Scórpio, de Carvalho Calero, e novas inscricións para o club Autores/as Galegos/as da biblioteca de Estudos Locais.


O 2020 foi un ano atípico para todo o mundo, incluídas as conmemoracións das Letras Galegas. Ese ano dedicóuselle a Ricardo Carvalho Calero, e desde o club de lectura Autores/as Galegos/as da biblioteca de Estudos Locais quixemos ler unha das súas obras máis importantes: Scórpio.

Carvalho Calero, nado en Ferrol en 1910, foi historiador da literatura, crítico literario, filólogo, lingüísta e escritor. Membro do Seminario de Estudos Galegos e do Partido Galeguista, foi o primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galegas da Universidade de Santiago de Compostela. Tamén foi membro numerario da Real Academia Galega e membro de honra da Associaçom Galega da Língua.

Retrato de Carvalho Calero por Moncho Rama. Álbum Nós do Consello da Cultura Galega

Antes de 1981 o autor asinaba como Carballo Calero, pero como ideólogo do reintegracionismo lingüístico, defendendo que a lingua galega é unha variedade da lingua portuguesa, a partir desa data adaptou o seu nome á grafía correspondente. Desde o club de lectura foi un reto ler unha novela escrita en galego reintegrado, e para coñecer un pouco máis do tema puidemos ver a seguinte entrevista a Eduardo Maragoto, presidente da Associaçom Galega da Língua, e debater dos pros e contras do binormativismo:

Tanto a estrutura e a forma de contar a historia como os acontecementos da vida de Scórpio resultaron moi interesantes para os e as membros do club. A ironía literaria, as descricións da guerra e os apuntamentos autobiográficos que se deixaban entrever deron para unha conversa ben amena sobre a novela, que recomendan.

Por último, lembrar que nuns días abrirá o prazo para apuntarse ao club de lectura da biblioteca de Estudos Locais para cubrir as baixas existentes. Estade atentos/as!

About antyaro

Ás veces escribo. E aquí poño o resultado

Posted on 11 Setembro, 2021, in A biblioteca recomenda, Actividades do club, Club de lectura de autores galegos, Clubes de lectura, Escritores, letras galegas, Libros lidos, Novela histórica e biográfica, Novela social e política, Obras and tagged , , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: