Search Results for volver a casa
#BibliotecaEnCasa: 10 formas de utilizar a biblioteca desde o fogar
Hai un mes que anunciabamos o peche dos espazos físicos das Bibliotecas Municipais da Coruña por mor da crise sanitaria Covid-19 e durante este tempo botamos de menos o día a día nas nosas salas, e moi especialmente aos nosos usuarios e usuarias, razón de ser dos nosos centros e piar imprescindible dunha rede de bibliotecas de todxs e para todxs.
Non obstante, seguimos traballando desde as nosas casas para ofrecer propostas de información, formación e ocio de calidade á cidadanía e, por suposto, para seguir conversando con vós, sentírmonos preto uns dos outros e conectados porque, como dixo recentemente o recoñecido psiquiatra Luis Rojas Marcos “ante la amenaza actual, sentirnos conectados nos protege”. Persoalmente gústame pensar que as bibliotecas tamén podemos ser o espazo -neste momento virtual- onde sentirnos seguros e conectados, tecendo vínculos e comunidade.
Neste sentido, aumentamos esforzos na Biblioteca 2.0 onde estamos abertos a través da nosa páxina web, dos nosos blogs e dos diferentes perfís sociais (Facebook, Twitter, Instagram). E fortalecemos ademais os canais de comunicación con resposta áxil para contestar a todas as vosas dúbidas e, por suposto, xerar conversa e estarmos en contacto.
En canto ao tipo de programación e propostas, vertebradas en torno a tres eixos fundamentais como son a información, a formación e o ocio, tendes a continuación un listado de dez activas neste momento que se engloban todas elas baixo a denominación #BibliotecaEnCasa:
Manterse ao día da información e recursos sobre o Covid-19
Unha selección de recursos e ligazóns a fontes de información fiables sobre a pandemia dispoñible na nosa páxina web, así como tamén un listado de enlaces a webs de calidade (Maldita.es ou Salud sin bulos, entre outras) que permiten a detección de bulos que circulan pola rede en foros e grupos de Whatsapp.
Coñecer e descubrir as iniciativas cidadás
Baixo a denominación “Iniciativas cidadás en tempos de pandemia” está accesible na nosa páxina web unha recompilación para estar ao tanto de todas as propostas que xurdiron e están a formarse neste tempo para ofrecer axuda ás persoas e colectivos máis vulnerables ante a crise sanitaria. FrenarLaCurva, AyudaCovid19 e Grupos de Apoio Mutuos (GLAM) son algunhas das iniciativas que atoparedes destacadas na nosa web.
Recursos web para autoformación
Este tempo de confinamento pode ser oportunidade para aprender ou potenciar coñecementos nun área temática determinada a través da formación online, é por iso que desde as Bibliotecas compartimos na web unha selección de plataformas de calidade onde atopar cursos gratuítos, clasificados en tres apartados: principais plataformas para a autoformación, plataformas para mellorar a lingua galega e as novas tecnoloxías e plataformas para sacar o lado máis creativo.
Ciberclub de lectura e sesións en aberto do club de lectura LGTB Queeruña
Á parte de seguir en contacto e intercambiando recomendacións lectoras con todas as persoas participantes dos clubs de lectura da rede, séguense a desenvolver as sesións, adaptadas estas ás posibilidades que o virtual nos permite. Tamén o Pensatorio -café filosófico do que se falou nunha entrada anterior, e o club de lecturas feministas O Cuarto Propio seguen en marcha a través da modalidade virtual.
Para quen guste da lectura e do intercambio de ideas arredor da mesma, existe tamén neste momento a posibilidade de sumarse en aberto ás conversas do club de lectura virtual das bibliotecas e das sesións en directo do club de lectura LGTB Queeruña.
Asistencia tecnolóxica
Un servizo que se viña ofrecendo en todas as bibliotecas da rede con carácter presencial, dentro do noso programa de Inclusión Dixital, para resolver dúbidas relacionadas coa tecnoloxía, ben sexa manexo de dispositivos, aplicacións, etcétera, ás persoas usuarias. Unha proposta que segue manténdose, neste caso a través do correo electrónico bibliotecas@coruna.es.
Lectura
Mentres os nosos espazos físicos permanecen pechados podedes seguir gozando da lectura e do préstamo de materiais, neste caso a través da plataforma de préstamo de libro electrónico GaliciaLe. Compartimos con vós un breve vídeo – titorial de cómo empregar a aplicación:
Recordámosvos que as persoas que teñades materiais en préstamo na casa podedes despreocuparvos das sancións, xa que ampliamos automaticamente todos os préstamos vixentes.
Semanalmente desde os nosos perfís sociais iremos compartindo, como xa vimos facendo, recomendacións de lectura dispoñibles na plataforma GaliciaLe, recomendacións por tipoloxía de recurso (novela, cine, etcétera) e por tipo de público (infantil, adulto, xuvenil).
Así mesmo, seleccionamos para vós páxinas webs interesantes onde escoitar audiolibros -gravación do contido dun libro lido en voz alta-, e gozar deste xeito dunha nova forma de lectura, con opcións para todas as idades e gustos.
E, por suposto, atoparedes recomendacións lectoras en todos os nosos blogs de literatura: Blog dos clubes de lectura, Blog de literatura infantil e xuvenil e Fancómic (o blog de cómic da rede).
Música e cine
Tamén a música forma parte da programación das nosas bibliotecas, unha liña pola que apostamos desde hai tempo no presencial e agora tamén no virtual. Claro exemplo disto é o blog de música da rede Bibliosons, que vimos dotando de contidos relacionados con esta arte desde hai anos e no que nestes momentos podedes atopar listas de reprodución musicais, conversas con artistas, información sobre concertos online e mesmo información sobre a tecnoloxía 8D.
E, como novidade que xurdiu en días de confinamento, estreamos perfil en Spotify, onde teredes oportunidade de descubrir e escoitar playlist que iremos publicando con periodicidade semanal. Ata o momento tres foron as listas publicadas e das que podedes gozar: Con inspiración literaria, Poesía sonora e Cancións que nos representan. Dádelle ao play, pechade os ollos e…a gozar da música!
E tampouco nos esquecemos do cine! Para quen guste desta arte realizamos unha selección de recursos en aberto onde poder visualizar filmes. Espazos como 30 anos de audiovisual galego (Consello da Cultura), Cinema Doré en Casa e Novo Cinema Galego forman parte da escolma, entre outros moitos. Para ver o listado completo pasádevos por Instagram.
As bibliotecarias contan
Unha iniciativa que nace en tempos de confinamento para achegar ás máis pequenas e pequenos da casa historias, de pantalla a pantalla. A través de Instagram as bibliotecarias contan desde a casa fermosos contos -de luns a venres, ás 18.00 horas, para que poidades gozar delas en familia, coa mesma dedicación, agarimo e emoción que nas salas infantís das nosas bibliotecas.
#OsBiblioRetos
Para poñer a traballar o voso enxeño, desde as Bibliotecas lanzamos a proposta #OsBiblioRetos a través dos canais de Instagram e Facebook.
Unha actividade destinada tanto ao público infantil (luns e venres en horario de mañá) como público adulto e xuvenil (mércores e venres en horario de tarde) na que atoparedes desde enigmas ata crebacabezas, en definitiva, desafíos para resolver sós ou en familia. Estades preparadxs?
Contan que contan
Unha iniciativa que nace co obxectivo de que escritoras e escritores, ilustradoras e ilustradores, artistas e creadores en xeral, compartan con todos e todas nós uns intres da súa vida cotiá en tempos deu corentena.
É posible que se animen incluso a recitarnos un poema ou cantarnos unha canción, para descubrilo estade atentos ás nosas redes sociais os sábados e domingos ás 18.00 horas.
E á parte de todas estas iniciativas, seguimos traballando para ampliar a oferta de programación para todos os sectores da cidadanía, entre eles, as persoas non conectadas. Seguimos celebrando neste período de confinamento efemérides destacadas como o Día da Poesía (21 de marzo), o Día do Libro Infantil e Xuvenil (2 de abril) e proximamente o Día do Libro (23 de abril), do que teredes información en breve.
E para finalizar, lembrarvos que estamos preto de vós, procurando facer das Bibliotecas Municipais ese lugar seguro onde refuxiarse, onde conversar, crear vínculos e tecer comunidade. Saúde, forza e azos para todxs!
Libros en directo: Martín Casariego
O próximo xoves 19 de marzo teremos a oportunidade de escoitar en Libros en Directo ao escritor Martín Casariego Córdoba. O encontro terá lugar ás 20.00 horas no Centro Ágora e será presentado, como ven sendo habitual por Pedro Ramos.
Martín Casariego (Madrid, 1962) licenciouse en Historia da Arte na Universidade Complutense de Madrid. A súa primeira obra, Qué te voy a contar (1989), recibiu o Premio Tigre Juan á mellor opera prima dese ano. No ano 1997 obtivo o Premio Ateneo de Sevilla coa súa novela La hija del coronel e dez anos máis tarde, foi galardonado co Premio Anaya de Literatura Infantil e Xuvenil pola novela Por el camino de Ulectra. En 2008 un xurado presidido por Ana María Matute concedeulle o Premio Logroño de Novela pola obra La jauría y la niebla. Ademais de novelas e relatos, é autor de guións de cine como Amo tu cama rica, La fuente amarilla, Días azules, Tú qué harías por amor ou Y decirte alguna estupidez, por ejemplo, te quiero.
A súa última novela El juego sigue sin mí, da que nos falará en Libros en Directo, recibiu o Premio de Novela Café Gijón 2014. O xurado destacou da obra a fluidez coa que Casariego manexa a historia de aprendizaxe que se establece entre dous mozos de hoxe en día.
O protagonista, de nome Ismael, rememora a época dos seus trece anos na que os seus pais contrataron a Rai, un rapaz cinco anos maior ca él, para darlle clases particulares. Entre os dous xurde unha relación moi especial, de aprendizaxe, de formación, de admiración. Rai fálalle de libros, de películas, de música, pero sobre todo, da VIDA. Unha historia que engancha dende o primeiro parágrafo e que non deixa indiferente a ningún lector.
Para que vos fagades unha idea, comparto algunhas das citas extraídas da obra que fun anotando mentras lía:
“Nunca sientas lástima de ti mismo. La vida no trata de no caer, sino de cómo levantarse”
“Aseguraba que el mundo estaba cubierto de cicatrices. Según él, hasta las hojas de los árboles estaban llenas de cicatrices. Y las peores eran las que no se veían”
“Creía que madurar consistía en ir sabiendo cada vez más respuestas. Ahora me inclino a pensar que es más bien ir convirtiendo las certezas en dudas, desandar el camino”
“Pero cuando uno llora por algo que le han contado, en realidad no llora por eso, sino por otros motivos. Llora por el mundo, por la fragilidad de la vida, por el tiempo que pasa para no volver. Llora por uno mismo, en el fondo, porque uno siempre está solo, excepto en algunos ratos en los que se produce el milagro de la compañía”.
Ademais de El juego sigue sin mí, nas Bibliotecas Municipais podedes atopar outras moitas obras de Casariego, consultade a súa dispoñibilidade no noso catálogo.
E lembrade, se queredes descubrir máis detalles sobre Martín Casariego e sobre a súa obra… tendes unha cita o xoves 19 no Centro Ágora!!!
Lecturas de Café con Libros 2021. Primeira Parte

Nos clubs de lectura da Biblioteca Os Rosales as nosas tertulias seguen a ser virtuais pero continuamos a tecer fíos invisibles que nos unen nunha comunidade, nunha tribo, por así dicilo, que comparte o pracer da lectura.
Abrimos o primeiro trimestre do 2021 coa lectura da obra Volver a casa de Yaa Gyasi. A primeira novela da xove de orixe ghanesa reconstrúe a historia dos seus antepasados desde o África esclavista do século XVIII ata o Estados Unidos do século XX. A idea da obra xorde nunha viaxe que a escritora fai ao seu país de orixe, onde visita o castelo de Costa do Cabo, no que se apiñaban miles de africanos antes de ser vendidos como escravos. O argumento centrase nas personaxes de Effia e Esi, dúas irmás de sangue que nunca chegarán a coñecerse. A obra estrutúrase a través dunha ducia de personaxes, cada un protagoniza un capítulo cun pano de fondo histórico distinto, incluíndo datas e acontecementos de cada período. A través das súas páxinas coñecemos as guerras tribais, a chegada dos misioneiros ao país africano, a lei de escravos fuxitivos de 1850, pasando polas minas nas que tras a Guerra de Secesión os negros cumprían condenas por delitos inventados ; das rúas de Harlem ás aldeas subsaharianas; da epidemia do crack no Nova York dos oitenta, ao nacemento do movemento de independencia na Costa do Ouro. Toda unha leccion de historia.
Esta novela serviunos de catalizador e sen darnos conta entramos de cheo no mes de febreiro, o mes por excelencia no que réndese homenaxe a xeracións de afroamericanos que loitaron contra a adversidade para lograr a plena cidadanía na sociedade estadounidense, o Black History Month. Que mellor maneira de sumarnos a esta celebración que a través dunha mostra bibliográfica, na que poderedes atopar unha coidada selección de novelas, cómics, películas e cds de música que abordan a historia do pobo negro.
Se facemos un pouco de memoria, o mes da Historia Negra – Black History Month – é unha conmemoración anual para homenaxear ás persoas afrodescendentes que, aínda hoxe, sofren o racismo institucional e cotián que impera nalgunhas sociedades desenvolvidas. Actualmente, toma unha relevancia especial co auxe dos movementos sociais, por mor da morte de George Floyd e o movemento Black Lives Matter, onde se busca acabar co racismo e a inxustiza social.
A orixe desta iniciativa remóntase ao 1926, cando Carter G. Woodson instituíu nos EEUU a Semana da Historia dos Negros. Elixiuse a segunda semana de febreiro coincidindo cos aniversarios do presidente Abraham Lincoln e do abolicionista Frederick Douglass. A partir de 1976, a semana inicial ampliouse a todo un mes. Na actualidade, o Mes da Historia Negra conmemórase de maneira oficial en Canadá e Estados Unidos en febreiro e en Irlanda, os Países Baixos e o Reino Unido en outubro.
Seguimos tirando do fío e chegamos ao noso recuncho de #Viaxalendo, un pequeno espazo que reservamos na sala de adultos dedicada á literatura dun país, polas nosas estanterías xa viaxamos a Xapón, Irlanda, India ou Portugal. Desta volta no podiamos deixar de dar voz a unha literatura tan rica pero tan descoñecida como a do continente africano. Desde o norte ao sur. Alí poderedes encontrar obras de J.M. Coetzee (Sudáfrica), Jose Eduardo Agualusa (Ángola), Yasmina Kadra (Alxer), Leila Slimani (Marrocos) e tantos outrxs.
Pechamos o círculo literario deste primeiro trimestre con Arenas movedizas de Nella Larsen. A evocadora primeira novela desta autora (1928), a máis autobiográfica, é a historia dunha muller que vive entre dous mundos lastrado polos prexuízos e o sectarismo. Autora esquecida e reinvindicada por algunhas figuras actuais como Alice Walker, Toni Morrison e Maya Angelou que veñen de rescatar do esquecemento aos artistas do chamado Renacemento de Harlem e, entre eles, á nosa autora, para introducila non xa no canon das escritoras afroamericanas, senón no das autoras estadounidenses de calquera cor.
Non podíamos comezar de mellor maneira este temporada literaria nos clubs de lectura “Café con Libros”!! Non vos parece?
As lecturas do Club dos Luns de Fórum
Comezamos o ano con novas lecturas pero facendo repaso das lidas no último trimestre do ano.
O outono estrenámolo con Volver a casa de Yaa Gyasi, a primeira novela da escritora estadounidense de orixe ganesa. Yaa Gyasi mostra un mosaico de feitos e acontecementos que abarcan desde o século XVIII ata o comezo do XXI, partindo dun tronco común que pronto se bifurca a partir de dúas mulleres, dúas irmás que non chegarán a coñecerse, e os seus descendentes. Así, coma se se tratásese dunha colección de relatos, preséntanse as vidas dos descendentes de Effia (a bela, que queda en Ghana) e dos de Esi (a escrava, que será levada a Estados Unidos). Para máis información do libro podedes consultar o post que fixo no seu momento o noso compañeiro Enrique aquí.
A Volver a casa, seguiu Las voces del desierto de Marlo Morgan. O libro narra a longa viaxe da autora polo deserto australiano en compañía dunha tribo de aboríxes, a súa transformación e integración na súa forma de entender a vida e a súa comuñón coa natureza. Marlo emprende unha viaxe que vai máis aló da superación física ou mental, trátase dun percorrido espiritual cara á verdadeira orixe e natureza do ser humano, un camiño cara á reflexión persoal e global de cara a onde estamos a ir neste aloucado mundo.
A humildade e sinxeleza do modo de vida dos aborixes australianos é transmitida a Marlo, que é aceptada por eles como a súa mensaxeira para transmitir un contundente e impactante mensaxe que merece a pena descubrir lendo o libro. Hai opinións en contra de que a viaxe e a experiencia vivida por Marlo fose real, afirmando que é ficción. Que sexa real ou non, o certo é que a mensaxe que transmite é moi positiva e profundo, merece a pena lelo.
Continuamos con La hija del Este a sexta novela de Clara Usón e segundo a crítica a mellor e máis ambiciosa de todas as que leva escritas. Nela ocúpase da recente guerra dos Balcáns. Tedes máis información neste post publicado anteriormente.
E rematamos o ano con Tierra de campos do escritor, periodista e director de cine David Trueba. Unha novela sobre os conflitos emocionais dun músico que debe enterrar ao seu pai no seu pobo natal. De feito o autor detense moito máis na narración autobiográfica, centrada sobre todo en dous puntos: a súa carreira artístico-musical e a lista dos seus amoríos, ca na propia paternidade. Trueba sabe explicar cómo nos relacionamos, como entablamos os sentimentos cun estilo sinxelo pero explicando ben a historia. O post completo aquí.
La Uruguaya de Pedro Mairal foi a primeira lectura deste recén estreado 2019.
O arxentino Pedro Mairal gañouse ao público e á crítica cunha novela que se converteu nun fenómeno editorial das letras en español. Publicada con gran éxito na Arxentina no 2016, La Uruguaya confirmou a Mairal como un dos máis destacados narradores da literatura arxentina contemporánea.
Hai sexo, diñeiro, infidelidade, humor, crise existencial, mezquindade, amargura, traizón e mesmo fútbol. Son os elementos cos que está tecida esta novela tan curta como intensa, tan apreciada polo público como pola crítica, O nome propio da uruguaia é Magalí Guerra. O protagonista do libro, o escritor Lucas Pereyra, casado e cun fillo, coñécea nun festival literario en Uruguai. Un ano despois, planea unha viaxe de Buenos Aires a Montevideo para cobrar un diñeiro (evitando as restricións cambiarias de Arxentina) e sobre todo para reencontrarse coa fermosa muller. O propio Mairal recoñece
“Me doy cuenta de que el protagonista provoca mucha identificación y no solo en los hombres. Evidentemente, las mujeres también se sienten encerradas en sus parejas, tienen amoríos mentales como el del personaje. Esa válvula de escape no corresponde solo a los hombres”
Pero a novela non é a viaxe en sí, é a reconstrución da viaxe anos despois que se ve rodeada de múltiples disgresións. Vai en ven entre os recordos, entre os detalles da súa vida conxugal, a súa infancia, os seus medos de pai moderno e as interpelacións á súa interlocutora. Non remata de saber o protagonista se o que conta, o que lembra, é o que sucedeu, o que se perdeu ou o que quixese que sucedese.
Narrada cunha brillante voz en primeira persoa, ese contarlle a alguén que pasou convértese na ferramenta literaria máis potente que usa Mairal nesta novela. Unha voz que fala ás veces a un ti (a un vos) que non é o lector, é alguén máis próximo, e que nos leva a nós, lectoras e lectores, da man e sen descanso polas súas páxinas.
La uruguaya é unha novela absolutamente contemporánea, aparentemente sinxela, pero cun estilo directo que consegue transmitirnos as sensacións polas que atravesa o protagonista. Unha novela que se comezas a lela, de seguro rematarás do tirón. En marcha está xa o guión da película da man do propio Mairal e do escritor Hernán Casciari
O autor: Pedro Mairal
Pedro Mairal naceu en Buenos Aires en 1970. A súa novela Una noche con Sabrina Love recibiu o Premio Clarín en 1998 e foi levada ao cinema. Publicou tamén as novelas El año del desierto (2005) e Salvatierra (2008), o volume de contos Hoy temprano (2001), e os libros de poesía Tigre como los pájaros (1996), Consumidor final (2003) e a triloxía Pornosonetos (2003, 2005 e 2008). En 2007 foi nomeado un dos 39 mellores novos escritores latinoamericanos polo Hai Festival de Bogotá. Traballa como guionista e escribe para distintos medios de comunicación. En 2013 publicou El gran surubí, unha novela en sonetos, e El equilibrio, unha recompilación das columnas que escribiu durante cinco anos para o diario Perfil. En 2015 publicou en Chile Maniobras de evasión, un libro de crónicas. A súa última novela, La uruguaya, recibiu en España o Premio Tigre Juan 2017 e confirmouno como un dos máis destacados autores arxentinos da súa xeración.
Festexamos a participación no Día das Letras Galegas 2020 coa guía de lectura #DesconfinarALingua
As Bibliotecas Municipais da Coruña sumámonos á celebración do Ano Ricardo Carvalho Calero que a Real Academia Galega vén de desenvolver este mes de outubro con distintas iniciativas presenciais e virtuais a través da presentación da Guía de Lectura #DesconfinarALingua.
Esta guía de lectura naceu dun tempo estraño e difícil, dunha pausa forzosa confinados e confinadas nas nosas casas. Neste contexto de COVID-19 as Bibliotecas Municipais fixemos un chamamento á cidadanía para “Desconfinar a Lingua” na semana das Letras Galegas.
Nesa nova normalidade houbo unha ferramenta humilde e simple que nos acompañou: as máscaras, que cobren a nosa faciana hoxe para abrir horizontes abertos mañá. Tamén así os libros, a música, o pensamento, a palabra oral e escrita, nos achegan mundos, propostas, escenarios, realidades que amplían as nosas propias vidas.
Nesta ocasión, foron centos as persoas que taparon a boca coas máscaras diversas da creación en galego xustamente para desconfinar a lingua, para abrir, cara nós e cara as demais, a xanela grande de todo o que ofrece o idioma. Esas aportacións son as que agora tes nas túas mans, mergúllate nesta escolma de caras e descubre toda a creación que se pode desfrutar en galego.
Lembra que podes descargar a guía na plataforma Calameo e consultar o album de imaxes de todas as persoas que participaron en #DesconfinarALingua.
Rewind, última lectura da tempada do Club dos Luns Fórum
Para rematar o curso tan atípico que resultou ser o 2019/2020 por mor da aparición da COVID-19 e que supuxo o truncamento das sesións presencias, no Club dos Luns de Fórum eliximos como lectura final Rewind do ourensán Juan Tallón – podedes consultar a guía de lectura aquí-. Foi unha elección totalmente influenciada neste caso pola opinión pública e as boas críticas que a obra non deixa de recibir e que despois da súa lectura no Club dos Luns constatamos que son totalmente certas. A lectura foi a través da Plataforma de Préstamo de libros electrónicos eBiblio Galicia e os encontros coma todos os do da época do confinamento a través da plataforma zoom. Unha experiencia ben distitna ás tertulias presencias de cada luns pero que nos brindou a maneira de estar conectadas durante o tempo de distanciamento social.

O autor: Juan Tallón
Nado en Vilardevós en 1975, é un xornalista e escritor galego.
Licencious en Filosofía e exerceu como xornalista en medios como El Progreso, Jot Down e El País, entre outros.
A autopsia da novela (2007) é a súa primeira obra longa de ficción, un xénero xa frecuentado dende o relato curto. Participou en diversas publicacións colectivas, gañando coa súa primera novela o IV Premio Nicomedes Pastor Díaz. Publicou obras tanto en galego como en castelán e moveuse na non ficción —Mientras haya bares—, o ensaio —Libros peligrosos— e a novela —El váter de Onetti, Fin de poema, Salvaje Oeste e Rewind—, ademais de escribir relatos.
Entre os recoñecementos que recibiu Tallón atópanse premios como o Francisco Fernández del Riego, o Pastor Díaz de Novela e o Manuel Lueiro Rey, por destacar algúns.

A obra: Rewind
Pouco máis que engadir ao que xa se dixo sobre a nova novela de Tallón, pero dende o Club dos Luns Fórum non queriamos deixar pasar por alto a nosa humilde análise.Tallón aborda en Rewind un suceso traumático, unha explosión moi extraña nun edificio da cidade francesa de Lyon un venres de primavera calquera que nun comezo se presentaba coma un día perfecto. O acontecemento acaba coa vida de Luca, Ilka e Emma estudantes moi diferentes entre sí e de distintas nacionalidades pero que compartían piso e as ansias de vida propias da xuventude. O único supervivinte é Paul Madiot un estudante de Belas Artes que se salva grazas á urxencia de acudir ao lavabo situado ao final do corredor. A partir dese suceso prodúcese a acción de rebobinar a través do punto de vista de cinco personaxes que fan de narradores intentando atopar o momento exacto no que mudou todo.

Cunha prosa aparentemente sinxela, escasa de diálogo, pero cargada de detalles, sumado a uns personaxes moi ben caracterizados, Tallón consegue que o lector se introduza totalmente na historia e consegue facelo sentir unha chea de sensacións por veces totalmente reais. Un bo exemplo é o nó que se atragoa na gorxa durante a escena na que os pais de Emma acoden á morgue para identificar o cadáver da súa filla. A pesares de que en palabras do propio Tallón nunha entrevista con Europa Press decía:
“A estas alturas, donde son tantas ya las imágenes que nos han conmocionado y la muerte está tan presente a lo largo de nuestra vida, que ésta ya no sorprende a nadie: es difícil sorprenderse a uno mismo pensando en la muerte como algo que le va a afectar”,
pero a través da novela, o lector volve conmocionarse como a primeira vez ante os acontecementos tan ben narrados da historia.
Sen dúbida, non puidemos facer mellor elección á hora de escoller Rewind como peche de tempada do Club dos Luns de Fórum porque foi un ano atípico pero con este libro despois de todo o acontecido reflexionamos aínda máis sobre temas como a destrución, o amor ou a indiferencia. De Rewind podemos dicir que foi unha novela que nos sorprendeu a todas máis do esperado e que nos fixo permanecer expectantes ata o final. Un libro ao que coincidimos en voltar despois desta primeira lectura no dixital para retomala con papel e lápis porque as súas citas e reflexións son para anotar e voltar a elas unha e outra vez.
“Siempre hay un segundo cuando el mundo te espanta, porque alguien a quien amas fallece, o enferma, o simplemente caes enfermo tú, en el que adquieres conciencia de la fragilidad de la vida,, incluso de su extrema transitoriedad, y vislumbras que las cosas trascendentales son otras diferentes a las que regularmente persigues.”
Dende logo Rewind é un libro cunha gran carga vital, así o manifesta o propio autor nunha entrevista á ABC Cultura,
“No es una novela triste, sino una novela de cómo la vida nos da la espalda y cómo nos giramos sobre nosotros mismos y seguimos adelante. Se trata de continuar. Las cosas ya no van a ser como eran antes: no vas a volver a la casilla de salida. Tienes que inventarte un nuevo cero a partir del que crecer. Vas a ser otra persona, pero vas a seguir siendo persona. Y las personas no estamos hechas para la derrota, como decía Hemingway. Nos caemos, pero nos levantamos”
E sen querer desvelar máis, con esa mensaxe nos quedamos porque nos parece o broche perfecto para poñer peche a esta tempada de lecturas que sen dúbida non esqueceremos. Agardamos poder vernos moi pronto nas tertulias presencias con novas lecturas, namentras desfrutade do verán e da vida porque todo pode cambiar nun segundo.
¿Interconectados/as en tiempo de confinamiento?
¿Interconectados en tiempos de confinamiento?
Diciembre de 2019, saltan las alarmas a nivel mundial sobre la propagación de un nuevo virus, quizá en un principio menos mortífero que otros ya conocidos como el ébola o el SARS-1, pero que por su alta capacidad de contagio está causando decenas de miles de muertos a nivel mundial. Los gobiernos de casi todos los países, unos con mayor premura que otros, deciden adoptar una medida nunca antes vista por nuestra generación: confinamiento.
Y así, en apenas semanas pasamos de disfrazarnos de satisfayer o chinos, los más modernos optaron por monos naranjas y caretas de Dalí, a estar metidos en casa, sin poder salir. Surgió entonces una realidad que quizás no estábamos valorando, estamos comprobando los recortes en sanidad, I+I+D, educación, en el abandono de nuestros mayores, la feminización tantas veces negada de ciertas profesiones o la pérdida continuada del sentimiento de comunidad, entre otras cuestiones.
Desde hace años, imperaba un discurso según el cual, la revolución tecnológica tenía un elemento democratizador único, se consideraba motor para el cambio social, un elemento fundamental para conseguir un Nuevo Estado de Bienestar….
Pero llegó el confinamiento y con él vimos que nada de esto es del todo cierto. El debacle social, laboral y económico, viene en parte dado por esto. Estamos comprobando que eso de que “éramos tan tecnológicos” no es cierto. Ni las empresas, ni las trabajadoras, ni el sistema educativo parecen estar preparados para el tan famoso teletrabajo. La tan alabada transformación digital parece que estaba solo en los libros blancos o guías de buenas prácticas. Se abrió la caja de Pandora de las desigualdades mostrando todas sus vergüenzas, y es que resulta que muchas familias de este país todavía no tienen a fibra en sus hogares, no todas las casas tienen un ordenador o una tablet, y ha quedado demostrado que el mundo en el bolsillo que todas llevamos, el Smartphone, lo usamos fundamentalmente para ocio, no como herramienta de trabajo, ni siquiera como elemento informador.
Según el Banco Mundial, la economía digital no está reduciendo la desigualdad e incluso podría estar haciéndola mayor.
Las causas de esta relación entre tecnología y desigualdad serían:
- La persistencia de la brecha digital. Un 60% de la población mundial sigue sin conexión a Internet y por lo tanto, excluida de la economía digital.
- La concentración del mercado en las empresas ya establecidas, creando monopolios que a menudo se refuerzan con ayudas públicas.
Estos datos, y estas situaciones nos enfrentan con la realidad, hemos de recurrir al cuidado comunitario, a re humanizarnos, a volver a sentir que somos seres sociales y hacernos recapacitar como sociedad, especialmente los gestores de lo público. ¿Qué tipo de servicios ofrecemos?
¿Estamos alfabetizando digitalmente a las personas? ¿Esto de alfabetizarse digitalmente va en contra de la alfabetización emocional? ¿las bibliotecas públicas como elemento dinamizador cultural, espacio de formación e información deberíamos replantearnos nuestro papel en esta sociedad de la información?
Estamos viendo al profesorado sobrepasado, trabajando solos desde sus casas, con muchas dificultades para ponerse de acuerdo con sus compañeros sobre las cargas lectivas, a alumnado desbordado, quejándose de que están teniendo muchísimas más tareas que cuando iban a clase, a familias perdidas, denunciando que ellos no son educadores …
También, hemos podido comprobar que las primeras semanas dieron lugar a la aparición de multitud de bulos,fake news, bots, informaciones contradictorias, erróneas etc, es decir, se pone una vez más de manifiesto nuestra escasa competencia digital, la inexistente o nula criba por parte de los lectores, la falta de contraste de la información, la incapacidad para reflexionar sobre algo que se lee antes de compartirlo, esto nos dice mucho de nuestra sociedad.
Y todo esto ocurre dentro de nuestros límites urbanos, pero ¿qué ocurre cuando nos vamos un poco hacia las orillas de las ciudades, a los bordes de la urbe y aparece lo rural?, ¿qué ocurre si vives a unos pocos kilómetros de la ciudad? Toda esta brecha de la que estamos hablando es todavía si cabe mayor. Esa España vaciada de la que hablamos es real a penas a unos pocos de kilómetros de las ciudades…
Quizás todo esto que está ocurriendo en estos días de confinamiento sirva para poder reflexionar, replantearnos prioridades como colectivo, empoderar los servicios públicos de verdad, y quién sabe, a reconstruir nuestras sociedades.
Mientras tanto, podemos apoyar estas reflexiones con obras literarias que nos hablan sobre estos temas, que se plantean esa vuelta a lo común, que proponen sistemas diferentes, que analizan fallos del sistema actual. Como siempre en las bibliotecas encontraréis material divulgativo muy interesante que nos permite profundizar en estos temas.
- La segunda brecha digital
- Una ética de la tierra
- Caital e Ideología
- El buen vivir
- Hacia una nueva política sexual
- Abuelo, cómo habéis consentido esto
- La economía del bien común
- Derrotó el smartphone al movimiento ecologista