A dúbida, de María Reimóndez


Un dos libros que máis impactou no pasado curso aos clubs de lectura das bibliotecas de Monte Alto e Estudos Locais foi A dúbida, de María Reimóndez, obra gañadora do XIV Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia. Nel, a autora lucense fálanos dun tema duro e cru, os abusos sexuais infantís, chegando a ser por momentos ata difícil de ler para algúns e algunhas asistentes.

Unha muller é sorprendida pola chegada da policía á súa casa para deter o seu home, un político, por un presunto delito de abusos sexuais de menores. A acción de “A dúbida” desencadéase a partir dese feito, que provoca o conflito psicolóxico desa muller que empeza a dubidar se coñecía realmente ao home. Un ritmo áxil, a profundidade do conflito psicolóxico e a sutileza con que a novela trata temas de actualidade como os abusos sexuais e a corrupción política son os argumentos que valorou o xurado da decimocuarta edición do Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia. En “A dúbida” a autora fai uso da súa experiencia como narradora para ofrecer unha historia que engancha a atención das lectoras e lectores e aborda, desde a denuncia social e a intriga, un tema pouco frecuente na literatura galega, escrita con pulsión literaria e rigor.

Sinopse de A dúbida.

Ademais, tamén puidemos ver e debater sobre a seguinte entrevista feita á autora por Nós Televisión, na que fala, entre outras cousas, do sistema literario galego ou da organización feminista (tal e como ela a reivindica) Implicadas no desenvolvemento, da que é fundadora.

A novela deixou sentimentos encontrados nos e nas asistentes xa que os abusos sexuais a menores é un tema difícil sobre o que ler, pero resulta imprescindible sacalo á luz para loitar contra el.

About antyaro

Ás veces escribo. E aquí poño o resultado

Posted on 2 Agosto, 2021, in Actividades do club, Club de lectura de autores galegos, Club Monte Alto, Clubes de lectura, escritoras, Libros lidos, Novela por entregas, Novela sobre a vida cotiá, Novela social e política, Xeral and tagged , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: