As Municipais Entenden 2021


Antonte 28 de xuño, celebrouse o Día Internacional do Orgullo LGTBI inundando as redes de cores para visibilizar ao colectivo e reivindicar os seus dereitos. As celebracións seguen e dende as Bibliotecas Municipais estamos a celebralo toda a semana porque como bibliotecas e bibliotecarixs pretendemos integrar todas as diversidades sexuais e ser espazos seguros e libres de LGTBIfobias. Apoiando a campaña municipal do Orgullo 2021 “Somos. Estamos. Amamos”, as bibliotecas contribuímos esta semana e todos os días do ano con accións e recursos que poñemos a disposición de toda a cidadanía.

Dende hai tempo, coa iniciativa “As municipais entenden” vimos impulsando a presencia de materiais LGTBI nas nosas bibliotecas e, ao tempo, démoslle un tratamento especial aos materiais dos que xa dispoñíamos. Todos os materias son seleccionados rigurosamente polos bibliotecarixs da rede e pouco a pouco a colección vai medrando. Todos os materiais se poden recuperar de forma sinxela a través do noso catálogo e pódense levar en préstamo ou consultalos nas bibliotecas.

Co gallo do Orgullo elaboramos unha guía de lectura “As municipais entenden 2021” que recolle algunhas últimas incorporacións ao catálogo editadas entre os anos 2020 e 2021. Son unha pequena mostra de todo o que poderás atopar estes días nas bibliotecas, nas cales atoparás un rinconciño con materiais destacados de temática LGTB. A guía de lectura tamén podedes consultala no Calaméo das bibliotecas.

Froito do noso compromiso coas diversidades sexuais e de xénero non soamente identificamos os materias, senón que tamén queremos ser espazos seguros para o debate, o encontro e a reflexión, polo que no 2016 puxemos en marcha o primeiro club de lectura LGTB de Galicia no que en cada sesión desmenuzamos a realidade LGTB e o seu tratamento na literatura, o QUEERuña. Todos os anos en setembro abre o prazo de inscrición para todxs os que queiran participar e formar parte do mesmo, podes visitar o blog do club, a través do que difunden os encontros e os materiais que len e comparten, e así coñecer un pouco máis sobre a súa actividade.

Clip do Club de lectura QUUERuña

Durante esta semana do Orgullo estamos a nutrir tamén as nosas canles de Ivoox e Spotify. Ampliamos a playlist de “As Municipais Entenden” con novas cancións preparadas para darlle ao play:

Playlist “As Municipais Entenden”

E tamén con podcasts especiais de temática LGTB dentro da nosa iniciativa de Lemos para ti, trátase dunha serie de fragmentos de lectura de obras desta temática aos que poñemos as nosas voces e que poderás escoitar tantas veces como queiras. Aquí vos deixamos algúns deles, pero iremos compartindo máis ao longo da semana.

Fragmento da obra “Querido Eduardo: cartas de Suárez Picallo a Blanco Amor” , Edición de Chan da Pólvora, 2016.
Fragmento da antoloxía de relatos curtos “De nombre y hueso: relatos oscuros trans”, Edición Egales, 2021.
Fragmento da novela de corte social “Las malas” de Camila Sosa Villada, Edición de Tusquets, 2020.




Se queres coñecer máis sobre a nosa iniciativa “As Municipais entenden” e saber todas as accións que levamos a cabo durante esta campaña do Orgullo 2021, visita a nosa páxina web e segue de preto as nosas redes sociais para ver todo o que estes días estamos a publicar, visita as @bicoruna.

Posted on 30 Xuño, 2021, in A biblioteca recomenda, Clubes de lectura, Xeral and tagged , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: