Category Archives: Club de lectura de autores galegos

El encaje roto (Emilia Pardo Bazán) e Senlleiras (Antía Yáñez) para celebrar o 25N

Durante as últimas semanas, nos clubs de lectura das bibliotecas de Monte Alto e Estudos Locais puidemos ler dúas das obras recomendadas na guía de lectura #Tidecides: El encaje roto, de Emilia Pardo Bazán, e Senlleiras, de Antía Yáñez.

El encaje roto, Emilia Pardo Bazán

El encaje roto é unha escolma de relatos da coruñesa onde o fío condutor é a violencia contra as mulleres en todas as súas formas: de pais a fillas, de prometidos a prometidas, de marido a muller, desde a propia sociedade… Foi unha lectura que impactou moito ás lectoras e lectores, xa que non coñecían esa vertente feminista e reivindicativa de Pardo Bazán. Dixeron dela:

La violencia, venga de donde venga, es lo peor del ser humano. Pero cuando es de padres a hijas/os es una aberración. Al leer este libro pensé que seguimos igual que en tiempos de doña Emilia Pardo Bazán. Sólo hay que mirar lo que ocurre a nuestro alrededor.

Marta López Castro, asistente ao club de lectura de Monte Alto.

Mientras que la cultura albergue, una enseñanza privilegiada masculina, la mujer seguira siendo “carnada” de esta.

Elena Seisdedos, asistente ao club de lectura de Monte Alto.
Tapiz de Elena Seisdedos sobre unha ilustración de Laxeiro.

O libro deu pé para a reflexión sobre a forma en que se ensinan os clásicos da literatura na escola, xa que nunca nos falaron do feminismo de Pardo Bazán, unha adiantada que en 1909 xa escribira un relato titulado, precisamente, La feminista. Ademais, tamén puidemos debater sobre se, tal e como se afirma ultimamente, as novas xeracións veñen máis machistas que antano. Aquí podedes descargar e ler o “I Informe Jóvenes y Género. La (in)consciencia de equidad de la población joven en España”, realizado polo Centro Reina Sofía sobre Adolescencia y Juventud de Fad, Banco Santander e Telefónica. Nel aparecen cifras como que o 56% das persas novas, sobre todo varóns, resístense a recoñecer a desigualdade, fronte a un 44% que se amosa militante fronte ao machismo (extracto de La Vanguardia).

Senlleiras, Antía Yáñez

A pesar do visto ata agora, a experiencia da autora de Senlleiras é outra. Nas súas visitas polos centros de ensinanza galegos grazas á súa obra, atopa que as novas xeracións están moito máis concienciadas hoxe en día sobre esta problemática que hai anos. Quizais a cuestión sexa que aínda non se fai todo o fincapé necesario na violencia psicolóxica, centrándonos case sempre na física, visible a simple vista. Ademais, as novas tecnoloxías fixeron agromar situacións machistas que antes non existían e das que aínda non se falou o suficiente.

En Senlleiras conflúe a vida de dúas mulleres de dúas épocas moi diferentes, Alana, comezos do s. XX, e Alda, influencer. Ambas son vítimas da violencia machista, e ao longo do libro podemos observar como esta se desenvolve, sen esquecer ese punto de misterio que é común na obra da autora burelá.

Pero, quen mellor que os e as asistentes aos clubs de lectura para falarnos deste libro?:

Compré Senlleiras este pasado Agosto en la feria del libro recomendado por el librero de la caseta, ya le había comprado en ediciones anteriores y siempre acertó al aconsejarme. Con Senlleiras dijo “é de unha autora nova”. Compré y leí el libro sin saber que conocía a la autora. Meses más tarde, Antía nos habló de su libro y quedé sorprendida por cómo una mujer tan joven,describe con tanto acierto (tristemente) el maltrato. Cómo puede ser que dos vidas del pasado y del presente tengan tanta semejanza. Las historias son bonitas a pesar de la dureza, el amor, la ignorancia, el clasismo, todos muy bien reflejados. Es muy gratificante reconocer nuestra Coruña en estas páginas y a la vez asombrarse por esos hechos desconocidos para muchas coruñesas como yo. Senlleiras es un libro ágil, ameno y que te deja un amargo sabor cuando lo terminas, quizás por el tema tratado y por la reflexión que se hace, “que poco hemos avanzado”, quizás por la pena de terminar un libro que te ha encantado.

Ángeles Massa, asistente ao club de lectura de Estudos Locais.
Imaxe de Ángeles Massa.

Senlleiras é una novela intensa, valente, e reivindicativa. Nembargantes, amena e de lectura fácil.

Marcial Fraga, asistente ao club de lectura de Estudos Locais.
Imaxe de Marcial Fraga co libro Senlleiras.

Es una novela  ágil  y fácil de leer, hecho que contribuye a que su lectura se haga, a veces, compulsiva. 
Aunque el hilo conductor es la violencia de género pone de manifiesto muchas experiencias y emociones de los personajes tan bien definidos: los silencios, la soledad, los secretos, la amistad, las diferencias de clases, el amor por la naturaleza, la frialdad en algunas relaciones… Y todo dentro de un marco especial: Galicia.
Entrelaza perfectamente realidad con ficción; siglo XX con siglo XXI. Cada pieza encaja perfectamente en su lugar y pone en marcha un relato- puzle misterioso extraordinario.
Es una novela que precisó de mucha investigación y trabajo. Un lenguaje rico y perfecto, respetando el gallego de cada época.
Se la recomiendo a todo el mundo, lo pasas bien y a veces, mal. Te hace pensar.

Asun Vivanco, asistente ao club de lectura de Estudos Locais.
Opinión sobre Senlleiras de Ana Roseo, asistente ao club de lectura de Estudos Locais.

Na obra tamén se intenta rescatar do esquecemento figuras feministas importantes da nosa historia coma a de Corona González, muller da que case nada se sabe máis alá dos artigos que escribiu para Céltiga ou A Nosa Terra, entre outros. Nesta última escribe sobre dous temas predominantes: a emigración e saudade de Galicia e a necesidade de educación das mulleres. Ademais, cabe salientar que na época eran moi poucas as mulleres que escribían en xornais e revistas, non digamos xa se o facían en galego. A teoría máis estendida era a de que Corona González fora a viúva de Ramón González, tal e como se afirma no libro, escrito no 2017. Non obstante, no ano 2018 o blog Biosbardia fálanos de que en realidade existiron dúas Coronzas González coetáneas, Corona González Estévez (xornalista) e Corona González Santos (viúva de Ramón González).


Corona González Estévez, foto de Aurelio Blanco Trincado en Somos Comarca

Corona González Santos e Ramón González. Colección particular, sacado de Corona González Santos e Ramón González: un matrimonio de mecenas, de Celia Castro.

Pero, igual que había persoas que defendían a educación e a cultura das mulleres nesa época, tamén había outras que avogaban por todo o contrario. É o caso de Nóvoa Santos, cuxo nome leva unha rúa da Coruña. Foi un afamado médico galego, renovador da patoloxía xeral do país grazas ao seu libro Manual de patología general. Porén, e a pesar da súa ideoloxía progresista, formou parte do conxunto de médicos positivistas que defendían posicións antifeministas “con base científica”, publicando obras como La Indigencia espiritual del sexo feminino. Las pruebas anatómicas, fisiológicas y psicológicas de la pobreza mental de la mujer. Su explicación biológica (1908), que podedes consultar aquí na súa totalidade, e La mujer, nuestro sexto sentido y otros esbozos (1929). En ambas pretende xustificar con razóns biolóxicas a inferioridade da muller. Non foi o único: persoeiros como José Gómez Ocaña ou Gregorio Marañón tamén defenderon estes postulados. Ademais, foi elixido deputado na II República pola Federación Republicana Gallega, chegando a defender nas Cortes que non debía concedérselle o voto á muller nos seguintes termos:

¿Por qué hemos de conceder a la mujer los mismos títulos y los mismos derechos políticos que al hombre? ¿Son por ventura ecuación? ¿Son organismos igualmente capacitados? (…) La mujer es toda pasión, toda figura de emoción, es todo sensibilidad; no es, en cambio, reflexión, no es espíritu crítico, no es ponderación. (…) Es posible o seguro que hoy la mujer española, lo mismo la mujer campesina que la mujer urbana, está bajo la presión de las Instituciones religiosas; (…) Y yo pregunto: ¿Cuál sería el destino de la República si en un futuro próximo, muy próximo, hubiésemos de conceder el voto a las mujeres? Seguramente una reversión, un salto atrás. Y es que a la mujer no la domina la reflexión y el espíritu crítico; la mujer se deja llevar siempre de la emoción, de todo aquello que habla a sus sentimientos, pero en poca escala en una mínima escala de la verdadera reflexión crítica. Por eso y creo que, en cierto modo, no le faltaba razón a mi amigo D. Basilio Alvarez al afirmar que se haría del histerismo ley. El histerismo no es una enfermedad, es la propia estructura de la mujer; la mujer es eso: histerismo y por ello es voluble, versátil, es sensibilidad de espíritu y emoción. Esto es la mujer. Y yo pregunto: ¿en qué despeñadero nos hubiéramos metido si en un momento próximo hubiéramos concedido el voto a la mujer? (…) ¿Nos sumergiríamos en el nuevo régimen electoral, expuestos los hombres a ser gobernados en un nuevo régimen matriarcal, tras del cual habría de estar siempre expectante la Iglesia católica española?

Discurso de Nóvoa Santos no debate sobre o voto feminino en España. Extraído de Wikipedia.

Non obstante, no seu equipo médico traballou con mulleres coma Elisa e Jimena Fernández de la Vega e mesmo fomentou as súas carreiras científicas, polo que a súa misoxinia é canto menos incoherente.

Afortunadamente, o movemento feminista e a loita contra a violencia machista experimentou un gran avance nos últimos anos, aínda que queda moito por facer.

Para María Jesús, asistente ao club de lectura de Monte Alto, estes dous libros son:

Una muestra de lo que puede causar el afán de dominar a otra persona hasta anularla como ser humano y los recursos que aún hoy la sociedad le brinda para seguir haciendo

María Jesús Carril.

Desde os clubs de lectura de Monte Alto e Estudos Locais, o noso desexo é que o 25N deixe de celebrarse pronto, pois isto significaría a erradicación total da violencia contras as mulleres do mundo.

Reflexión final de Maica Ruiz Díez, asistente ao club de lectura de Monte Alto.

María na busca da liña do horizonte, Esther López Castro

Nestes días de confinamento non vén mal rememorar todos eses bos momentos pasados nos clubs de lectura das bibliotecas coruñesas. Ademais, cómpre lembrar tamén que o préstamo de ebooks segue dispoñible e que as horas a carón dun bo libro non son nunca tempo en balde. Aproveitemos para ler!

Hoxe queremos falar da marabillosa xornada que Esther López Castro, asistente ao club de lectura da biblioteca de Estudos Locais, pero tamén escritora, nos fixo pasar. Co seu libro María na busca da liña do horizonte, Esther deleitounos o mércores 4 de marzo cunha aventura que os e as asistentes ao club chegaron a comparar con La Sirenita ou as películas de Disney, pola viveza e colorido das súas palabras.

IMG_20200304_184530

Esther naceu en Betanzos, vila moi presente na súa vida e nos seus textos. Aí é onde vive María, a protagonista desta historia, e o lugar ao que a escritora dedica moitos dos seus poemas, publicados, entre outros, no libro das festas que anualmente saca do prelo o concello.

Cando casou marchou vivir á Coruña. Ten os estudos básicos, pero iso nunca foi un impedimento para que as súas ganas de aprender e de entender o mundo por medio das súas reflexións se visen plasmadas na fermosura dos seus textos.

Comezou a escribir a unha idade que moitas persoas coidarían tardía e, nun principio, como mera reflexión persoal e impelida pola necesidade de reordenar o seu mundo interior, pero iso non evitou que a xente ao seu redor a animase a compartir os seus escritos, vista a súa calidade. E iso fixo. Autopublicouse e vendeu dúas edicións enteiras, e ademais fíxonos desfrutar dun serán moi agradable na biblioteca de Estudos Locais no que, ademais, recitou poesía e cantou, xa que pertence á Coral do Sporting Club Casino de A Coruña.

Aquí vos deixamos con ela, porque ben merece a pela escoitala. Grazas, Esther!

IMG_20200304_184336

Besta do seu sangue, de Emma Pedreira, e visita da autora

O pasado mes, no club de lectura da biblioteca de Estudos Locais tivemos a sorte de contar coa visita da escritora Emma Pedreira.

Emma Pedreira Lombardía naceu na Coruña en 1978, onde segue vivindo. Licenciada en Filoloxía Hispánica, é unha artista multidisciplinar á que encadran na Xeración dos 90, aínda que a súa obra transcende todas as etiquetas.

O seu primeiro libro foi Diario bautismal dunha anarquista morta (1999), que acadara o ano anterior o Premio de Poesía Johán Carballeira. Desde ese intre case non houbo ano en que non publicase unha ou varias obras, tanto de poesía coma de narrativa.

Os seus últimos éxitos foron o Premio Xerais en 2018 con Besta do seu sangue, o Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño no 2018 por As voces ágrafas e o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2019 con Os corpos invisibles.

Todas as súas obras acadan sempre o aplauso da crítica: de feito, en 2018 recibiu por Bibliópatas e fobólogos o Premio da Crítica de narrativa galega, outorgado pola Asociación Española de Críticos Literarios.

Non obstante, o traballo de Emma Pedreira no eido artístico non se circunscribe só aos libros: é pioneira nos mouthcollages/skincollages, que colga a miúdo no seu muro de Facebook.

Tamén elaborou mostras-exposicións coma a de O fotógrafo, na que conxuga as antigas fotografías de seu avó, poemas e colaxes. Ademais, formou parte da Plataforma de Crítica Literaria Feminista A Sega entre e os seus compañeiros e compañeiras dedicáronlle documentais (Emma Pedreira: o des-en-freo) e fanzines (Emma Pedreira: fanzine dunha persoa renacentista).

No club de lectura puidemos ler Besta do seu sangue., da que a crítica dixo:

Supón unha proposta “de carácter transgresor caracterizada pola súa multiplicidade de voces, polo seu esencialismo narrativo e por exhibir diversos rexistros”

Resultado de imagen para besta do seu sangue

Nesta obra faise unha revisión de xénero da figura e mito de Blanco Romasanta, coñecido tamén coma O sacauntos. Era Manuel ou Manuela? Ademais, tendo en conta que xa se escribiu moito sobre este tema, tivemos a oportunidade de debater sobre o feito de que nos interese algo do que xa se dixo tanto, pero ao parecer, non todo.

Non é a primeira vez que a autora reinterpreta mitos e/ou historias clásicas, sobre todo os contos de fadas, coma no Libro das mentiras.

IMG-20200108-WA0005

Encontro na biblioteca de Estudos Locais do club de lectura con Emma Pedreira

Ademais, puidemos trasladarlle todas as nosas dúbidas á autora, tanto desta como doutras obras, pois tivo a xentileza de acompañarnos nunha sesión do club. Moitas grazas, Emma Pedreira!

La tetería del oso malayo (David Rubín) e Las hijas del César (Pablo Núñez)

Durante os pasados meses, dous dos libros que limos no club de lectura da biblioteca de Estudos Locais foron La tetería del oso malayo, do galego David Rubín, e Las hijas del César, do tamén galego Pablo Núñez.

LA TETERÍA DEL OSO MALAYO

La tetería del oso malayoDavid Rubín. Barcelona International Comic Fair 2017.jpg

David Rubín naceu en Ourense en 1977. Estudou Deseño Gráfico e na actualidade traballa no eido do cómic, a animación e a ilustración.

Coa súa primeira obra longa, El circo del desaliento (Astiberri, 2005), foi nominado como autor revelación no Salón Internacional del Cómic de Barcelona de 2006. Neste libro aparece Onde ninguén pode chegar (editado en galego, castelán, italiano e francés), Premio “Castelao” de Banda Deseñada 2005 concedido pola Deputación da Coruña. María Lado, poeta galega, participou tamén no tomo poñendo texto a unha das súas historias curtas.

En 2006 publicou La tetería del oso malayo (Astiberri, 2006), que tamén veu a luz en Francia, Italia e a República Checa. Grazas a esta obra foi nominado en catro categorías no Salón Internacional del Cómic de Barcelona 2007, obtendo o galardón a autor revelación. Tamén foi finalista do I Premio Nacional del Cómic.

Outros traballos a destacar del, xa que a súa obra é cuantiosa, son os dous volumes de El Héroe (Astiberri, 2011 e 2012), traducidos ao italiano e ao francés; a adaptación de obras da literatura clásica como Romeo & Julieta (SM, 2008. Guión de Ricardo Gómez Gil) ou El monte de las ánimas (SM, 2009. Guión propio); a participación na revista en galego Golfiño, distribuída con La Voz de Galicia; e mesmo a realización do cómic Uxío Novoneyra: A voz herdada (2010) distribuído pola Xunta de Galicia en homenaxe ao escritor do Courel.

No ano 2018 foi nominado a 4 premios Eisner, os Oscar do mundo do cómic: Mellor Serie Regular (Black Hammer), Mellor Adaptación (Beowulf), Mellor Debuxante e Mellor Colorista.

La tetería del oso malayo recopila diferentes historietas publicadas polo autor na desaparecida revista Dos Veces Breve, entre outras inéditas. A obra está distribuída en:

  • Prólogos

  • ...comienza a girar. Autobiográfico? Autorretrato? Referencias a clásicos como Prometeo ou Sigfrido.

  • 01: detrás de la barra (DVB 3, redebuxado). Por que un oso malayo? Por que unha tetería?

  • 02: la luciérnaga (DVB 4, redebuxado e ampliado). Historias de desamores típicas? Transmitir sons con debuxos.

  • 03: antón en llamas (Inédita). O autor engánanos? Violencia machista.

  • 04: gira la llave (DVB 5, retocado). Brancos e negros. Onde quedan os grises? Ás veces, a solución é tan obvia que non a vemos diante das narices.

Tuvimos que quitarnos las mallas para sentirnos por fin como verdaderos idiotas. Como payasos tras la función.

  • 05: órdenes (DVB 7, retocado). Historias antibélicas. O ser humano é malo por natureza?

  • 06: chaleco antibalas para una niña (DVB 8, retocado). Abuso sexual muller-home. Como educamos as futuras xeracións? Medo constante.

  • 07: patatas (Premio “Na Vangarda” da Xunta de Galicia 2005, traducido e retocado). Hai esperanza? As patacas na cultura galega.

  • 08: las cosas que terminan por romperse (Inédita). O amor dura para sempre? Todas as cousas rompen? Prostitución.

  • clientes asiduos (algo más que un dramatis personae)

  • …se detiene.

Aínda que os e as asistentas ao club non estaban familiarizadas coa lectura de banda deseñada/tebeo/cómic/novela gráfica/historia gráfica (os termos deron para un bo debate), foi unha iniciación ao xénero inmellorable.

LAS HIJAS DEL CÉSAR

Imaxe sacada da páxina web do autor

Pablo Núñez naceu en Lugo no ano 1973 e é funcionario da Xunta de Galicia, onde exerceu diversos postos nas Consellarías de Educación e Ordenación Universitaria ou Medio Rural, entre outras.

Las hijas del César foi a súa primeira novela, coa que quedou entre os finalista do Premio Planeta de Novela 2006 e na que se pode apreciar o gran amor que ten pola súa cidade e a súa historia. Grazas a unha promesa feita na Feira do Libro da Coruña (que a cidade herculina sería escenario e protagonista dunha das súas obras), naceu Juego de Reinas (Edhasa, 2017), na que volve retomar o mundo celta.

A súa segunda novela, Ladrones de historia (Alrevès), está ambientada na Guerra Civil española e no espolio artístico sufrido polo país aproveitando o conflito bélico.

Entre os premios que acadou destacan o Premio Nacional Begonte de Periodismo (2010) ou o accésit no Premio de Poesía Concello de Paradela (2011).

Colaborou con diversos medios de comunicación: El Progreso, La Voz de Galicia, Cadena SER, Galicia Digital… e tamén participou en numerosas publicacións e obras colectivas.

Resultado de imagen para las hijas del cesar

A novela deu pé a unha animada conversa sobre o uso dos anacronismos nas novelas históricas, sobre o pouco explotada que están algunhas partes da nosa historia (entre elas, o pasado romano de Lugo) ou sobre o mito (ou non) dos celtas en Galicia.

 

“O último día de Terranova”, encontro de Manuel Rivas cos seus lectores.

O pasado martes 22 de marzo, Manuel Rivas achegouse a biblioteca Monte Alto para manter un encontro cos clubes de lectura das bibliotecas municipais. A escusa era falar sobre o seu último libro,  O último día de Terranova, pero, como adoita acontecer con Manuel Rivas, a charla levounos por camiños insospeitados, inesperados e pracenteiros. Begoña Varela, coordinadora de dous dos nosos clubes e impulsora deste encontro, envíanos esta reseña coas súas impresións.

Case unha década despois da publicación de “Os libros arden mal“, chega ás nosas mans “O último día de Terranova” e, moi vencellado a esta obra, o poemario “A boca da terra“. Por esa boca (a boca da terra, a boca da literatura) falan estes tres libros que recollen, a través dos seus protagonistas, boa parte da nosa historia contada ao máis puro estilo Rivas. Con pinceladas de realismo máxico, Rivas crea un universo propio baixo a luz de O Faro, como fixera Cunqueiro coa Terra de Miranda.

Si en “Os libros arden mal” o tema principal era a morte, a queima da palabra impresa e a loita por salvar os libros, en “Os últimos días de Terranova” o autor pon en valor a supervivenza das librarías como arma para loitar contra a incultura, e a figura dos libreiros como guardiáns da liberdade e da dignidade humana.

O noso clube xa lera “Os libros arden mal“, e agora disfrutamos coas páxinas deste novo libro, da man de Amaro e Vicenzo Fontana, do tío Eliseo, de Garúa, Comba, Expectación e un feixe de persoaxes entrañables; todos eles náufragos sociais cargados de sabiduría que observan o mundo a través dunha cámara estenopéica e transmiten ao lector un xeito de ver a vida coa que moitos nos identificamos.

Para explicar a súa obra e resolver as nosas dúbidas, contamos na biblioteca de Monte Alto coa presenza de Manuel Rivas quen, acompañado por Lola Porto, de librería Lume (unha das libreiras ás que vai adicado o libro) e rodeado dos seus lectores de todas as Bibliotecas Municipais, fíxonos partícipes dunha animada conversa. Falou o autor de queridos libreiros e libreiras galegos, da estructura da obra (e da vida) en círculos concéntricos, de seres “sentipensantes” e, sobre todo, do valor da palabra.

Librarías que teñen que pechar; especuladores da terra e das almas; libros vendidos, roubados ou prestados que viaxan ocultos en maletas; idealistas que nunca perderon a ilusión; títulos e editoriais inesquecibles que forman parte da paisaxe das nosas vidas. Todo isto encerran as páxinas de “O último día de Terranova“.

Deixámosvos un vídeo da lectura de Manuel Rivas dun dos seus poemas e algunhas das fotografías sacadas durante a tarde.

O pase de diapositivas require JavaScript.