné podes facelo de dous xeitos:
- Persoalmente, acudindo a unha das nosas oito bibliotecas cubrindo a solicitude
- Electrónicamente, a través da nosa páxina web, cubrindo o formulario