Author Archives: violetasr

Estamos de volta, queeruñxs!

Xa é un feito. Esprememos os últimos días do verán despedíndonos das cervexas no chiringuito, retomando rutinas case esquecidas e poñendo en marcha aqueles “propósitos de emenda” persoal que xurdiron durante as vacacións. E aínda non sabes se apuntarte a crossfit, estudar chinés ou tomar clases de cociña tailandesa, que sona ben cool. Pois ben, se o teu plan de mellora persoal inclúe ademais ansias lectoras, nas Bibliotecas Municipais temos moito que propoñer. E coñecéndonos, de seguro que nuns meses xa non poderás abandonarnos.

logo

Un curso máis, o club de lectura QUEERuña volve ás bibliotecas. O primeiro clube LGTBi de Galicia comeza o seu segundo ano de andaina coas mesmas ansias de diálogo e variedade de escenarios. Así, ás habituais sesións presenciais (que serán o terceiro mércores de cada mes ás 19 h na Biblioteca Ágora) sumaranse actividades extra, encontros con autores e quedadiñas varias (tamén para tomar cañas, eh, que non todo vai ser ler!). Un grupiño aberto a todas aquelas persoas interesadas en coñecer, conversar, analizar, descubrir… en desfrutar, resumindo, de materiais que procuran visibilidade e respecto ante a diversidade sexual e de xénero. Que por moito que digan, non hai nada mellor que a información para superar prexuízos.

mosaico

Velaquí algunhas das lecturas analizadas durante o primeiro ano de vida do club, dispoñibles no Cascarilleiro, o catálogo en liña das Bibliotecas Municipais.

A curto prazo poderanse consultar no blog do club as lecturas para este novo curso, pero mentres, para xs máis curiosos, adiantamos a primeira lectura confirmada: Fun home, de Alison Bechdel.

Que?!? Non te vas a unir? O primeiro encontro is coming e quedan poucas prazas!! Preme aquí e ven a formar parte da familia queeruña!

Arrincamos, queeruñxs!

twitter

Xa volo adiantábamos en xuño cunha “presentación en sociedade” na Biblioteca do Forum Metropolitano. As Bibliotecas Municipais propuxémonos camiñar da man dun novedoso proxecto: O Club de lectura Queeruña, o primeiro club LGTBI de Galicia. Un club que, como ben manifestan desde o seu propio blogue, “nace do afán dun grupúsculo que pensamos -como Jeanette Winterson, autora da nosa primeira lectura- que hai libros que salvaron as nosas vidas, e por iso é necesario compartilos”. Só apto para esxs lectorxs (queers e non queers, claro está) amigxs do diferente: novelas, poesías, cómics e películas que rebasan o discurso binario e chegan dispostas a abrir liñas de debate tan alternativas como necesarias.

Os encontros comezan este mércores 26 de outubro ás 18:30 h na Biblioteca Ágora. As primeiras conversas partirán da lectura dunha obra que nos marabilla: El azul es un color cálido, cómic no que se baseou a adaptación cinematográfica La vida de Adèle.

agenda-urbana-elazulesuncolorcalido-h

El azul es un color cálido é unha fermosa novela gráfica que narra a historia de amor entre dúas rapazas a través de viñetas cargadas de emocións, paixón e desasosego. 

Para os seguintes encontros (os últimos mércores de cada mes) e antes de despedir o 2016, traballaranse outros dous títulos de calidade: A Esmorga (todo un clásico da literatura galega) e Ten o seu punto a fresca rosa, unha novela da nosa paisana Mª Xosé Queizán tan controvertida como trepidante.

m

Consulta a dispoñibilidade dos materiais propostos polo Club no Cascarilleiro, o catálogo das Bibliotecas Municipais de A Coruña.

Para 2017 barállanse varios títulos, pero xa que este club nace como algo familiar e vivo que evoluciona coas persoas que o conforman, as suxestións sempre son benvidas. Ben polo twitter @clubqueerunha ou vía mail clubdelecturaqueerunha@gmail.com podes enviarlles as túas preferencias ou ampliar a información sobre a súa andaina.

Semella que a cousa empeza ben, non? Pois ainda estás a tempo de anotarte e comprobar o que estas xuntanzas poden dar de si. Preme aquí  se ademais dunha boa lectura, queres facer amigxs, divertirte e compartir opinións e experiencias. O libro, coma sempre, só é o punto de partida. Esperámosche!

Club de lectura Queeruña: o privilexio de ler sen etiquetas

Para moitos as siglas LGTBQ non significarán nada. Para outros tantos son un símbolo de identidade, liberdade, dereitos e respecto. Dende o meu parecer, tamén de amor e valentía. Lesbianas, Gais, Transexuais e Bisexuais. ” E o Q do final, que diantres…?” Queer, of course. Unha palabra que en inglés significa raro, invertido, desviado. Comezou sendo un termo de estigmatización que se empregaba para falar dun xeito despectivo da comunidade LGTB e de toda sexualidade que non estivera dentro da “normalidade” heterosexual. Foi a principios dos noventa cando certo sector da poboación LGBT sentía que a dirección que tomara o movemento non os incluía e só daba visibilidade a certo tipo de persoas gai. Entón decidiron apropiarse da palabra queer e convertela naquela que identificaría unha nova corrente do movemento na que o sexo e o xénero son unha construción. Un termo común para todas aquelas persoas que non se senten incluídas na forma tradicional coa que se definen as relacións (LGBT, pansexuais, intersexuais, asexuais, poliamorosos…)

quAsí o define Judith Butler, unha das “nais” do movemento:

“O meu entendemento da palabra Queer é o dun termo que desexa que non teñas que presentar un cartón de identidade antes de entrar nunha reunión. Os heterosexuais poden unirse ao movemento queer. Os bisexuais poden unirse ao movemento queer. Queer non é ser lesbiana, non é ser gai. É un argumento contra a especificidade: se son lesbiana teño que ser de tal modo. Ou se son gai teño que desexar de certa maneira. Queer é un argumento en contra de certa normativa, do que unha adecuada identidade lesbiana ou gai constitúe”.

A teoría parécenos fantástica, vale… pero… e a práctica? Que podemos facer desde a nosa esquiñina para visibilizar realidades? As bibliotecas somos quen de darlle un empurrón á corrente crítica? Somos, claro. As municipais tamén “entenden”. Non se trata de institucionalizar movementos, senón de que as institucións se movilicen. Esquecer os códigos establecidos e facer o posible para queimar etiquetas, xerar diálogo e crear comunidade.

twitter

Este martes 28 de xuño  preséntase o  primeiro club de lectura LGTBI de Galicia: o Club de lectura Queeruña. Un club que nace como imán para esxs lectorxs que buscan algo diferente: novelas, poesías, cómic e películas que rebasan o clásico discurso binario, dispostas a abrir liñas de debate tan alternativas como necesarias.

A presentación e primeira sesión terá lugar mañá na biblioteca do Fórum Metropolitano ás 18:30 h. Un encontro informal para falar da dinámica do club de cara ao seu comezo (setembro-outubro) e comentar a primeira das lecturas propostas: ¿Por qué ser feliz cuando puedes ser normal? de Jeanette Winterson.  A primeira dunha escolma de calidade na que se inclúen libros que son pura controversia, como Testo Yonqui, ou películas tan humanas como La vida de Adèle, baseada na ultracoñecida novela gráfica “El azul es un color cálido”.

m

Podes atopar todo o material proposto polo Club Queeruña no Cascarilleiro, o catálogo das Bibliotecas Municipais de A Coruña

Paréceme unha parvada aclarar que o feito de que a temática queer sexa un fío condutor non debe facer pensar axs lectorxs que é un club só para LGTBI, pero haberá que puntualizalo por se alguén xa ten pensado que vai dirixido a un público concreto e non vai ser quen de disfrutalo (xa mencionei liñas máis arriba que as etiquetas só serven para ser queimadas).

Para rematar, non me queda máis que animar a todxs xs que nos len a que deixen os prexuízos na casa e formen parte desta interesante iniciativa. Para saber máis detalles sobre o como, cando e onde, visita o seu blog ou segue os seus chíos en Twitter. Fuck normality!

De 0 a 100: libros máxicos para nenxs que todo adulto debería ler

¿E se as historias para nenos fosen

de lectura obrigatoria para os adultos?

¿Seriamos realmente capaces de aprender

o que, desde hai tanto tempo, vimos ensinando?

José Saramago,  A flor máis grande do mundo.  

Desde 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.

Cada ano unha Sección Nacional ten a oportunidade de ser o patrocinador internacional deste día. Dita Sección elixe un tema e convida a un/ha autor/a importante do país para escribir unha mensaxe para xs nenxs do mundo e a un/ha ilustrador/a de renome para o deseño dun cartaz que se distribúe por todo o planeta. Este ano o país encargado da organización desta celebración é Brasil. A mensaxe foi redactada pola autora de libros infantís Luciana Sandroni, e as ilustracións foron realizadas polo debuxante e caricaturista Ziraldo.

Bibliotecas, librerías e outras entidades celebran este aniversario mediante a organización de exposicións, encontros con escritores e ilustradores, presentacións de libros, sesións de libro-forum, actividades de animación á lectura… IMG_2502-crop

Na Biblioteca Ágora cremos que non fai falta estar atrapado pola síndrome de Peter Pan para ser un habitual da literatura infantil. Non é un mundo exclusivo para nenxs, mestres ou pais e nais. Moitos dos libros en principio destinados aos máis pequenxs son, polos seus contidos, ilustracións e sobre todo pola beleza que encerran, moi indicados para todos os públicos, téñase a idade que se teña.

Dende xa e ata finais do mes de abril, na nosa sección de Actualidade atoparás “De 0 a 100”: unha escolma de títulos que non entenden de idades e que están cheos de dobres lecturas, de profundas reflexións, de emotividade e, ademais, dunhas ilustracións que en moitos casos son toda unha obra de arte. Convidámoste a mirar ao pasado e recobrar a maxia da nenez grazas a estes libros infantís que recollen preciosos ensinos para os adultos, sabias mensaxes que asemellaban esquecidas.

mosaico

O amor, a amizade, a superación persoal, o paso do tempo… Diversos son os temas que recollemos nesta bonita mostra.

E para mostra, uns “botóns” do que podes atopar se nos visitas:

Camino de mi casa, de Ana Tortosa, narra en tempo pasado todas aquelas cousas que unha nena atopaba camiño de casa: o banco onde sentaban os avós, a caixa de correos, o parque infantil, a escola, unha árbore, a fonte… Nada de todo aquilo permanece en pé, nin sequera a súa casa. Todo quedou reducido a cascallos. Dun xeito lírico e desgarrador, esta obra fálanos da situación de desamparo en que nos deixa unha guerra e da tristeza que embarga aos refuxiados.

Vacío, de Ana Llenas, é un libro que nos fala da resiliencia, ou a capacidade de sobrepoñerse á adversidade e atoparlle un sentido. Porque a vida está chea de encontros, pero tamén de perdas.

En La noche estrellada a paixón polos soños (e por Jimmy Liao, o seu autor) contáxiase. E non falta quen, como a protagonista deste fermoso libro, vai seguindo o camiño de baldosas amarelas que conduce máis aló das frustracións cotiás. A nena que narra esta historia convéncenos de que un bo recordo é un medicamento inmellorable.

El mar y otras cosas de las que también me acuerdo (Mónica Gutiérrez Serna) Cando pasea coa súa neta Don Jaime apenas fala, só o imprescindible ou mesmo menos. Pero é el quen lle ensina a ler os carteis mentres van pola praia. É el quen lle ensina a non pintar estrelas de mar coa verniz de uñas da avoa. A nena cada vez fala máis, el cada vez menos. Cando lle pide cores para pintar unha árbore, dille: “Observa unha árbore durante media hora e apunta nun papel cada cor que vexas”. Logo, con satisfacción, ponlle sobre un prato unha mostra de cada un dos tubos de pintura da súa caixa. Seguiron paseando durante anos. Don Jaime xa non fala, pero iso non lle impide ensinarlle as cousas fundamentais da vida.

Apetecibles, ¿verdade? Seguro que ti tamén tes na recámara algunha xoia literaria infantil apta para tódalas idades, capaz de namorar tanto a pequenxs como maiores. E como cremos que ditos“tesouros” teñen que ser compartidos, gustaríanos que durante todo o mes de abril os subísedes ás vosas redes co hashtag #de0a100.

Twitter, Facebook, Instagram… todas as canles son válidas. Mentres esperamos as vosas fotos e comentarios, imos predicando co exemplo: ¡velaquí as nosas recomendacións!

LIX nos

#de0a100: Maru, Natalia, Santi, Vanessa, Nancy… xs bibliotecarixs de Ágora recomendan!

Escritor@s de paso

No sabemos si para quedarse, pero vienen. Autores de diferentes orígenes, estilos y géneros que eligen nuestra ciudad para presentar sus últimos trabajos.  Y en honor a estas visitas, y a las que vengan en un futuro, inauguramos sección en la Biblioteca Ágora: Escritor@s de paso.

Cartaz Escritor@s de paso

¿De quiénes hablamos? Por un lado, de los invitados al ciclo de Libros en directo, una actividad mensual organizada por cuarto año consecutivo por la Concejalía de Cultura del Ayuntamiento de A Coruña. Una serie de encuentros con autores de prestigio que tienen como objetivo principal acercarnos a las novedades editoriales más importantes.

Tras el reciente encuentro con Najat El Hachmi, Andrés Trapiello y Jordi Sierra i Fabra serán las inminentes (y eminentes) visitas al Centro Ágora antes de que finalice el año. Trapiello nos presentará su particular revisión de todo un clásico, “El Quijote de la Mancha”, mientras que Sierra i Fabra, máximo exponente de la literatura infantil y juvenil en nuestro idioma, nos hablará de “El club de los raros”, su última novela para niños de 8 a 10 años.

Untitled copy

También en Ágora podemos seguir disfrutando de una cuidada programación poética de la mano de Poetas Di(n)versos, encuentros abiertos y gratuitos con poetas nacionales e internacionales de máximo nivel.  La próxima cita del ciclo, que será  el 14 de diciembre, reunirá a uno de los autores salidos del Batallón Literario de la Costa da Morte, Miro Villar, con la gran dama de la poesía de Rumanía, la célebre Ana Blandiana.

poetas_dinversos

Yolanda Castaño dirige y dinamiza el ciclo Poetas Di(n)versos en el Centro Ágora.

En paralelo, el Museo de Arte Contemporáneo de Gas Natural-Fenosa  viene programando el ciclo de conferencias A libro abierto para acercarnos las creaciones más recientes de diferentes autores y aproximarnos al rumbo actual de su literatura. Juan Cruz, Clara Usón y José Ovejero serán los conferenciantes invitados en los meses de noviembre y diciembre.

mac copy

Por todos ellos (que no son pocos), y por los próximos que “se pasen” por A Coruña para cualquier evento de interés, en la Biblioteca Ágora dedicaremos un pequeño espacio a sus novedades. Para que además de disfrutarlos a viva voz, lo hagáis también libro en mano en vuestro rincón favorito.