Trilogía de la primera ley Joe Abercrombie


Nestes tempos de virus que nos obrigaron a soportar un longo peche entre as paredes de nosas fogares, non hai nada mellor para desafogarse do confinamento que unha boa saga de fantasía que nos leve de viaxe polas terras doutros mundos e realidades. Ademais, que mellor remedio contra o aburrimento que unha historia como a que nos propón Joe Abercrombie: rechea de ironía intelixente, humor con sublime escuridade, personaxes de frases inesquecibles e un realismo cru, adulto e repleto de xiros inesperados.

A Joe Abercrombie comparóuselle co famoso George R. R.Martin de Xogo de Tronos, pero o único que une a escritura de ambos é o ambiente fantástico das súas historias, porque Abercrombie é un escritor máis centrado en evolución dos personaxes, que son poucos e selectos, que nas conspiracións políticas e intrigas palaciegas con múltiples actores e complicadas tramas de Martin.

O argumento desta triloxía, en principio, é bastante clásico para unha novela de fantasía. Móstranos varios reinos enfrontados no “Círculo do Mundo”, formado por un arquipélago moi similar en culturas á Europa renacentista, cuxo centro é a illa de Midderland, con clara inspiración na Inglaterra isabelina, pero cunha Inquisición moi española. No seu capital, Adua, acabaranse xuntando para unha expedición un pequeno grupo de personaxes que tamén son os típicos das novelas de fantasía: o mago, o aprendiz, o novo cabaleiro, o bárbaro e a guerreira. Este grupo levará a cabo unha longa expedición que cambiará as vidas da maioría deles e doutros poucos personaxes, que non viaxan, pero son igual de importantes na trama, que comeza lenta, en pendente, centrada en cada un deles, pero que logo se vai desenvolvendo en vertixinosa espiral, ata chegar a un final épico e, á vez, terriblemente humano na súa conclusión.

Non tenta deixar un bo sabor na boca do lector, non é unha historia que busque o final feliz, pero é un sabor perdurable e fai que, ao final, todas esas lecturas que criamos de recheo, teñan sentido de maneira esmagadora. Con gran mestría, Abercrombie converte a estes clásicos arquetipos da fantasía (o mago, o cabaleiro, o bárbaro e varios viláns en loita continua) en perfectos antihéroes. Ningún se salva de vicios: son egoístas, vaidosos, autocompasivos, resentidos e, a maioría, bastante parvos. Aínda que, para mérito do autor, máis dun acabe caendo simpático, porque acabas comprendendo o motivo das súas accións. Todos son uns estupendos perdedores que sempre se dan de bruzos contra a realidade.

O foco na historia está en como a maioría dos personaxes tentan cambiar, por que non conseguen facelo e as lamentables consecuencias que se derivan diso. Aínda que as tramas se engarcen en algo maior (historias épicas, profecías, conflitos milenarios…) ao final o que interesa a Abercrombie non é unha reflexión sobre os grandes temas, senón sobre a condición humana. Isto funciona tan ben que é capaz de soster toda a primeira novela, A Voz das Espadas, na que non pasa case nada. É pura presentación psicolóxica de personaxes. Axuda moito que o autor é un mestre da narración e do diálogo. Dous partes de calquera historia fantástica ou novela en xeral que son difíciles de emparellar. Pero a súa pluma non ten problema de fluidez, notándose unha clara melloría ao longo dos volumes ata o terceiro, que é o mellor escrito nunha triloxía de gran nivel xeral.

 

l

Así que viaxen polo fantástico mundo renacentista con toques viquingos e turcos da Primeira Lei, escoiten os pensamentos autocompasivos e irónicos do tullido inquisidor Glokta, observen as mañas maquiavélicas do Primeiro dos Magos, a vinganza encarnada en Maijlin, a sinxeleza intelixente do bárbaro Logan e o egoísmo baleiro do cabaleiro Jezal dan Luthar, mentres os Homes do Norte cantan cancións dos seus heroes ao redor de fogueiras e os morenos gurkos do sur estrañan estender a fe do seu deus por todo o Círculo do Mundo.

 

Alejandro Carneiro

Posted on 21 Abril, 2020, in A biblioteca recomenda. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: